mércores. 26.03.2025
El tiempo

Bea, única xogadora costeira na Selección Coruñesa de Fútbol Sala

Bea, única xogadora costeira na Selección Coruñesa de Fútbol Sala
A porteira do Ponteceso FSF unica xogadora da Costa na Seleccion Corunesa

Finalmente, e malia que na Preselección eran 8 as xogadoras costeiras na Selección Coruñesa, só teremos unha representante. A porteira do Concello de Ponteceso Bea Lista, natural de Malpica foi convocada pola Selección Coruñesa Cadete de Fútbol Sala para disputar o vindeiro sábado 17 de maio en Carballiño o Campionato Galego de Seleccións.

Dende o Club pontecesán, directiva, corpo técnico e xogadoras queren “felicitar ás súas compañeiras, tanto ás preseleccionadas como á finalmente seleccionada, por esa convocatoria e anímanas a que sigan traballando e esforzándose para que sigan chegando recompensas así”.

Facémolo propio coas xogadoras do Fisober que non puideron ir aos adestramentos da Preselección por ter partidos cos equipos de Provincial e 2ª Estatal, se non, e como nos comenta Fran Toba, “algunha ía seguro”.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios