Luns. 07.10.2024
El tiempo

Moi bos os resultados da familia Anorthosis no Provincial de tenis de mesa

Moi bos os resultados da familia Anorthosis no Provincial de tenis de mesa
A Familia Anorthosis nos Provinciais

A canteira está asegurada nas terras de Zas. O traballo que están a facer Stevo Lema e compañía dun deporte como o tenis de mesa non ten parangón. Ducias de cativos están enganchados a este deporte, e así o comprobamos coa gran presencia soneirá nos Campionatos Provinciais de tenis de mesa en categorías base. Obtendo, ademais, bos resultados, o que dá conta que a formación é boa.

En benxamín mixto (Laura Cernadas, Anxo Souto e Tatiana Recarey), cadete masculino (Andrés Bouzas, Gabriel Bouzas e Joel Quintáns) e alevín masculino (Eduardo Cernadas e Raúl López), os costeiros obtiveron a 5ª praza.

Mentres, en Infantil masculino, Brais Blanco e Manuel Costa acadaron a 4ª praza, polo que tiveron un pequeno trofeo.

En alevín femenino mellorou a cousa, e Ana García e Marta Costa acadaron unha 2ª praza moi meritoria, só superadas polas de Dubratambre ao igual que en Noia na intercomarcal.

E en Infantil femenino, Laura e Lorena quedaron campionas provinciais.

Con esto rematan as competicións oficiais e agora quedan os torneos do circuito galego e tamén algún que outro dos clubes, como o que o Anorthosis Vimianzo organiza para o vindeiro sábado 7 de xuño en Zas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios