Preferente: Pleno para respirar


Facía tempo que non celebramos unha xornada na Preferente - Senra Sport con doble vitoria. E chegou nunha xornada soleada que deixa aos equipos costeiro ben situados. O Dumbría, o mellor equipo do último mes con 4 vitorais e un empate nos últimos 5 partidos, está xa na 7ª praza. Máis importante se cabe foi a vitoria do XSC en Mugardos, no campo do 3ª clasificado, e nun momento fundamental, rectificando unha xeira de 5 partidos sen gañar. Tres puntos que deixan aos de Coméndez na 14ª praza, con 4 puntos sobre a primeira praza do posible arrastre, polo que aínda non pode descansar cando aínda faltan 6 xornadas para o remate.
Gal. Mugardos - Xallas StComba (0-2)
- XSC: Vicente, Cristian, Alberto, Aarón, Choco, Jota, Rubén Forján, Jesús, Kevin, Doro e Vía Rápida.
- Goles: 0-1, min.60: Rubén Forján; 0-2, min.84: Vía Rápida de penalti cometido sobre Rubén Forján.
- Expulsión: o míster Coméndez.
- Lesión: Doro saíu cunha escordadura de nocello.

Era un partido moi importante para os xalleiros que chegaban a Mugardos, o campo do 3º clasificado, coa fe de traer algo positivo. Cambiou Coméndez un pouco a maneira de xogar, deixando a iniciativa ó rival e saíndo con velocidade, e desta forma crearon un par de ocasións claras na primeira parte e ata un gol anulado a Kevin por un moi discutido fóra de xogo.
Na segunda parte continuou o mesmo guión pero arrincaba cunha boa ocasión, a única dos locais, tras un pase horizontal de Jesús no que Alex Díaz entretense e dá tempo de chegar a Rubio para evitar que tirase. E de contado, chegaba o primeiro xalleiro gol chega nun balón ás costas que Rubén Forján gaña a posición e bate por baixo a Marcos. O segundo un claro penalti que cometen sobre Rubén que transforma Alberto Vía, dando 3 puntazos que permiten respirar aos xalleiros, que só teñen que lamentar a baixa de Doro, que non está tendo este o seu ano cas lesións.
Dumbría - Dubra (2-1)

- DUMBRÍA: Iván, Tantán, Brian, Aarón, Pablo Conde (David Carreira, min.63), Iago, Rivi, Darío, Adrián Nieto (Adrián Alcaina, min.64), Jesús (Diego Cespón, min.46) e Javi (Jose, min.80).
- Goles: 0-1, min.47. Samuel remata no segundo pao un balon botado desde a esquerda por Ferreiro; 1-1, min.55: Iago de cabeza nun córner botado por Diego Cespón; 2-1, min.70: Golazo de Diego Cespón desde fóra da área nun potente disparo pola escuadra.
Bo partido do cadro dumbriés que certifica o seu gran momento de forma sumando a súa 4ª vitoria consecutiva. Pero tivo que traballar arreo o cadro de Canosa para levar a vitoria, pois o equipo visitante, que chegaba en plena pelexa pola promoción, comezou apretando. De feito, Iván paroulle un penalti a David aos 20 minutos e pese a adiantarse o Dubra no comezo da segunda conseguiu o equipo local darlle a volta ao partido a base de moito traballo, e con dous goles, un de Iago e outro, un golazo de Diego Cespón.
Sufríu lixeiramente nos últimos compases o cadro dumbriés pois o Dubra apretou e tivo 2 para o empate, pero souberon aguantar para ascender á 7ª praza.

Crónicas de Preferente – Senra Sport
- X.31: Dúas liñas radicalmente distintas que deixan ao XSC en problemas.
- X.30: 4 puntos contra os colistas.
- X.29: O XSC non se pode despistar.
- X.28: Haberá que ollar o retrovisor?.
- X.27: Preferente: A irregularidade pasa factura.
- X.26: Por fin unha doble alegría.
- X.25: Novo cambio de papeis.
- X.24: Xornada de malas saídas.
- X.23: Doble inxusta derrota pola mínima.
- X.22: Novo intercambio de posicións.
- X.21: Da man vendo como escapa a zona alta.
- X.20: Metidos nun pano.
- X.19: O reforzado XSC pasa a un novo Dumbría.
- X.18: O 2015 comeza na Preferente.
- X.17: A mocidade toma o relevo de cara a 2015.
- X.16: Cambio de marcha.
- X.15: O XSC caza ao Dumbría.
- X.14: O XSC saca petróleo do Conco.
- X.13: O Dumbría métese definitivamente na loita polo ascenso.
- X.12: O Dumbría pega un salto.
- X.11: Doble premio cun importante debut.
- X.10: O XSC achégase ao Dumbría.
- X.9: Sen fortuna.
- X.8: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- X.7: Dous empates con sabores distintos.
- X.6: Para esquecer.
- X.5: Sumando.
- X.4: Punto a punto con boas sensacións.
- X.3: Collendo posicións.
- X.2: Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente.
- X.1: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
Crónicas da semana
Primeiros títulos colleitados
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).