Sábado. 05.10.2024
El tiempo

A porteira Bea acadou a 5ª praza coa Selección Coruñesa no Campionato Galego Cadete

A porteira Bea acadou a 5ª praza coa Selección Coruñesa no Campionato Galego Cadete
A pontecesa Bea segunda arriba pola dereita coa Sele Corunesa

A pasada fin de semana celebrouse en Carballiño o Campionato Galego Cadete de Seleccións, no que a Selección Coruñesa quedou 5ª clasificada, cun balance de dúas derrotas e unha vitoria nos tres encontros disputados. Finalmente, a pesar de que na previa había ata 8 xogadoras costeiras convocadas, a porteira pontecesá Bea, foi a única xogadora costeira que participou no campionato.

No primeiro partido as coruñesas enfrontáronse a unha boa Selección de Ourense, contra a que perderon 1-6. No segundo eran as de Pontevedra as que conseguían gañarlle á Selección Coruñesa co resultado de 2-4. E foi no último encontro, o disputado contra o combinado de Santiago, no que as coruñesas acadaron a vitoria por 4 goles a 1. 

A porteira malpicana Bea Lista, xogadora do Concello de Ponteceso FSF, xogou todo o primeiro encontro e a primeira metade do segundo, xa que repartiron os minutos entre as dúas porteiras convocadas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios