Xoves. 25.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Cerqueda dá o salto e deixa dúas loitas abertas

3ª Autonómica: O Cerqueda dá o salto e deixa dúas loitas abertas
UD Cerqueda tras vencer ao Ameixenda A Clínica Fisioterapia Xunqueira de Cee patrocina a 3ª. Coñécenos en Facebook

Paso adiante do Cerqueda cara o título e o ascenso. Vencía, con algo de sorte esta vez, en Cee ao segundo clasificado. Un Ameixenda que queda, tras esta 29ª xornada (das 36) da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, moi tocado, e terá que pelexar pola segunda praza de ascenso directo, que parecía asegurada hai un mes, co Coristanco. E ollo con este Coristanco, que vén mangado, e só está un punto por debaixo.

Por detrás, a loita pola Promoción tamén está fermosa. Muxía, Lira, Corcubión e Nantón, nun pano de só 3 puntos, pelexarán por 3 prazas de Promoción. Un quedará fóra.


Ameixenda - Cerqueda (0-4)

  • AMEIXENDA: Óscar, Jorge, Samuel, Mateo, David, Javichu, Álex, Momaño (Antón, min.70), Cristian, Andrés e Demetrio.
  • CERQUEDA: Ángel, Javi Pazos, Dani, Atu, Sergio, Alberto Verdes, Jhonny (Pailos, min.20), Luchi (Uru, min.65), Darío, Jacobo (Juanjo, min.50) e Martín (Gesto, min.82).
  • Goles: 0-1, min.15: Atu aproveita unha xogada a balón parado que a defensa non despexa; 0-2, min.47: Atu volve aproveitar unha xogada a balón parado que a defensa non despexa; 0-3, min.55: Darío de penalti sobre Martín; 0-4, min.90: Juanjo dende fóra da área.
  • Expulsións: os ceenses David (min.60) e Álex (min.68).
Cerqueda e Ameixenda sobre o San Paio de Refoxoso-Foto-UD

Partido no cumio entre un Ameixenda que leva só unha vitoria nos últimos 5 partidos e un Cerqueda que segue impresionante. Pero tivo máis sorte do que sinala o marcador o cadro cerquedán e no seu peor partido acabou gañando por goleada. Protestou, e moito, o cadro ceense, a actuación arbitral que considera clave para o devir do partido.

O Ameixenda dominou o partido nuns 45 minutos iniciais moi bos. Xa no primeiro minuto chegaba unha ocasión clara dos locais, pero o punta ceense tropezaba. Na primeira falta a favor do Cerqueda, saca ben Alberto e tras unha mala saída do porteiro local Atu marca a portería baleira. Un Cerqueda gris esperou atras as embestidas dos locais, queda mandaron 3 balóns ao pau e varias veces a porta baleira fallaron. Álex e Mateo tiveron as máis claras para os ceenses pero o balón non quería entrar.

A segunda parte arrincou igual que a primeira, e no primeiro balón parado, un córner non é despexado pola defensa local e Atu volve marcar. Pediron un penalti aí os ceenses sobre Cristian, pero quedaba con 9 polas protestas e Darío e Juanjo pechaban o partido e deixan o camiño libre cara o título dos de Emilio Uzal.

Aquí vemos os goles do choque:

Ameixenda 0 - Cerqueda 4Goles : 2 Atu Garcia , Darío Iglesias Márquez e Juanjo Couto

Posted by Unión Deportiva Cerqueda on Domingo, 29 de Marzo de 2015

Laxe - Lira (2-3)

  • LAXE: Anxo, Aarón, Bras, Suárez, Jacinto; Gora, Iván (Adrián), Santi, Borja, Sergio (Dani) e Djamel.
  • LIRA: Peipo, Santi, Pardelo, Miky, Pelos, Pata, Estrella, Fran Perico, Germán, Manu e Oli. Tamén xogaron: Cibrán e Adrián Porto.
  • Goles: 0-1, min.15: Oli; 1-1, min.43: Djamel; 1-2, min.50: Pata; 2-2, min.65: Adrián; 2-3, min.82: Manu.
  • Expulsión: o local Suárez (min.76)

Partido de ida e volta, moi igualado, no que o Lira se tivo que poñer por diante ata en 3 ocasións para levar os puntos. Abría Oli o marcador e antes antes do pitido final da primeira parte empatou o Laxe por medio de Djamel.

A segunda parte empezou co Laxe facendo un control absoluto do balón pero nun rexeite era o Lira o que se volvía a meter por diante. Empatou dee novo o cadro laxense cunha magnifica xogada pola banda de Adrián, que finaliza cun fermoso disparo dende fóra da área pola escuadra. Estaban achuchando os locais pero a expulsión, protestada polos locais, de Suárez, matounos, e o Lira fixo o terceiro a 10 para o final por medio de Manu.


Corcubión - Coristanco (1-2)

  • CORCUBIÓN: Sito, Trillo, Lema, Gabi, Javi, Germán, Mario, Gorka, Toja, Alán e Lourido. Tamén xogaron: Javi Floreal e Tito.
  • CORISTANCO: Nacho, Rubén (Andrés, min.15), (Javi, min.70), Marcos, Joni, Iván, Pazos, Mallón (Moreno, min.85), Ivi, Héctor e Gonzalo.
  • Goles: 0-1, min.10: Héctor de cabeza a un córner de Juan; 1-1. min.60: Lourido de chilena; 1-2, min.85: Juan de penalti cometido sobre Ivi.
  • Expulsión: o adestrador visitante Da Silva.

Partido de moita tensión, con moito en xogo, e dous equipos en liñas claramente distintas. O Coristanco sumando a súa 4ª vitoria seguida e con 7 partidos sen perder, e un Corcubión que perderu 5 dos últimos 6 partidos.

O Corcubión saía mandón, xogando dende atrás ante un Coristanco que esperaba atrás e buscaba as contras. Nun córner se metía por diante o equipo de Da Silva, que mantiña o prantexamento, saíndo con varias contras de Ivi e Gonzalo que metían medo cadro local.

Pero na segunda o Corcubión estirou filas e pechou no seu campo aos visitantes. Nunha internada por banda, Lourido marca un golazo de chilena de película, tanto que daba ás aos locais, que seguían empurrando. Pero o Coristanco non deixaba de sacar contras e Ivi e Gonzalo saían sempre rozando o fóra de xogo, ante as protestas dos visitantes por tanta man arriba do colexiado. Noutra internada de Ivi o porteiro faría penalti e Juan transformaría o gol da vitoria que deixa ao Coristanco con claras opcións de ascenso directo.


Castrelo - Nantón (0-1)

  • CASTRELO: Caamaño, Raúl, Berdoias, Quintáns, Marcos, Stiven, Diego, Cachi (Rafa), Roi (Lucho), Capote e Elvis (Víctor).
  • NANTÓN: Ernesto; Dani Costa, Carlos, Félix, Diego, Fariña (Eloy, min.56), Fabio (Bardanca, min76), David Lareu, Luís, Martín e Iván.
  • Gol: 0-1, min.64: Iván a pase de Luís.

Partido igualadísimo, ao que o Castrelo, que chegaba con ata 7 baixas, non era quen de combinar fronte a un Nantón buscando sempre a Luís. E converteuse nun partido de ida e volta sin posesión para ningún equipo, sendo un partido bastante malo, no que parecía que lle queimaba o balóns nos pés dos 22 xogadores.

Comenzou con ocasións para os dous equipos, con dúas claras para cada un, como as de Iván e Martín para os cabaneses ou as de Capote para os vimianceses, pero sen goles. O Nantón saía con intención de presionar pero sen demasiada intensidade.

Na segunda parte non había tantas chegadas, e ningún quería perder. Iván volvía marcar un par, Pero apareceu o de sempre, o gran Luís nunha xogada personal que pasa na area pequena para que Iván marque a porta baleira, que permitiu que o equipo visitante se pechase atrás e mantivese o resultado, que puido ter sido perfectamente un empate.


Crónicas da 3ª Autonómica

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios