Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: XSC e Camariñas pegan primeiro

Xuvenís: XSC e Camariñas pegan primeiro
O XSC venceu aos Miudos no tocado campo de Fontenla-Foto-Bego Cancela

Dous partidos claves se disputaban esta fin de semana Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. E foron o XSC e o Camariñas o que deron un paso adiante a costa dos Miúdos e Cabana, respectivamente. Así e todo a loita por meterse co Dumbría na Fase segue moi aberta entre os 4 equipos, Miudos e Camariñas están a só 2 puntos do xalleiros, mentres que o Cabana queda a 5.

Na Copa, a Esteirana, moi mermada, cedía os primeiros puntos da competición, mentres por abaixo, o Zas foi o único dos 4 de abaixo que sumou dos que pelexan por evitar as 3 últimas prazas, que deixarán fóra dos Oitavos da Copa, da verdadeira CopadaCosta Xuvenil.

banner-maisdeporte-2015 cee

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 7

Xallas StComba - Os Miudos (4-0)

  • XSC: Coke, Pérez (Chiki, min.55), Dani (Parri, min.70), Xoel, Carlos, Rubén, Adrián, Fabián, Barbeira, Tefi (Santi, min.60) e Landeira (Isma, min.46).
  • OS MIÚDOS: Xandre, Yerai, Anxo, Samuel, Eloy; Airán, Tajes, Miguel, Hugo, Lice e Saúl. Tamén: Alberto, Álvaro e Anxo cad.
  • Goles: 1-0, min.15: Tefi; 2-0, min.25: Tefi; 3-0, min.52: Barbeira; 4-0, min.82: Santi.
XSC-Muidos Xuvenil-Foto-Bego Cancela

Era un partido clave este, pois o que o que gañaba dependería de si mesmo para conseguir un dos postos de ascenso. Se o XSC foi recuperando efectivos ao longo da Liguilla, Os Miúdos chegaban con moitas baixas, entre elas a do sancionado míster Mané Senande. Uns Miúdos que non se adaptaron ao mal estado do campo de Fontenla, que cometeron demasiados erros atrás e que mesmo perderon o golaverage co cadro de Rubén Forján.

Os primeiros 15 minutos de xogo, foron de tanteo no que o cadro muradán estaba mellor sobre o campo. Pero a partir de aí Fabián e Adrián lograron facerse co medio campo e abrilo xogo por bandas, nas Landeira e sobre todo Tefi (que estivo moi enchufado todo o partido) cos espacios que deixa Fontenla facían moito dano á defensa muradá. Por aí precisamente, polas bandas, chegaron os dous primeiros tantos.

Na segunda metade, non baixou o ritmo o cadro local, conscientes da importancia dos golaverage particular e saíron ca idea de non encaixar e igualar ou superar a renta que de 3 goles que viña de Muros. O central muradán colocuse en punta para buscar balóns directos e meterse no partido, pero a defensa xalleira se amosou moi contundente e non permitiu claras ocasións de gol.
Polo lado contrario, Ismael, Santi Díaz e Barbeira facían dano, e cómpre destacar o golazo do partido, que o volveu marcar Santi Díaz desde 30 metros.


Porteño - Dumbría (0-10)

  • PORTEÑO: Brais, Aarón, Gonzalo, Jose Manuel, Bruno, Robi, Xoel (Martín, min.75), Maikel, Mario, Oli e Borja (Dani, min.46).
  • DUMBRÍA: Bruno, Roberto, Canario, Cabana, Jano, Lucas, Juan de Dora, Cacha, Marcote, Pablo e Maikel. Tamén xogaron: Josiño, Jose Miguel, Mauro, Charly e Yeray.
  • Goles: Juan de Dora (4), Marcote (3), Maikel, Cacha e Charly.

Pouca historia nun choque no que o rodillo dumbriés pasou polo Hermanas Patiño, debido ao mal estado do campo da Grixa. Dominio total dos de Leis e Lobelos que saíron a sentenciar dende o primeiro minuto e que non deixaron respirar ao cadro de Ordóñez.


Cabana - Camariñas (2-3)

  • CABANA: Vázquez, Javi, Mateo, Ferreiro, Grille (Raúl), Reigía, Oliver (Pablo), Álex, Redondo, Cristian (David Muíño) e Laik.
  • CAMARIÑAS: Jose Luís, Juan, Pose, Miguel (Manuel, min.50), Sergi, Adrián (Facundo, min.80), Álvaro (Pifo, min.55), Espi, Chicote (Chuki, min.70), Javi e Dani (Felipe, min.65).
  • Goles: 0-1, min.20: Javi de penalti; 0-2, min.28: Chikote; 0-3, min.41: Dani nunha contra; 1-3, min.58: Álex dun tiro dende fóra da área tras rebotar nun defensa; 2-3, min.83: Pablo nunha xogada de fe no terceiro rexeite.

