Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Xuvenís: O Dumbría ao seu cunha dura loita por detrás

Xuvenís: O Dumbría ao seu cunha dura loita por detrás
O Dumbría puido cos Miúdos

Parece que o Dumbría non vai opcións Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Chegaban os dous equipos que sumaban 2 vitorias nos dous primeiros partidos, e os dumbrieses vencían en Muros con claridade. Os Miúdos quedan, aínda así, na 2ª praza, con todo de cara para meterse na Fase, despois dos resultados. O Porteño daba a sorpresa vencendo a un Camariñas que aspira a todo, mentres en Santa Comba, o cadro xalleiro parece que perde moitas opcións de meterse tras caer ante un Cabana que volve á loita.

Na Liguilla de Copa, con Esteirana e Coristanco como equipos máis potentes, queda o Baio sen sumar, con 4 equipos sumando só un punto; o Zas, que empataba en Fisterra; o Ponteceso que non podía coa Esteirana; e Castriz e Cee que empataban no seu enfrontamento. Lembren que a atención se centra na parte baixa, pois se meterán en Oitavos da competición copeira 10 equipos de 13 participantes.

banner-maisdeporte-2015 cee

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 3

Os Miudos - Dumbría (0-3)

11 dos Miudos ante o Dumbria
  • OS MIÚDOS: Xandre, Eloy, Samuel, Juanche, Lice, Airán, Miguel, Tajes (Yerai), Hugo (Álvaro), Martínez (Anxo) e Saúl.
11 do Dumbria xuvenil en Muros
  • DUMBRÍA: Paulo, Roberto, Maikel, Cabana, Jano, Kanario, Yeray, Cacha, Pablo, Charly, Marcote e Juan de Dora. Tamén xogaron: Canario, Luís, Edu e Samuel.
  • Goles: 0-1, min.20: Charly; 0-2, min.30: Charly; 0-3, min.50: Juan de Dora.
Os Miudos-Dumbria xuvenil

Moita xente no Eleuterio Balayo para ver aos dous equipos que mellor comezaron a Liguilla. O equipo de Mané Senande, a sorpresa deste ano na categoría, quería poñer en apuros ao gran favorito. E non empezou mal o cadro muradán, facendo algo de dano con balóns directos e a balón parado, pero a eficacia dos dumbrieses foi decisiva. Tivo Tajes unha para poñer aos locais por diante, pero pronto Charly puxo en vantaxe aos de Lobelos e Leis. Hugo puido facer o empate, pero de novo Charly, á media hora, facía un segundo tanto que puña o partido costa arriba para os locais.

Seguían combinando e dominando os dumbrieses e no comezo da segunda metade, Juan de Dora facía o seu tanto número 26 da temporada para matar o partido. Así e todo os muradáns puideron ter recurtado no treito final, pero Miguel e Juanche non puideron meter medo ao Dumbría.

Aquí queda un pequeno vídeo do partido, cun dos tantos de Charly:


Porteño - Camariñas (2-0)

Porteno-Camarinas xuvenil-Foto-Porteno
  • PORTEÑO: Brais, Dani, Gonzalo, Aarón, Bruno, Maikel (Matías, min.80), Xoel (Cristian, min.78), Oli, Rodry, Carlos (Mario, min.60) e Borjita (Jose Manuel, min.89).
  • CAMARIÑAS: Jose Luís, Pose, Pifo (Chiki, min.75), Adrián, David, Álvaro (Dani, min.46), Espi, Chikote e Javi.
  • Goles: 1-0, min.15: Maikel define ante o porteiro tras unha boa triangulación; 2-0, min.70: Oli dende fóra da área.
Capis do Porteno e do Camarinas xuvenil-Foto-Porteno

Van sufrir todos os que pasen pola Grixa, e así lle pasou a este Camariñas que aspira a todo, pero que chegaba con moitas baixas e ao que as gañas do veciño o superaron. O campo estaba moi brando, e os locais se adaptaron mellor. O choque foi moi igualad, no que as defensas se impuxeron ao ataques, polo que houbo poucas ocasións de gol e a eficacia foi clave.

Adiantouse o equipo de Ordóñez pronto, tras unha bonita triangulación que permitió que Maikel encarara a José Luís e definise con moita calidade. Nesta primera parte, aínda tivo un par de balóns ao longueiro o cadro local, mentres o Camariñas non chegaba a facer dano.

Na segunda, seguía moi igualado o choque. O Camariñas tivo o empate cun tiro ao longueiro, pero marrou e pouco despois Oli marcaba de volea dende fóra da área case que matando o partido. O Camariñas intentouno pero non puido ca defensa dos seus veciños.

O Porteno xuvenil celebrando un gol na Grixa-Foto-Porteno Porteno-Camarinas xuv-Foto-Porteno

Xallas StComba - Cabana (1-2)

  • XSC: Coke, Pérez (Rubén, min.83), Dani, Xoel, Carlos, Fabián, Landeira, Adrián, Barbeira, Santi (Tefi, min.85)e Isma (Oreiro, min.62).
  • CABANA: Vázquez, Aurelio, Grille (Javi), Ferreiro, Kevin (David Muíño), Mateo (Martín), Álex Rodríguez, Reigía, Redondo (Pablo), Cristian (Álex Fraga) e Laik.
  • Goles: 0-1, min.50: Reigía adiantádose a defensa local nun rexeite a lanzamento de Álex Rodríguez; 0-2, min.55: Reigía dun forte disparo dende a frontal da área; 1-2, min.61: Barbeira.

O do sábado foi un partido moi disputado, moi vibrante e bonito e tan limpo como o demostra o feito de xogarse a gran intensidade e que non se sacaran ningún cartón en todo o partido. E iso que os dous equipos necesitaban a vitoria para non descolgarse.

A tónica da primeira parte foi con un cadro xalleiro dominador da pelota e un Cabana contragolpeador. Na primeira media hora o Cabana sufría moito con chegadas claras dos locais, que gañaban os segundos balóns e buscaban circulacións rápidas para encontrar os poucos ocos que deixaba a defensa dos de Carracedo, pero cada vez que chegaban diante do porteiro facíase a portería pequena de todo para os de Rubén Forján. Os cabaneses aguantaron e mesmo fixeron dano nalgunha contra. Con máis facilidade, buscando balóns ás costas da defensa xalleira, tiñan ocasións máis claras, e mesmo mandaron un par de balóns aos paus e anotaron un gl que foi anulado por fóra de xogo. Chegou o partido o descanso con empate.

Na segunda metade, pasados 5 minutos caeu un boa granizada que deixou parte do campo blanco e que o Cabana aproveitou nun saque de banda para facer o seu primer gol, collendo aos locais un pouco dormidos. Os seguintes 5 minutos foron un pouco tolos e nun mal pase da defensa local de novo Dani Reigía facía o segundo tanto.

Tocado quedaba o XSC pero volveuse facer co mando do balón, e pouco despois Barbeira recurtaba e os metía de novo no partido. A partir de aquí, o Cabana cerrou filas sen permitir chegadas claras para os xalleiros, que consideran que un empate tería sido máis xusto.

Parece que se lle escapa a Fase de Ascenso aos xalleiros, pero aseguran que non van deixar de pelexar ata o pitido final do último partido.


Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 3

Corcubión - Outes (2-8)

  • CORCUBIÓN: Miguel, Oca, Chava, Pepo, Junjo, Goche, Germán, Mario, Óscar, Maikel e Tito. Tamén xogaron: Santos, David, Isma e Joselu
  • OUTES: Sergio, Nieto, Cutu, César, Simón (Sergio), Brión, Saúl (Samu), Adrián, Veleiro, Santi (Álvaro), Xurxo (Fabio), e Borja (Fran).
  • Goles: Germán e Tito para o Corcubión; Álvaro (2), Veleiro (2), Simón, Xurxo, Borja e Samu para os da Serra.

Cando Manu Roque pode contar con todos os seus efectivos “dá gusto velos”. Sufríu o Corcubión a eficacia dos da Serra, que xa na primeira chegada marcaban o primeiro tanto. Cada chegada era un tanto para os visitantes. O Corcubión aguantaba, pero foi contra o final cando baixou os brazos e o equipo visitante fixo o seu agosto.


Fisterra - Zas (3-3)

  • FISTERRA: Aarón, Fabián, Breixo, Juanfran (Ángel), Iago (Iván), Dani (Breixiño), Andrés, Asier, Gabi (Senra), David e Gabi Golpes.
  • ZAS: Hadrián, Boli, Rubén, Darío, Cristian, Ternande, Manu, Adrián, Álvaro, Dani Mato e Andrés. Tamén xogaron: Juan e Andy.
  • Goles: 0-1, min.25: Álvaro de vaselina a pase de Ternande; 1-1, min.40: David presiona ao porteiro e o seu despexe rebota nel e se cola; 1-2, min.55: Ternande de penalti cometido sobre Manu; 2-2, min.75: Fabián nun córner; 3-2, min.87: David; 3-3, min.90: Juan de cabeza a centro de Manu.

Partidazo en Ara Solis entre dous moi bos equipos, con dúas partes moi diferentes. A primeira metade tivo poucas oportunidades cun Fisterra algo máis dominador. Sen embargo era o cadro de Martín o que se metía por diante cun fermoso gol de Álvaro. Pero pouco antes de irse ao descanso, un despexe do porteiro Hadrián batiu en David e entrou na portería, deixando o empate no marcador ao descanso.

A segunda parte foi máis entretida, cun Zas máis metido, se ben o partido puido caer para calquera lado. Conseguían os zaenses meterse por diante de novo no marcador cun gol de Ternande de penalti. Falito adiantou liñas e o equipo asumía moitos riscos, cun Zas que buscaba facer dano ás costas da defensa. Conseguía o Fisterra darlle a volta cun gol de estratexia nun corner primeiro e logo o 3-2 cun tiro lonxano.

Quedaba pouco pero o Zas non se rendíu e buscou o empate ata final. E caiu no minuto 90 con gol de Juan tras centro de Manu.


Malpica - Muxía (2-3)

11 do Malpica xuvenil ante o Malpica-Foto-Luis Port
  • MALPICA: Steven; Arcay (Miguel, min.46), Gende, Brais Álvarez, Sebas, Álvaro, (Adrián Vecino, min.59), Eloy, Petís, Sergio, Xulián e Carlos.
11 do Muxia xuvenil ante o Malpica-Foto-Luis Porto
  • MUXÍA: Gusa; Jorge (Iván, min.65), Andrés, Rubén (Ander, min.46), Paulo, Macareno, Tomas (Juanjo, min.80), Marco (Chori, min.68), Castreje, Víctor Alcaina e Jóse.
  • Goles: 0-1, min.15: Víctor Alcaina de forte tiro a ras do poste dereito; 1-1, min.23: Sergio, a pase de Eloy, salva a entrada do porteiro Gusa, e marca; 1-2, min.58: Ander tras un córner; 1-3, min.64: Víctor Alcaina de falta directa, ante unha barreira mal colocada e bate a Steven; 2-3, min.84: Petís remata un centro de Eloy.
Capis do Malpica e Muxia xuvenil-Foto-Luis Porto

Intenso partido en Pedra Queimada, a pesar de estar moi condicionado polo vento, entre un Malpica sorpresivo nesta segunda fase, e un Muxía en continua melloría. Non houbo moito xogo trenzado pero a incertidume foi protagonista. Comezaba o Malpica mandando co vento a favor, pero era o Muxía quen se adiantaba. Pronto empataba Sergio e Eloy marrraba dúas ocasións que puideron cambiar o rumbo do partido.

Chegábase á segunda metade e era o Muxía o que, co vento a favor, mandaba. Houbo ocasións para os dous conxuntos, pero foi o cadro de Javier Espeto o máis eficaz, cun Víctor Alcaina protagonista, e cunha defensa, comandanda por Paulo, moi seria.


Esteirana - Ponteceso (3-1)

  • ESTEIRANA: Xaco, Tiko, Sergio, Bolo, Cristian, Adrián, Fabio, Pablo, Juan, Manu e Brais (Edu, min.70).
  • PONTECESO: Damián, Pablo Pailos, Óscar, Isma, Aarón, Samuel, Pedro, Esteban, Eloy Álvarez, Ismael, e Iván. Tamén: Marcos, Fandiño, Lica, Lucas e Aitor.
  • Goles: 0-1, min.14: Eloy; 1-1, min.40: Juan nunha boa xogada de Pablo; 2-1, min.60: Fabio; 3-1, min.87: Bolo remata de xeito espectacular unha gran xogada que comeza na defensa.

Partido moi igualado o vivido na Salina. O Ponteceso comezaba combinando moi ben, sacando o balón con criterio, con 25 minutos fantásticos nos que se metía por diante cun gol de Eloy. Pero segundo pasaban os minutos, a Esteirana ía tomando o control e o Ponteceso recuaba. Antes do descanso empataba o equipo local cun tanto cocido noforno da dupla perigosísima blaugrana. Pablo fai unha gran xogada individual e cede para que Juan defina, co seu 17º gol.

Na segunda parte foi o Esteirana o amo e señor do partido. Fabio marcaba o segundo e o equipo esteirán tiña varias ocasións para sentenciar ante un Ponteceso que a pesar de non rendirse, non era capaz de safarse do dominio local. A sentenza non chegou ata os minutos finais, cun golazo do cadro esteirán.


Coristanco - Baio (4-2)

  • CORISTANCO: Alberto, Iván Anido, Navarro, Varela, Iván, Fabio, Sergio, Chiqui, Joni (Cristian Barreiro), Bértoa e Gabriel.
  • BAIO: Julián, Rai, D. Rama, Michi, Fran, Alfonso, Estefan, Javier, Jose Antonio, Ayoub e Fariña. Tamén xogaron: Alberto, Pablito e Javier Gómez.
  • Goles: 1-0, min.48: Gabriel; 2-0, min.55: Gabriel; 2-1, min.70: Ayoub; 3-1, min.75: Varela cun golazo; 3-2, min.77: Javier Gómez marca unha boa volea dende fóra da área; 4-2, min.83: Cristian Barreiro.
  • Expulsión: un xogador baiés e o adestrador Julio (min.55).

Partido feo de moito pelotazo, no que saían como favoritos os locais e aos que o Baio quería plantar cara. Así foi no primeiro tempo e aínda que os locais foron claros dominadores, os visitantes tamén tiveron as súas opcións cunha defensa intentando non deixar espacios e saíndo á contra con balóns directos ás costas da defensa local. Uns locais que, pola súa parte, buscaban un fútbol combinativo e levaron perigo á meta de Julián con balóns á banda e posteriores combinacions por dentro que a punto estiveron de materializar. Pero o marcador non se movería na primera metade.

A segunda parte arrincou cun inicio fulgurante do Coristancom que se puxo pronto con dous goles de vantaxe por conta de Gabriel, que unido á posterior expulsión dun xogador a do adestrador visitante (protestando dita expulsión) parecían sentenciar a contienda.

Pero… o que son as cousas, reduciron distancias os de Baio por medio de Ayoub volvendo a emoción. Non se deixou remontar o Coristanco e marcou de novo cun golazo de Varela. Pero replicou Javier Gómez cunha bvolea desde fora da area con outro golazo dignos os dous de sairen nos informativos televisivos de calquer canle. Os últimos minutos presentábanse emocionantes cun Baio sen nada que perder e un Coristanco sorprendido pola resistencia á derrota do rival. Aínda así os locais, por medio dunha contra, sentenciaron o partido nun 1x1 que definiu maxistralmente Cristian Barreiro.


Cee - Castriz (0-0)

  • CEE: Maikel, Iván, Hugo, Jon, Marco (Brais, min.70), Chema, Castillo, Alexis, Pablo, Álex e Yago.
  • CASTRIZ: Víctor, Richar, Álex, Luís, Redondo, Rony, Adán, Varillas, Mika, Cambón e Elías. Tamén xogaron: Calvo e Javi.

Moi frío no San Paio de Refoxos para ver un partido tan igualado como malo, con moito “centrocampismo” e sen apenas ocasións de gol. O aire facía presencia, pero curiosamente o equipo que tiña o vento en contra xogaba mellor. A primeira parte e co aire en contra foi do Castriz o que tivo catro ocasións, unha sobre todo de Miguel, que xunto a Cambón facían algo de dano pola banda. O Castriz pediría un penalti sobre Varillas.

Na segunda parte saíu mellor o Cee que levou o peso da segunda parte. Á contra avisaba tamén o cadro xalleiro, que pedíu un novo penalti sobre Cambón, que lle estalou a espinillera. Apretaba o Cee pero non conseguía facer demasiado dano e o marcador rematou sen moverse.


Crónicas dos Xuvenís

1ª Fase:

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios