3ª Autonómica: O Coristanco alcanza ao Ameixenda prevendo unha fermosa loita polo ascendo directo
Celebrou o Cerqueda o título da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira sen necesidadede xogar. Con 3 xornadas para o remate, o cadro de Emilio Uzal completaron a xesta e mesmo eran recibidos polo alcalde, deixando varias longas noites de troula que remataba cun partido malo o domingo, caendo en Muxía.
En todo caso, parece impresionante a campaña do Cerqueda, cuns números fantásticos, e 20 minutos en 29 partidos. Só cómpre felicitar ao cadro campión.
Loita polo ascendo directo
Foi a derrota do Ameixenda ante o Corcubión do sábado a que deparou o título para os malpicáns, e que complica o ascenso directo aos ceenses. 10 puntos de vantaxe tiña o Ameixenda na xornada 24, e onte o Coristanco o cazaba na 2ª praza. Quedan tres partidos por diante, e na penúltima xornada un Coristanco-Ameixenda con moito en xogo. Por agora ten o Ameixenda o golaverage individual a favor, logo dos tres partidos xogados entre ambos o Ameixenda, tras unha vitoria por 3-1 na casa, un empate na Rocheira, e o 1-2 da 3ª volta, polo que o empate, sempre que non fallen a vindeira semana (o Coristanco en Cerqueda e o Ameixenda ante o Muxía) lle valería ao Ameixenda.
E loita pola Promoción
Mentres, segue a pelexa pola Promoción moi viva. Coa vitoria, o Corcubión, métese de novo na 6ª praza, roubándolla ao Nantón, que tivo o partido ante o Coristanco na man pero o deixou escapar e acabou goleado. Muxía, que apriveutaba a resaca do líder, e Lira, que descansaba, teñen un partido menos polo que parten como favoritos para cubrir 2 desas 3 prazas en xogo.
Corcubión - Ameixenda (5-3)
- CORCUBIÓN: Sito, Trillo, Balucho, Jesús, Marcos, Toja, Alan, Gabi, Lema, Lourido e Horka. Tamén xogaron: Beto e Javi Floreal.
- AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jorge, Samuel, Álex, Jesús, Purty, Antón (Bichiño, min.46), Momaño, Mario, Andrés e Demetrio (Borja, min.77).
- Goles: 1-0, min.20: Lourido; 2-0, min.30: Lema; 3-0, min.33: Lourido; 4-0, min.40: Gabi; 4-1, min.42: Álex; 4-2, min.53: Mario; 4-3, min.65: Momaño; 5-3, min.95: Toja.
Derbi tremendamente estrano o vivido no Cubaleiro. Non aparecía na primeira metade o equipo ceense e o Corcubión se colocaba cun claro 4-0. Pero antes do descanso Álex recurtaba e o Ameixenda, que necesitaba a vitoria para seguir ocupando o posto de ascendo directo, igual que o Corcubión coa Promoción. E creu na remontada o equipo de Pato. O ex corcubionés Mario marcaba á saída da segunda, e Momaño metía un 4-3 con aínda 25 minutos por diante. E tiveron varias para empatar o Ameixenda, nos pés do propio Mario e mesmo cun tiro ao longueiro de Samuel. Pero foi Toja, xa no desconto, o que sentenciaba o choque, deixando 3 punos vitais para o Corcubión que se volve meter na Promoción.
Laxe - Castrelo (2-0)
- LAXE: Jacobo, Aarón, Djamel, Suárez, Jacinto; Santi (Bras, min.46), Borja; Adrián, Elías; Dani Pose e Arguelles (Lolo, min.80).
- CASTRELO: Caamaño, Raúl, Quintáns (Pichón), Marcos, Víctor (Elvis), Stiven, Luís, Félix, Roi, Lucho (Carreira) e Suso (Rafa).
- Goles: 1-1, min.11: Djamel aproveita un rexeite dun defesa a un turo de Santi; 2-0, min.55: Dani Pose.
Non fui un partido moi bonito por ningún dos dous bandos, pero si que estivo equlibrado. Os dous equipos que non se xogan nada nestre treito final e o afrontan con dificultades ademais, e con poucos efectivos.
Non combinaban ben, pero había ocasións para ambos lados, sen ben o Laxe íase facendo co partido e aos 10 minutos marcaba Djamel para os locais. O Castrelo non se desanimaba e crearía un par de ocasions pero sen fortuna de cara ao gol, Stiven dúas veces só co porteiro e Roi non atinan a marcar o empate. Chegaría así o remate da primeira parte.
Na segunda parte seguía o choque ca mesma sosa dinámica, e nunha internada pola sua banda deixaría a Dani Arguelles só diante da meta do Castrelo pero o balón sae fóra. O Castrelo pouco apretaba a pesar de ter o empate moi preto, e nunha contra no treito final levada por Lolo pola banda era rematada por Dani Pose para facer o definitivo 2-0.
Con esta vitoria o Laxe queda a 2 do Castrelo, e loitarán nestas últimas xornadas por evitar a Culler de Pau do Fútbol da Costa.
Muxía - Cerqueda (3-0)
- MUXÍA: Papi, Claudio, Currás, Antonio, Martín, Julián, Conguito, Víctor Alcaina (Marco, min.75), Gerardo, Jony (Josiño, min.60) e Arxires (Gusa, min.80).
- CERQUEDA: Gesto, Pablo (Dani, min.62), Javi Pazos, Atu, Pailos, Uru, Xabi (Sergio, min.54), Juanjo (Luchi, min.58), Pedro (Bastón, min.51), Darío e Martín.
- Goles: 1-0, min.20: Arxires; 2-0, min.70: Víctor Alcaina; 3-0, min.80: Arxires.
Pouca historia do partido, moita festa po Cerqueda desde o xoves, e mesmo celebrando o título sen xogar pola derrota sabatina do Ameixenda. Ademais, Uzal quixo darlle minutos aos menos habituais, e o Muxía, que necesitaba os puntos, estivo moi centrado, con moita máis intensidade, e dominou todo o partido.
Arxires adiantaba aos 20 minutos aos muxiáns, que puideron ampliar a renda se Víctor Alcaina non falla dende os 11 metros, con boa parada de Gesto. Acabaría 1-0 a primeira metade, e na segunda non apretou demasiado o líder, ante un Muxía plagado de xuvenís e mesmo un cadete (Gusa) para conformar a convocatoria.
Coristanco - Nantón (5-1)
- CORISTANCO: Nacho (Jonny, min.60), Jose, Rubén, Sergio, Mato, Andrés (Damián, min.40) Iván, Pazos (Cristian, min.85), Ivi (Tony, min.89), Lagoa e Gonzalo (Marquiños, min.75)
- NANTÓN: Ernesto, Lareu (Eloy, min.79), Carlos (Dani Costa, min.8), Amado, Diego, Carlos Vidal (Dani B., min.80), Fabio (David, min.75), Alberto (Redondo, min.73), Luís, Martín e Iván.
- Goles: 0-1, min.5: Vidal a centro de Luís; 1-1, min.25: Lagoa aproveita un rexeite do porteiro; 2-1, min.35: Ivi dende fóra da área; 3-1, min.60: Mato; 4-1, min.63: Ivi a pase de Pazos; 5-1, min.70: Ivi de falta pola escuadra.
- Lesión: o cabanés Carlos tras un tirón muscular.
Bo partido na Rocheira con moita xente nas bancadas, e con dous equipos necesitados de vitoria. Saían os dous equipos ao ataque en busca da victoria e tivo o Coristanco as primeiras dúas ocasions nas botas de Gonzalo pero a primeira por una gran parada de Ernresto e a segunda polo poste non entrarían. Pronto se adiantaba o Nantón, pero o gol enchufaba ao Coristanco aínda máis, e antes do descanso xa dera a volta ao marcador cos goles de Lagoa e Ivi, e unha volea de Lagoa que a piques estivo de significar o terceiro pero o balón petou na madeira.
Na segunda metade, puido o Nantón facer a igualada pero Luis erraba un penalti cometido sobre el mesmo, aos 5 minutos, era a xogada clave do partido. Seguía o partido e chegou outra das xogadas clave, o porteiro local Nacho lesiónase e é Lagoa quen se ten que poñer debaixo dos paus, e xusto na seguinte xogada tras un saque de esquina marcaría Mato o 3-0 ao tocar un balon tras tiro de Jonny nun rexeite.
Tivo o Nantón o partido pero deixouno escapar e de contado sentenciaría o equipo de Da Silva, quedando empatado na segunda praza co Ameixenda e con tres partidos e unha finalísima por diante.
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.32: O Cerqueda certifica un histórico ascenso.
- X.31: O Ameixenda non desaproveita o descanso do Coristanco.
- X.30: Dúas pelexas abertas.
- X.29: O Cerqueda dá o salto e deixa dúas loitas abertas.
- X.28: O Coristanco pelexará o ascenso co Ameixenda.
- X.27: O Cerqueda cae tras 14 partidos e o Ameixenda recupera espazo.
- X.26: O Coristanco abre a pelexa polo ascenso directo.
- X.25: O Muxía métese, por fin, en postos de Promoción.
- X.24: 3ª Autonómica: A Mikaela e o Muxía case poden co Cerqueda mentres o Ameixenda adica a vitoria a Manolín.
- X.23: Vía libre para Cerqueda e Ameixenda.
- X.22: 8ª vitoria do Cerqueda e paso atrás do Muxía.
- X.21: O Cerqueda vai sen freos.
- X.20: O Cerqueda pega de novo.
- X.19: O Ameixenda recupera o bastón de mando.
- X.18: O Cerqueda toma o relevo do Ameixena.
- X.17: A 3ª Autonomica comeza o ano con moitos goles e goleadas.
- X.16: O Ameixenda pecha un gran ano baixando unha marcha.
- x.15: O Corcubión freou ao Ameixenda.
- X.14: O Ameixenda non ten parada.
- X.13: Todos xogan.
- X.12: 5 equipos á caza do Ameixenda.
- X.11: O Cerqueda amosa crecendeciais ante o Ameixenda.
- X.10: O Ameixenda non sabe perder e o Castrelo xa sabe gañar.
- X.9: O Ameixenda pecha imbatido unha apretada primeira volta nunha atípica xornada de goleadas.
- X.8: O Ameixenda escapa.
- X.7: O Ameixenda tamén gaña sufrindo.
- X.6: O Ameixenda aproveita o descanso do Lira e xa se pon de líder.
- X.5: O Lira non cede e tira de fortuna.
- X.4: O Lira ponse ao mando.
- X.3: Igualdade e moita tensión.
- X.2: O Lira ponse ao mando.
- X.1: A 3ª Rexional das 4 voltas xa está en marcha.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: Con pouco en xogo.
- Preferente: O XSC métese en líos.
- Copa da Costa: Os equipos da Preferente non teñen a Copa gañada.
- Resultados e análise dunha xornada de títulos, descensos e moita emoción no Fútbol da Costa.
Primeiros títulos colleitados
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- Unha viaxe polos 50 anos do Fútbol da Costa.
- Está enfermo o Fútbol da Costa?.
- O Conchido acollerá unha nova edición da Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
- César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría.
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).