Ardora Boreal
Non somos donos da nuite.
Houbo un tempo en que sí.
Cando esa separación horaria, por mor do reloxo e a necesidade de contalo, estruturalo e compralo, fixo do tempo unha mercadoría; ata hai bancos de tempo.
Pero houbo unha vida na que nuite e dia misturábanse, xa que a "marcha" e os corpos novos, aguantaban con todo por pura supervivencia. Teño chegado á casa á hora da misa... da primeira misa da mañán e, xusto cando saía do coche, miña nai aparecía e eu facia que entraba no coche... para ir a misa.
Aínda hai traballos e oficios que hai que perpetuar de nuite.
A pesca, as fábricas e hospitais que non paran... e os tratores de Santa Comba que traballan de nuite na época estival xa que de dia é insoportable.
Separamos definitivamente a nuite do día co despertador... que nos desperta para vivir o día. Pero de nuite hai muita, muita vida; vida que nos perdemos por vivir o sono nouturno. Pero...
Hai alguén que non dorme, nin de día nin de nuite... de feito a milagre visual de Nodar acontece cando todos durmimos. Esto acontece mentras durmimos.
Chámase Aurora e de apelido, Boreal.
É tan rara por estes lares que "cazala" é toda unha experiencia, eu diría, espiritual.A beleza en estado puro, sen artificios... a nosa nuite tal cal é, ca sua negrura,ca sua pasión co seu ir e vir.
Penso, que estimula a Antonio, que se lle pasa polos miolos para afrontar cada sustrato do seu traballo, do seu devir como fotógrafo e sempre chego á mesma conclusión... VITALIDADE... Nodar é un "Gran Reserva" que nos tiñe de púrpura a retina e quedas con ganas de máis... e máis haberá nos ceos desta nosa Costa Atlántica.
Podía entrar a valorar por que se crean estes fenómenos, pero para elo está a Cencia; as artes, pola súa banda, abondan e conservan o misterio... simplemente o revelan para que frutifique a beleza do Ser Natural.
Na mitoloxía clásica Aurora era a deusa romana da Alba e Bóreas era o deus grego do frío vento do Norte; Borealis significa norte.
O Planeta sempre nos compensa. Hai unha Ardora no mar e outra no ceo, pero ámbalas duas precisan da nouturnidade para ser visitadas pola nosa retina.
Comenza na escuridade e morre na escuridade. Pouco a pouco,mentras os barquiños pescadores trafegan, como vagalumes aproados nas vísperas da alba, Aurora Purpúrea asoma no ceo para deixarnos estupefactos, abraiados ca sinxeleleza do seu manto, da sua atmósfera aviñada que tingue dende Fisterra ata os confins do máis alá.
É a pura expresión do irreductible e efímero. É a pura expresión da nosa pequenez... nós apenas acadamos a durmir mentras as maravillas se fan lus. O pobo, centinela, durme cas luces encendidas polos seus medos, mísera imitación do diurno que se presenta diante de Aurora ca sua sublime ridiculez. Progreso chámanlle.
Eu quero o Regreso. O regreso á nuite estrelada.
Antonio fai visible aquelo que non vemos,a cúpula celestial xirando sen repetirse,camiñando cara outras estacións que nos esperan... se chegamos. Fai visible o dormitar do Dragón fisterrán que se extende ata a Punta de Caldebarcos onde asoma o Pedregal... mentras tanto hai un "correveidile" de xentiña mareeira,que calamar si, que sardiña tamén, son espectadores da nosa tristura,porque esto acontece MENTRAS TODAS DURMIMOS ARROUPADOS POR ESTE MANTO QUE NOS ARROLA.
ARDORA PURPÚREA... AURORA BOREAL... NON TE DEITES.
- Nando Lestón, Artista, pintor e escultor que vive en Carnota.
A VIÑETA DE NANDO LESTÓN
NOVAS RELACIONADAS
- Tinglado, o novo punto de encontro cultural en Carnota
- Taller Mar (Movimento Artístico Rural)
- “Cando ti non estás”, a colección de estampas de Caldebarcos que expón Nando Lestón
MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC
- A Boca
- Xa nos vai tocando.
- Garamendi.
- Mi querida Babel
- Un novo Deus... Abalado sexa
- Madrí, rotonda de Hespaña.
- No país dos cegos o torto é o rei
- Letras
- SALVE CARNOTA.
- Entre ideoloxías anda a probe vida
- Ser pintor na Costa-Verdescente da Morte.
- Turismo global. Unha pandemia máis.
- Orxías culinarias.
- ASPAFIN, a Asociación de Pacientes do Finisterrae.
- La grande belleza... y la grande torpeza.
- Limpade... limpade vós.
- Pos-reflexión.
- Matermateria
- Nodar-radón.