Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Os 3 equipos costeiros deixan para a volta o pase ás semis da Copa Provincial

Os 3 equipos costeiros deixan para a volta o pase ás semis da Copa Provincial
Partido da Copa do Fisober

Os equipos de categoría Provincial ddo fútbol sala feminino da Costa xa están de novo en competición. A Copa Provincial está en marcha. A pasada fin de semana arrincaban os Cuartos, co choque entre o FSF Vila de Cee e A Fervenza, rematando cun 2-1 para as ceenses que deixan a porta aberta ás semifinais.

Este sábado tocáballe o turno a pontecesás e vimiancesas. As de Barca arrincaron contra un oso duro, o Work, e o partido rematou en taboas. Ademais, o Fisober B vencía por axustado 3-2 ao 5Coruña, polo que os choques de volta serán decisivos.

As ceenses aproveitaron a fin de semana de descanso para xogar un partido amistoso contra un combinado de Dumbría.

Copa Provincial

Xogadoras do Fisober B
  • Resultado:: FISOBER “B” F.S.F. – BEART 5 CORUÑA (3-2).
  • FISOBER B: Paula, Patri, Ana, Paula Fandiño e Laura; tamén xogaron: Tamara, Inés, Andrea e Noelia.
  • Goles: O descanso o resultado era de 0-0. Na segunda metade : 1-0 Patri, 2-0 Patri, 3-0 Inés, 3-1 Sofía, 3-2 Ana.

Partido de ida dos cuartos de final de Copa Provincial disputado o sábado en Vimianzo. As locais viñan de eliminar A Baña na rolda previa. Foi un partido moi disputado típico de Copa e que deixa a eliminatoria moi aberta de cara a volta na Coruña onde se espera un partido igual de emocionante , vibrante e igualado que se decidirá por pequenos detalles .

De saída as locais decidiron ter o dominio do balón e as visitantes moi ben colocadas en media pista decidiron esperar para roubar e saír en perigosas contras. Con ese guión disputouse a primeira metade na que non se viron demasiadas ocasións.

Ó inicio da segunda metade todo cambiou, xa que un lanzamento de falta de Patri colouse entre a barreira para facer o un a cero e abrir o marcador. E pouco despois unha moi boa combinación local fixo que de novo Patri rematara para facer o dous a cero. Eran os mellores minutos das locais e a trece para o fin Inés remata a pracer unha gran xogada das da Costa para o tres a cero.
O adestrador visitante decidiu parar o partido cun tempo morto para frear a sangría e foi man de santo, o partido trocou de fisionomía e de lado. Xa que case de seguido Sofía , a xogadora natural da Mariña Lucense, facía o tres a un. Agora eran os mellores minutos visitantes, as coruñesas deron un paso adiante e provocaron un partido moito máis aberto e con ocasións en ambos lados. E de novo foron as visitantes as que marcaron co tres a dous por medio de Ana a seis para o fin poñendo a eliminatoria aínda máis apretada.
Nos últimos minutos Inés tivo a mellor ocasión local pero enviou o pau.

En definitiva queda todo aberto para a volta na Coruña. Unha vez finalizado o partido xogadoras de ambos equipos desprazáronse A Coruña para disfrutar o ascenso do Depor.

Copa Provincial, ida dos Cuartos

Ponteceso FSF na Copa Provincial
  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Grupo Work FSF (2-2).
  • A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Carla, Carmen e Sandra – tamén xogaron –Cintia, Noa e Ana.
  • Goles: 0-1, min.26: Sandra; 1-1, min.33: Cintia; 2-1, min.34: Cintia; 2-2, min.36: Ainhoa.

Volvían á competición os dous equipos despois dun mes de descanso en competición oficial tras o remate da Liga. No equipo pontecesán, que pasou a temporada mermado polas baixas, debutaban as dúas novas fichaxes para esta Copa, Cintia (ex Suevos Amarelle B) e Noa (ex xogadora do Manuerva Suevos, que nestes momentos non xogaba).

Comezou o partido cos dous equipos esperando a ver que facía o outro, sen moita presión e xogando o balón con tranquilidade. Pero ós poucos minutos subiu a presión o Ponteceso, complicándolle a saída de balón ó Grupo Work e acercándose á portería contraria. Comezaban tamén a ter a posesión do balón as pontecesanas, o que xerou varias ocasións de perigo, tendo dúas claras Sandra e Martina, pero ambos tiros os manda a porteira visitante a córner. Vendo o bo traballo que estaba facendo o equipo pondaliano, comezaron a presionar arriba as herculinas, para que ás locais non lles fose tan fácil chegar á portería defendida por Cristina. As oportunidades máis claras das coruñesas viñeron de contra tras dous roubos de balóns no seu campo, pero ambos tiros os despexou a córner Salomé. Os últimos cinco minutos da primeira metade foron un tira e afloxa dos dous equipos, chegando rápidamente á portería rival e con varios tiros que mandaron fóra as visitantes e outros que lle ataxou ben a meta coruñesa ás pontecesanas. Chegábase ó descanso co 0 a 0 inicial.

A segunda metade comezou con intensidade por parte do equipo dirixido por Suso Carreira que, tras unha xogada combinativa, se adiantaba no marcador no primeiro minuto cun tiro de Sandra dende o borde da área. Non contaba o Ponteceso con ese rápido tanto, pero ó contrario de virse abaixo, contestaron as xogadoras de Barca e Curro presionando arriba e, tras un roubo no seu campo e unha boa xogada de Cintia, Noa mandaba o balón por riba do largueiro, avisando ás coruñesas de que non baixaban os brazos. A presión e a rapidez no xogo do Ponteceso, especialmente de Cintia, provocaba que as coruñesas fixeran varias faltas no seu campo e, nunha desas faltas, era a propia Cintia a que, cun tiro desde casi o medio do campo e que desvía lixeiramente cara a portería Carmen, poñía outra vez en táboas o luminoso, anotando o empate a 1.

Non pasaba nin un minuto cando despois dunha xogada individual de Cintia, a porteira visitante rechaza un tiro de Carmen e Cintia era a que lle daba a volta ó marcador cun remate dende o primeiro pao. Tras este segundo gol, volveron subir a presión as coruñesas, conseguindo que nun saque de balón das pontecesanas e tras un malentendido entra Sandra e Ana, Ainhoa quedara sola e facía o segundo gol das visitantes batindo a Salomé no man a man. Co empate outra vez no marcador, o Grupo Work volviu baixar a presión, esperando atrás a ver o que facían as pondalianas, o que fixo que estas volverán a xerar ocasións de gol. No minuto 44, Cintia tiña unha oportunidade de volver adiantarse no marcador cun tiro de falta, pero mándao a gardameta visitante a córner. Nos últimos cinco minutos do encontro e co cansancio xa visible en ambos conxuntos, non houbo ocasións claras para poder acadar a vitoria por parte de ningún equipo.

Remataba así a ida dos Cuartos de Final da Copa Provincial tras un bo partido co empate a 2, tendo que esperar ó partido de volta para saber cal será o equipo que pase ás semifinais, encontro que se disputará o vindeiro sábado 7 de Xuño ás 18:00 no Pavillón Municipal Sagrada Familia da Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios