Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Dumbría e Os Miúdos pegan o estirón

Xuvenís: Dumbría e Os Miúdos pegan o estirón
Os Miudos-XSC-Foto-Begona

Sorprendeu o equipo dos Miúdos ca súa rotunda vitoria ante o XSC, un dos favoritos para meterse na Fase de Ascenso á Liga Galega. O cadro muradán queda colíder, cun Muxía que sgeue intratable. Ademais, Camariñas e Cabana protagonizaron outro choque alto de revolucións, que se saldou cun empate que deixa aos dous con opcións.

Na Liguilla copeira, da que lembremos se meterán 10 de 13 nos Oitavos da Copa, son 3 os equipos que suman 6 puntos, a Esteirana, que vencía con solvencia ao Castriz; o Coristanco, que superaba ao Zas con apuros; e o Malpica, o pechacancelas da primeira fase que está sorprendendo a todos nesta segunda fase.

banner-maisdeporte-2015 cee

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 2

Os Miudos - Xallas StComba (3-0)

Os Miúdos e XSC saúdanse no Eleuterio Balayo - Foto-Begoña
  • OS MIÚDOS: Xandre, Samuel, Eloy, Juanche, Lice, Airán, Tajes, Miguel, Martínez, Hugo, Saúl. Tamén: Ángel, Jorge Beiro, Yerai e Piki
  • XSC: Coke, Pérez (Carlos, min.70), Parri (Dani, min.53), Xoel, Rubén, Fabián, Landeira, Adrián, Barbeira (Oreiro, min.74), Santi Díaz e Isma (Chiki, min.53).
  • Goles: 1-0, min.5: Saúl moi pícaro tras un pase de Martínez; 2-0, min.55: Eloy; 3-0, min.65: Miguel.

Está metido este equipo muradán na Liguilla, van por todas e ademais saen as cousas ben. Moita intensidade dos de Mané Senande que superaron en todo momento aos de Rubén Forján, contando ademais cunha numerosa afección que apoiou, e de que xeito, aos seus.

Primeiro cuarto de hora combinou ben o cadro xalleiro, pero pouco a pouco, a base de intensidade, o cadro local foi impoñendo o seu ritmo, colgando moitos balóns. Xa adiantara o rápido Saúl aos seus nunha xogada de picardía coa axuda de Martínez. Por atrás, os altísimos centrais Samuel e Eloy dominaba todo balón aéreo. Puido ampliar a renda o cadro local pero o marcador non se movería ata o descanso.

Seguía o XSC sen adaptarse ás pequenas dimensións do Eleuterio Balayo e non podía facer o seu fútbol. Saían de novo enchufados os locais e pronto Eloy ampliaba a renda tras un córner. Non baixaron a garda os locais e marcaron o terceiro.

Aí cambiou a forma de xogar o cadro bicolor, cun dos centrais que pasou á punta de ataque ao Alexanco (xa non lembrarán os novos xogadores costeiros a aquel mítico xogador do Barcelona) buscando a heroica con balóns áereos. Chegaron varias ocasións pero non era o día dos xalleiros, e o meta Ángel, que xa estaba no campo, fixo dúas boas intervencións para evitar o gol da honra dos visitantes.

Os Miudos-XSC-Foto-Begona

Camariñas - Cabana (2-2)

  • CAMARIÑAS: Jose Luís, Juan, Pose, Miguel, Sergi (Álvaro, min.5) (Pifo, min.60), Facundo (Chuki, min.75), Adrián, David, Chicote (Felipe, min.70), Javi e Dani (Espi, min.45).
  • CABANA: Vázquez, David Varela, Ferreiro, Aurelio, Kevin (Cristian), Mateo (David Muíño), Álex, Laik, Redondo (Javi), Reigía e Pablo (Martín).
  • Goles: 1-0, min.15: Javi de falta; 1-1, min.30: Pablo nunha boa xogada combinativa; 2-1, min.46: Espi; 2-2, min.76: Laik cun golazo.
  • Lesión: o camariñán Sergi quen, á espera dos resultados, estará alomenos un mes fóra dos terreos de xogo.
  • Expulsión: o camariñan Felipe por revolverse tras un par de entradas.

Partidazo no Hermanas Patiño entre dous equipazos que están deixando grandes tardes de auténtico fútbol da Costa. Á veces non son os partidos máis vistosos en canto a combinacións, pero en canto a intensidade e emoción. O Camariñas chegaba algo tocado e o Cabana viña coa intención de vengar as últimas vitorias dos azuis.

O choque comezaba co gol de falta de Javi, quen se non. Pero o Cabana, moi forte (ás veces demasiado duro segundo o rival, por exemplo cunha entrada que supuxo a lesión de Sergi aos 5 minutos) rapidamente colleu o mando, empatou pronto e tivo a favor un penalti que parou José Luís.

Comezaba a segunda de novo co gol local, desta volta por medio dun Espi ao que a febre non lle impediu saltar ao terreo de xogo. Volvía ter que estirar liñas o Cabana que no último cuarto de hora conseguía o empate por medio dun golazo de Laik. Quedaba para o final a expulsión dun xogador camariñán, que se revolvía tras recibir varias entradas.


Dumbría - Porteño (6-0)

  • DUMBRÍA: Bruno, Roberto, Jose Miguel, Canario, Cabana, Lucas, Pablo, Cacha, Maikel, Juan de Dora e Marcote. Tamén xogaron: Portu, Charly, Mauro e Andrés.
  • PORTEÑO: Brais, Dani, Gonzalo (Jordi, min.75), Bruno, Aarón, José Manuel (Crisitan, min.46), Oli, Robi, Xoel, Rodry e Matías (Carlos, min.46).
  • Goles: 1-0: Marcote; 2-0: Juan de Dora; 3-0: en propia porta; 4-0: Marcote; 5-0: Andrés; 6-0: Mauro.

Partido con pouca historia, con moita diferencia entre ambos equipos no que o Dumbría foi superior. O cadro de Ordóñez intentou defender cas liñas moi xuntas, pero dous erros de marcaxe e un gol en propia permitiron que o Dumbría marchase pronto no marcador, dominando o partido de principio a fin. Os da Ponte botaron de menos as baixas de 3 habituales como son Borja, Maikel, e Anxo, que xa fai tempo vai cos grandes.


Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 2


Outes - Cee (6-2)

Asi lle quedou o dedo a Cutu do Outes
  • OUTES: Cutu (Sergio Nieto), Brión, Simón, César, Fran, Saúl, Adrián, Santi, Fabio (Veleiro), Borja e Xurxo.
  • CEE: Maikel (Túñez, min.80), Iván, Brais (Mouzo, min.46), Álex (Lagoa, min.75), Borja, Hugo, Alexis (Sergio, min.50), Chema, Ismael, Álex e Pablo (Xabier, min.70).
  • Goles: 1-0, min.5: Simón de penalti; 2-0, min.25: Santi; 2-1, min.40: Álex; 3-1, min.65: Borja; 3-2, min.81: Ismael; 4-2, min.85: Santi; 5-2, min.86: en propia; 6-2, min.89: Veleiro.
  • Lesión: o meta local Cutu cunha luxación dun dedo da man.
  • Expulsión: o ceense Borja no min.4.

Partido con alternativas que rematou cun marcador que non corresponde co visto no terreo de xogo. Os ceenses apretaron e moito, e iso que os da Serra se metían pronto por diante cun penalti que transformou Simón aos 5 minutos que ademais deixaba ao Cee con 10 para o resto do partido e o gol de Santi no ecuador.

O Cee, a pesar de estar con 10, tomou o mando e recurtaba ao fío do descanso. A segunda metade comezaba igualada, e era o equipo de Manu Roque o que pegaba de novo. Pero xusto aí lesionábase Cutu nun dedo, e aí puido cambiar o partido. Apretou máis o Cee, recurtaba cando quedaban 10 minutos, pelexando ata o final, pero cando parecía que podía chegar o empate, unha contra levada por Santi mataba o partido. Xa co tempo cumplido, e sen tensión, chegaron o 5º e o 6º.


Zas - Coristanco (1-2)

  • ZAS: Sergio, Boli, Rubén, Brais, Darío, Cristian, Manu, Adrián, Juan, Dani e Andrés. Tamén xogaron: Ternande, Álvaro e Andy
  • CORISTANCO:
  • Goles: 0-1, min.65: Gabriel; 1-1, min.70: Dani Mato de cabeza; 1-2, min.80: Gabriel.

Segue sen arrincar o Zas nesta liguilla de Copa, seguen sen atopar os de Martín as sensacións coas que acabaron a Liga, e este sábado atopáronse cun bo Coristanco. Foi un choque moi disputado con poucas oportunidades de gol que se decidíu no segundo tempo.

Sobre o minuto 20 adiantabase o Coristanco cun gol de Gabriel, pero pouco despois empataba o Zas cun gol de cabeza de Dani Mato. Pero xa na recta final, de novo Gabriel adiantaba aos de Carlos o Zurdo aproveitando un balón ás costas da defensa.

Tivo o empate o Zas, pero a 5 do final, o colexiado anulou un gol a Dani por fóra de xogo, protestado polos locais.


Castriz - Esteirana (0-5)

  • CASTRIZ: Víctor, Richard, Redondo, Cris, Álex, Luís, Balsa, Adan, Mika, Joni e Elías: Tamén xogaron: Rony, Calvo, Cambón e Javi
  • ESTEIRANA: Xaco, Tiko, Rafa, Bolo, Antonio, Adrián, Pablo (Rubén, min.70), Fabio, Jaime Manu e Brais.
  • Goles: 0-1, min.10: Pablo de falta; 0-2, min.13: Fabio; 0-3, min.40: Manu 0-4, min.60: Manu; 0-5, min.80: Brais.
  • Lesión: o xalleiro Balsa cunha posiblemente grave lesión de xeonllo.

Comezaba o partido bastante igualado pero xa se puso o partido de cara para o cadro esteirán moi pronto pois aos 10 minutos Pablo sorprendía ao meta xalleiro cun bo disparo de falta. E de seguido Fabio, logo dunha boa xogada colectiva, facía o 0-2, a pesar das protestas dos locais por un posible fóra de xogo.

Tornouse algo bronco o partido. Intentou reaccionar o Castriz pero o partido estaba costa arriba, e a Esteirana demostrou ser máis veterana, quedando xa insalvable para os xalleiros despois de que antes de finalizar a primeira metade Manu remachaba unha xogada persoal e pon o cuarto.

Pouco cambiaron as tornas na segunda parte, ca clara vitoria visitante. Ademais, o peor para os de Alberto, a lesión de xeonllo de Balsa.


Baio - Malpica (0-2)

Baio xuvenil en Malpica-Foto-Luis Porto
  • BAIO: José; Rai, (Javier Gómez, min.68), Javi, Michi, Pablo Roguez., Stefan, Fran, Jóse, Fariña, (Alfonso, min.63), Diego Rama e Rúper.
Malpica Xuvenil ante o Baio-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Steven; Arcay, Gende, Álvaro, Sebas, Adrián (Cholo, min.46), Eloy, Cristian Villar, Sergio, Xulián e Carlos (Adrián Vecino, min.80).
  • Goles: 0-1, min.62: Xulián de falta pola escuadra dende a frontal; 0-2, min.86: Eloy en volicidade tras pase de Xulián.
Capis do Baio e do Malpica xuvenil-Foto-Luis Porto

Non foi o mellor partido da temporada, con dous equipos que abusaron do balón longo e máis preocupados polas súas defensas que polos ataques. De feito, apenas houbo varias ocasións de gol. De feito, na primeira metade José e Steven non se estrearon. Comezaba a segunda metade algo máis axitada. O baiés Fran aproveitaba un pase de Fariña para superar a Steven pero non ao defensa Álvaro que salva baixo paus. De contado respondía o Malpica cunha xogada por banda esquerda entre Cholo e Gende, o centro deste, remátao a media volta Sergio, saíndo o “coiro” lambendo o poste dereito de José.

Pouco despois, co Malpica máis enriba do conxunto baiés, chegaría o primeiro gol de Xulián, de fermosa falta pola escuadra. Intentaría recuperar o mando o Baio pero non chegou a facer dano, e xa no treito final, Eloy faría a sentenza.


Muxía - Corme (5-0)

  • MUXÍA: Hugo, Jorge, Gerardo, Andrés, Diego, Tomás, Paulo, Ander, Castreje, Jose e Víctor Alcaina. Tamén xojaron: Maca, Rubén, Osil, Ancho e Iván.
  • CORME: Rubén, Ian, Sergio Fariña, David, Cristian, Jose, Eloy CR, Diego, Isaac, Bruno e Ismael.
  • Goles: 1-0, min.10: Víctor Alcaina; 2-0, min.36: Víctor Alcaina; 3-0, min.51: Hugo de penalti; 4-0, min.57: Jose; 5-0, min.83: Ancho.

Xustos chegaban os cormeláns a Muxía e pagaron o esforzo do campo de Arliña. Pola contra, o Muxía conseguía xuntar, por primeira vez na temporada, 16 convocados. Víctor Alcaina puña en vantaxe aos de Javier Lema moi pronto e o Corme sempre tivo que ir a remolque. Xogou mellor aínda o Muxía na segunda, que superou ao mercado Corme.


Ponteceso - Fisterra (0-0)

  • PONTECESO: Damián, Rubén, Adrián Pose, Mourelle, Samuel, Pedro, Isma, Fabián, Pablo Regueiro, Lucas e Iván. Tamén: Marcos e Javi Busto.
  • FISTERRA: Aarón, Santi, Breixo, Andrés, Gabriel, Gabi Golpes, Adrián, Asier, Alex, David e Senra. Tamén: Daniel e Marcote.
  • Expulsións, os fisterráns Alex e Adrián.

Partido sen demasiado xogo no Pinguel entre dous equipos que chegaban con moitas baixas, Comezou o choque forte, cun Fisterra máis incisivo, e un Ponteceso que intentaba saír tocando pero non podía superar as liñas de presión fisterrá. O Fisterra tivo varias oportunidades na primeira metade, como un balón de Adri ao longueiro e outro man a man pero non estiveron acertados cara gol.

Na segunda saiu mellor o Ponteceso que contou con un man a man por medio de Iván que detivo ben Aarón. O cadro verde sufría dúas expulsións en poucos minutos. Álex, que levaba varias entradas sufridas, resarcíase nunha e era expulsado por vermella directa. E pouco despois, Adri vía a segunda amarela por unha suposta piscina dentro da área. O Ponteceso aproveitou a vantaxa numérica para pechar as verdes na súa área pero sen premio.


Crónicas dos Xuvenís

1ª Fase:

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios