O Ponteceso FSF pecha a campaña e pensa na que vén
O Concello de Ponteceso FSF despediu a súa tempada cunha cea de equipo o venres 20 de Xuño, á que asistiron todos os compoñentes do equipo pontecesán.
A pesar de non ser a mellor campaña das pondalianas, o conxunto está satisfeito co traballo logrado tras o esforzo feito esta tempada, na que melloraron moito a nivel ofensivo, tendo que mellorar ainda a parcela defensiva, pero que se viu mermada polas lesións de varias das súas integrantes. Carmen, Martina e Bea estiveron varias xornadas sen poder disputar os partidos polas lesións, ainda que a lesión máis grave foi a de Alba Reyes, que pasou máis da metade da tempada sen poder xogar, tendo incluso que pasar polo quirófano debido a unha lesión no xeonllo. A estas baixas obrigadas, sumóuselle unha máis coa saída do equipo de Laura por motivos personais, deixando así máis corta a plantilla, que este ano comezou con 10 integrantes, pero que rematou a liga con 7, das cales 3 seguían tocadas.
Pensando no ano que vén
O corpo técnico xa está configurando o equipo para a vindeira tempada, a cal estará formada pola plantilla deste ano, incluídas as dúas incorporacións feitas para a copa, e que contará con un par de incorporacións para poder contar con máis fondo de banquillo e para que non lles pase o desta tempada coas posibles lesións.
Pero non só haberá incorporacións de xogadoras, senón tamén contarán con incorporacións na xunta directiva e no corpo técnico para colaborar máis e mellor neste proxecto, xa que para o ano intentarán conseguir obxectivos maiores.
Agasallos ás protagonistas
O club quixo agasallar cuns pequenos detalles ás xogadoras o día da despedida, para que cada unha delas teñan un bo recordo tanto do corpo técnico como das compañeiras e para que cheguen á pretemporada con ganas de volver xogar e motivadas para intentar facelo mellor que a tempada xa pasada.
Por último, a familia do Concello de Ponteceso FSF agradécelle a todos os colaboradores: Concello de Ponteceso, Seguros Gontad, Atmósfera Sport, Carnicería Eusebio Martínez, Bar Rosalía, Peluquería Imaxe, Restaurante A Pesqueira, Café-Bar O Cruce, Cervecería Faldra Folk, Restaurante Miramar (Corme), Transportes Cotelo, Imprenta Ponteceso, Cervecería O Pazo (Pazos), Nando Varela e Cervecería A Eira de Ponteceso; Apligasa de Cabana de Bergantiños, Mesón A Taberna de Montemaior, Kotablue de Culleredo, Nuriclima S.L. de Coirós e a todos aqueles que brindaron calquera tipo de axuda durante a tempada, pois sen todos eles este proxecto non sería posible.
Crónicas da temporada no Fútbol Sala Feminino costeiro
- O Fisober B despediu o curso cunha semifinal e o Vila de Cee o fará cunha churrascada.
- O filial do Fisober, a pesar das baixas, pelexará pola final da Copa Provincial en Narón.
- Crónica dunha primeira gran tempada do FSF Vila de Cee.
- O Fisober B, único equipo costeiro nas semis da Copa Provincial.
- O Ganados Maroño tomouse a revancha co Baíñas na Copa-Maratón de Cee.
- Os 3 equipos costeiros deixan para a volta o pase ás semis da Copa Provincial.
- A porteira Bea acadou a 5ª praza coa Selección Coruñesa no Campionato Galego Cadete.
- O Fisober despediu a campaña cunha doce vitoria na casa.
- Doble derbi para pechar unha tranquila Liga Provincial para Vila de Cee, Ponteceso FSF e Fisober B.
- 8 xogadoras da Costa para a Selección Coruñesa de Fútbol Sala.
- O Ponteceso FSF afrontará con vantaxe o gran derbi ante o Vila de Cee.
- Último estirón para os equipos femininos de fútbol sala.
- Liga FS Cee: O Quintaplast campión da 2ª mentres a 1ª espera polo gran derbi vimiancés.
- Só o filial do Fisober suma nunha fin de semana de foto.
- O Fisober é profeta na Rioxa.
- O Vila de Cee protagoniza as boas novas do fútbol sala feminino.
- O Fisober non puido con invito Bilbo.
- O Ponteceso FSF caíu ante o Grupo Work no único choque da fin de semana.
- Xornada sen derrotas para o fútbol sala feminino costeiro.
- O Fisober xa superou os puntos da temporada pasada.
- O Vila de Cee demostra o seu potencial ante o filial do Fisober.
- Xornada falta para o fútbol sala feminino costeiro.
- O Fisober estrea segunda volta e páxina web.
- O Villa de Cee tamén supera ao Ponteceso FSF.
- O Villa de Cee alcanza xa ao Fisober B.
- E Murphi segue xogando contra o Fisober.
- De charla e torneo coas xogadoras do Ponteceso FSF.
- Os Penélopes fanse co Maratón Solidario 3×3 da Cherinkas.
- E Murphi segue xogando contra o Fisober.
- O filial do Fisober esperta e vence na ponte.
- O Villa de Cee FSF acostúmase a gañar.
- O Villa de Cee xa sabe o que e gañar.
- O Ponteceso FSF leva o derbi por goleada.
- O Fisober estreou o Pavillón de Dumbría con vitoria.
- O Concello de Ponteceso FSF quedou cun sabor agridoce.
- Semana feliz para a familia Fisober.
- O primeiro derbi oficial entre Fisober B e Vila de Cee queda en Vimianzo.
- Dúas derrotas e unha vitoria foi o balance da xornada no fútbol sala feminino.
- O Ponteceso FSF arrinca a campaña líder.
- O Fisober arrinca solventando a súa conta pendente: gañar na casa.
- O Ponteceso FSF arrinca un novo curso tras unha durísima pretemporada.
- O Fisober xa quece motores ca Copa Xunta e os amigables do filial.
- O Villa de Cee Novo equipo de futbol sala Feminino.
- As infantís do Ponteceso FSF pechan un ano completo.
- O Ponteceso FSF pecha un ano moi Íntegro.
Fonte
- Crónica enviada pola familia do Ponteceso FSF.
- Redacción de QPC ([email protected]).