Xa temos cadro da #CopadaCosta Xuvenil 2015

Esta noite de martes 31 de marzo, tiña lugar en Baio unha reunión con presenza de 9 clubs, na que se decidiu o sorteo da Copa da Costa Xuvenil 2015, que coma sempre, tendes sempre actualizada en www.copadacosta.com. Xa temos listos os Oitavos, que comezarán este mesmo sábado de Semana Santa.

Ademais, por decisión maioritaria dos clubs presentes no sorteo, e trala proposta dos Miúos, o sorteo inclúe 8 cabezas de serie, os 6 participantes na Liguilla Previa á Fase de Ascenso (Dumbría, Os Miúdos, Cabana, Camariñas, XSC e Porteño) emais os dous primeiros da Liguilla Copeira (Esteirana e Fisterra). Como contraprestación, o choque dos Oitavos (a un só partido) xógase no campo do que non é cabeza de serie.

Xa vedes os choques, con fermosos enfrontamentos, que nos levarán ata unha finalísima a partido único o 9 de maio.

Última xornada da Liguilla

Así e todo, aínda queda, para este xoves 2 de abril, a última xornada da Liguilla copeira. Ten poucas cousas en xogo, pois só Zas e Malpica se xogan un posto no cadro, esperando enfrontarse no choque de Oitavos ao Camariñas.

O Zas, cun punto máis que o Malpica, recibe ao Corme, e ten que gañar ou empatar e esperar que non o faga o Malpica en Ponteceso.

Crónicas dos Xuvenís

2ª Fase: 1ª Fase:

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).