Era outra das finais da xornada, na que un dos dous equipos ía quedar descolgado da pelexa, e no que un empate deixaría a ambos conxuntos tamén lonxe da Fase. E foi un partido estrano, con unha parte para cada un e vitoria visitante.

A primeira metade foi de dominio camariñán, que ademais facía da superioridade no xogo, varios goles que deixaban o camiño encarrilado.

Pero todo cambiou na segunda. O Cabana saíu con todo e pronto recurtaba con algo de fortuna. Metía ao Camariñas na súa área. As Redondas era un fervedoiro e a 10 para o final o Cabana facía o segundo nunha xogada con varios rexeites e puña o partido a un gol.

Un final de infarto esperaba, co Camariñas colgado do longueiro e pedindo a hora e o Cabana percutindo pero sen acerto, e atopándose cun José Luís, en plan estelar, un deses porteiros dos que levamos falando moito tempo e do que seguro seguiremos a facelo, que permitíu que o Camariñas sumasen estes tres puntos clave.

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 8

Malpica - Esteirana (1-1)

Esteirana xuvenil en Pedra Queimada-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Steven; Arcay, Gende, Brais Álvarez (Miguel, min.64), Sebas, Cholo, Eloy, Cristian Villar, Sergio, Xulián e Carlos (Chema Auñón, min. 64).
11 do Malpica ante a Esteirana-foto-Luis Porto
  • ESTEIRANA: Xaco, Cristian, Sergio, Bolo, Tobío, Brais, Damián, Manu, Adrián, Edu (Rafa) e Juan.
  • Goles: 1-0, min.17: Eloy remata unha fermosa xogada entre Carlos, Xulián e Sergio; 1-1, min.33: Juan aproveita un balón mal despexado tras un saque de banda.
  • Lesións: os esteiráns Edu, Bolo e Juan.
Capis do Malpica e da Esteirana Xuvenil-Foto-Luis Porto

Chegaba o cadro de Tata con baixas a Pedra Queimada e non puideron completa a 8ª vitoria seguida nesta Copa, e cederon os primeiros 2 puntos. I é que ademais de ter só 12 xogadores, as lesións dos Edu, Bolo e Juan deixaron ao equipo moi tocado na segunda metade.

Así e todo foi un partido moi disputado. O cadro malpicán mantiña as posicións e botaba balóns longos ás súas puntas, Sergio e Eloy. Non chegaron demasiado os malpicáns na primeira metade, agás a fermosa xogada do tanto que abría o marcador. Antes, xa Juan avisara por dúas veces, e era el mesmo, pichichi esteirán, o que facía o empate antes do descanso.

Na segunda estirouse máis o Malpica, que tivo o triunfo, ante un cadro visitante tocadísimo, máis preto.
Bo debut do malpicán Chema Auñón.


Baio - Outes (1-3)

  • OUTES: Sergio, Nieto (Serxio), Cesar, Samuel, Brión, Cutu, Saúl (Xurxo), Adrián, Álvaro (Simón), Borja, Fabio (Carlos) e Santi (Fran).
  • BAIO: Jose Manuel, Rai, Alfonso, Fran, Miguel, Fariña, Javier Muíño, Estefan, Alberto, Pablito e Jose Antonio.
  • Goles: 0-1, min.25: Raí; 1-1, min.55: Borja; 1-2, min.70: Borja; 1-3, min.80: Simón.

Os baieses enfróntabanse a un Outes gastando un dos últimos cartuchos para sumarse a posibilidade de disputar as eliminatorias do torneo da Copa. Como vén sendo habitual o longo do ano poucos e valientes os rapaces de Baio enforntándose a un máis que correctísimo Outes e depararon un partido ben loitado de parte a parte.

Parece que a mais ca segura eliminación dos de Baio no torneo, liberounos de ataduras, e xogaron un dos mellores partidos do ano, nun exemplo claro de entrega e compañerismo. Once valientes saltaron o campo nunha tarde chuviosa e sen posibles cambios no banquillo. O Outes dominaba dende o comezo o balón pero sen perigo, e era o cadro de Julio nunha contra o que se metía por diante por medio de Rai e mesmo estiveron a punto de aumentar a conta. .

Mais os visitantes puxeron cerco á porteria local e no último tramo do partido acadaron o empate para despois darlle a volta o marcador. Non se lle pode pedir máis os rapaces de Baio que deixaron todo no campo... “once loitadores que mesmo merecín pasar a historia como pasaron os defensores do paso das Termópilas. Non o creedes asi???... eu si”, cóntanos o seu propio míster, que quere aproveitar estas liñas para homenaxear aos seus xogadores..

Zas - Castriz (3-2)

Zas-Castriz Xuvenil-Foto-Santi Diaz
  • ZAS: Sergio, Rubi, Alberto Fuentes, Brais, Carlos (Cristian, min.62), Terny, David, Andy (Dani Mato, min.64), Juan (Adri, min.70), Manu e Andrés (Álvaro, min.76).
  • CASTRIZ: Víctor, Álex, Richar, Redondo, Cris, Jony, Balsa, Luís, Adán, Cambón e Varillas. Tamén xogaron: Beto, Calvo e Javi.
  • Goles: 1-0, min.14: Andrés; 1-1, min.2: Jony; 2-1, min.33: Andrés; 3-1, min.50: Andrés; 3-2, min.55: Jony.
Andres autor do triplete do Zas ante o Castriz xuvenil-Foto-Santi Diaz

Parece que o zas empeza a espertar para seguir na Copa. O equipo que dirixe estas semanas Iván Solís superaron aos pupilos de Alberto nun partido moi divertido para os siareiros, moi disputado e que puido caer de calquera lado e mesmo en empate.

Foi o Castriz o que cometeu máis erros en defensa, e Andrés estivo máis rápido que a defensa e completou un bo triplete.

Zas-Castriz xuv-Foto-Santi Diaz

Muxía - Corcubión (3-0)

  • MUXÍA: Ancho, Franciño, Andrés, Paulo, Jorge, Tomás, Marco, Castreje, Ander, Jose e Rodri. Tamén xogaron: Rubén, Chori, Gusa, Álex e Osil.
  • CORCUBIÓN: Miguel, Oca, Isma, Lela, Marcos, Germán, Óscar, Tito, Maikel e Goche. Tamén: David, Pepo, Chava, Álvaro e Junjo.
  • Goles: 1-0, min.23: Tomás cun gran disparo dende fóra da área pola escuadra; 2-0, min.62: Marco de chilena; 3-0, min.83: Jose.

Parou o Muxía a boa marcha do Corcubión nesta Copa, e iso que os de Javier Lema chegaban con 8 baixas e 5 cadetes na convocatoria. Pero os muxiáns aproveitaron o vento a favor na primeira metade para meterse por diante, e puideron ter ampliado a renda se o colexiado sinalase un penalti.

Na segunda, non freou o ritmo o cadro local e Marco de chilena e Jose ampliaron a renda.


Corme - Cee (5-2)

  • CORME: Fran, Aitor, Ángel, David, Cristian, Eloy Villar, Isma, Bruno, Quique, Isaac e Manu. Tamén: Sergio, Diego, Eloy CR, Ian e Pandi.
  • CEE: Maikel, Jicho, Brais (Iván, min. 45), Tivi, Borja, Castillo, Nanón (Pablo, min.60), Iago (Dani, min.70), Álex, Chema e Alexis.
  • Goles: 1-0, min.39: Bruno; 1-1, min.44: Álex; 2-1, min.45: Isaac; 2-2, min.45: Iago de penalti; 3-2, min.58: Isaac; 4-2, min.81: Isaac.

Moi fácil encaixa goles este Cee e moito máis atinado anda este Corme. Foi un partido con moito vento no que é posible que o marcador fose demasiado abultado, e de feito, a acta sinala só un 4-2 cando o partido rematou con 5 tantos para o cadro cormelán.


Coristanco - Fisterra (0-1)

  • CORISTANCO: Alberto, Javi (Gesto, min.80), Brandón (Cristian Barreiro, min.62), Varela, Sergio, Navarro, Joaquín, Joni (Iván Anido, min.72), Fabio, Bértoa e Gabriel.
  • FISTERRA: Aarón (Xosé), Iago, Andrés, Juanfran, Senra, Breixo, Gabi (Dani), Gabi Golpes, Gonzalo, Adri (Manu) e Iván (David).
  • Gol: 0-1, min.60: Breixo.
  • Expulsión: o míster local contra o final.

Partido moi igualado, no que o cadro local tivo máis dominio, sobre todo na primeira metade na primeira metade. Así e todo as mellores ocasións tiveron cor visitante e Breixo, antes de marcar xa enviara un balón ao pau e Fabi Golpes ao longueiro.

Contra o final, o Coristanco volcouse por un empate que non chegaría.

Crónicas dos Xuvenís

2ª Fase: 1ª Fase:

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios