Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Arrincaron as segundas fases

Xuvenís: Arrincaron as segundas fases
Xuvenil XSC-Camarinas-Foto-David Diaz

Arrincaron a 2ª Fase da Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil e da Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil. E o fixeron sen demasiadas sorpresas.

Interesante parece que vai ser a liguilla entre tres mellores de cada grupo. O Camariñas, demostrou por que foi o campión do Grupo Norte e superou a todo un XSC en Fontenla. O Dumbría, campión do Sur, non fallou nas Redondas, e segue sen coñecer a derrota. Ademais, no duelo dos menos expertos nestas Liguillas, Os Miúdos deron un paso á fronte cunha goleada ao Porteño.

O sistema de liguilla da Copa da Costa Xuvenil permite, polo menos, que se enfronten nunha volta equipos do norte e do sur. Moita iguadalde notamos pois a máxima goleada foi o esaxerado 3-0 que o Coristanco lle endosou ao Ponteceso. Queda de líder o cadro coristanqués, igualado co Fisterra, que superou nun choque tamén igualadísimo ao Castriz; a Esteirana, que vencía ao Outes nunha mala tarde para os da Serra; o Malpica, que superaba pola mínima ao Zas; o Corme, que tamén vencía en Baio cun solitario tanto de Kike; e o Corcubión, que sumaba a súa primeira vitoria da temporada nada menos que contra o eterno rival, o Cee.

banner-maisdeporte-2015 cee

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 1


Porteño - Os Miudos (1-6)

  • PORTEÑO: Brais, Dani (Maikel, min.65), Aarón, Bruno, Gonzalo (Jose Manuel, min.80), Oli (Jordi, min.82), Xoel, Rodry, Mario (Robi, min.55), Matías (Carlos, min.55) e Borja.
  • OS MIÚDOS: Xandre (Ángel), Samuel, Eloy, Juanche, Licerino, Airán (Álvaro), Tajes, Miguel, Yeray (Piki), Hugo (Saúl, min.60) e Martínez (Jorge).
  • Goles: 1-0, min.25: Martínez; 0-2, min.40: Álvaro; 0-3, min.60: Eloy; 0-4, min.65: Airán; 0-5, min,70: Piki; 0-6, min.75: Samuel; 1-6, min.85: Robi.

Partido completísimo dos de Mané Senande nesta estrea na segunda fase. Partido que comezaba moi igualado, cun Porteño que apretou durante a primeira media hora ante un rival con xente moi forte, que aínda que parezca incrible, adaptouse moito mellor ás malas condicións do terreno de xogo da Grixa e conseguía colgar numerosos balóns na área local, e aproveitando moi ben os segundos balóns, os rexeites.

Marcaba aos 25 minutos Martínez, o mellor do partido que mesmo acabou aplaudido polos siareiros locais. E ao fío do descanso, Álvaro facía o segundo para os muradáns que deixaba as cousas de cara para a segunda metade, e iso que Oli puido meter aos de Ordóñez, que leva partidos sen poder contar con Anxo, habitual nos maiores, no partido cun man a man que salvaba o porteiro cadete Xandre.

Así e todo o choque non se decidía ata o comezo da segunda. E iso que saía forte o Porteño, dominando durante os primeiros 15 minutos, ata que Eloy aproveitaba un balón morto, e anotaba un terceiro tanto que mataba aos da Ponte, que se viñan abaixo.

Queremos facer unha parada para felicitar a Ordóñez que ao final da temporada deixa a presidencia do club por felices motivos persoais, pero esperamos seguir téndoo de míster dos xuvenís!


Xallas StComba - Camariñas (1-2)

XSC-Camarinas-foto-Adrian Sumara
  • XSC: Coke (Couto, min.73), Pérez (Fabio, min.81), Dani (Parri, min.76), Carlos (Rubén, min.65), Xoel, Fabián, Landeira, Adrián; Barbeira, Santi Díaz e Isma (Tefi, min.73).
  • CAMARIÑAS: José Luís, Pose, Miguel, Sergi, Facundo (Dani, min.50), Juan, Adrián, David, Espi, Chikote e Javi.
  • Goles: 0-1, min.20: Espi remata só un córner; 0-2, min.35: Chikote; 1-2, min.72: Landeira de tiro lonxano.

Debido ao precario estado do céspede de Fontenla, o partido disputouse en San Pedro de Castriz, o que deparou un partido tremendamente igualado entre dous grandes equipos, e que remataba cunha vitoria camariñá que deixa máis que orgulloso a Javi Baña dos seus. O equipo local intentou sacar o balón dende atrás, ante un Camariñas replegado que buscaba a rapidez dos seus homes de arriba nas contras. Na primeira metade o cadro xalleiro tivo varias ocasións, pero o Camariñas foi tremendamente eficaz, e en dous desaxustes defensivos (se cadra demasiados pendentes do pichichi Javi) se metía cunha vantaxe de dous goles excesiva para o visto no campo.

A segunda seguía ca mesma tónica, co XSC máis enriba buscando recurtar par meterse no partido, pero este gol non chegou ata faltando 15 para o final, cun chut lonxano de Landeira. A partir de aí o asedio verde e laranxa foi total e o empate puido caer nun man a man de Santi Díaz, que volvía aos terreos de xogo despois de moito tempo, e cambiando o branquiazul baiés polo verde e laranxa xalleiro. O Camariñas aguantou ben formado atrás, e mesmo puido ampliar a renda se o colexiado sinala un posible penalti sobre Javi.


Cabana - Dumbría (0-2)

  • CABANA: Vázquez, David Varela (Raúl), Grille (Cristian), Ferreiro, Reigía, Mateo, Álex Rodríguez, Álex Fraga, Redondo, Laik (David Muíño) e Martín (Pablo).
  • DUMBRÍA: Paulo, Roberto, Jose Miguel, Canario, Jano, Yeray, Marcote, Cacha, Juan de Dora, Maikel e Pablo. Tamén xogaron: Charly, Mauro, Luís e Cabana.
  • Goles: 0-1, min.60: Roberto á saída dun córner; 0-2, min.78: Marcote nun bo contraataque.

Partido moi intenso o disputado este sábado nas Redondas entre dous dos sempre favoritos á chegar á Fase de Ascenso. O Dumbría foi dominador do partirdo tendo en todo o momento o control da posesión de balón demostrando ser o mellor equipo que pasou esta tempada polas Redondas. Así e todo, e a pesar da gran posesión que tiveron, non fixeron un bo xogo, e o Cabana soubo manter ben a súa portería durante unha hora, saíndo ademais á contra en varias ocasións, como nunha na que unha mala cesión atrás da defensa visitante foi moi ben resolta por Paulo. O Dumbría tamén tivo as súas opcións durante o primeiro período.

Pero cando mellor estaban os cabaneses, un gol de Roberto á saída dun córner rompía o partido e obrigaba ao Cabana de Óscar saír algo máis. E puido chegar o empate, pero Marcote sentenciaba o partido nunha contra a 10 para o final.


Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 1


Esteirana - Outes (3-1)

  • ESTEIRANA: Xaco, Sergio, Bolo, Rafa, Tiko (Brais, min.75), Tobío, Adrián, Damián (Edu, min.42), Manu (Fabio, min.70), Juan e Pablo.
  • OUTES: Aarón (Serxio Nieto), Cutu, César (Fran), Brión, Simón, Álvaro, Saúl, Samuel, Santi, Borja (Fabio) e Xurxo (Veleiro).
  • Goles: 1-0, min.20: Juan; 1-1, min.44: Borja de fermoso tanto; 2-1, min.72: Fabio; 3-1, min.89: Brais nunha xogada de pillo.
  • Lesión: o porteiro visitante Aarón rompeu a clavícula.

Partido igualado sobre todo nos primeiros compases, cun Outes mandón asumindo o mando do partido pero sen ter ocasións claras. Ata que aos 20 minutos Juan rompía a igualada cun bo tiro dende fóra da área. O Outes estirábase e segue tomando o mando e ao fío do descanso, tras unha boa xogada colectiva, Borja fai a igualada.

Comezaba a segunda metade con dominio alterno, pero era a Esteirana a que, no treito final, se metía por diante cun gol de Fabio tras un balón bombeado.

Aínda estaba o peor por chegar para os de Manu Roque, pois o meta cadete Aarón rompeu a clavícula nunha xogada fortuita ao tirarse por un balón sen moita complicación e caer mal.

O de menos, foi o terceiro tanto dos locais, xa case que co tempo cumplido, que puña punto e final ao choque.


Cee - Corcubión (2-3)

  • CEE: Pablo, Iván, Borja, Castillo, Brais, Hugo, Chema, Yago, Álex, Isma e Marco. Tamén: Xoán, Dani e Alexis.
  • CORCUBIÓN: Miguel, Oca, Chava, Isma, Marcos, Pepo, Goche, Mario, Tito, Maikel e Germán. Tamén: Santos, Álvaro, Lolo, David e Steven.
  • Goles: 0-1, min.14: Goche; 1-1, min.22: Chema; 1-2, min.26: Steven; 1-3, min.58: Chava de penalti; 2-3, min.61: Xoán.
  • Expulsión: Xoán na celebración do gol.

Derbi moi condicionado polo tempo no San Paio de Refoxos que apenas permitiu que se xogase o balón. O equipo de Senra sumaba así a súa primeira vitoria da temporada tras unha primeira fase na que só acadaba 4 empates. O Cee de Angeliño e Penedo chegaba moi tocado e non puido ca entrega dos corcubioneses, que pronto se adiantarían por medio de Goche. Empatou pronto Chema pero Steven facía o segundo para os visitantes pouco despois.

Na segunda, clave foi o gol de Chava de penalti, pero cando o Cee recurtou, quedou con 10 pola expulsión de Xoán xusto ao marcar, e non lle quedaron forzas para acadar o empate ante un Corcubión que se aferrou a esta vitoria, que sabe como un título.


Fisterra - Castriz (4-2)

  • FISTERRA: Aaron, Iago, Ángel, Breixo, Jose (Beto), Senra, Andrés (David), Gabi, Asier, Gabi Golpes (Iván), Adri e Álex.
  • CASTRIZ: Víctor, Richard, Cris, Luís, Álex, Adán, Balsa, Rony, Mika, Joni e Elías. Tamén: Redondo, Cambón, Calvo e javi.
  • Goles: 0-1, min.3: Roony a pase de Mika; 1-1, min.10: Álex; 2-1, min.74: Asier; 2-2, min.76: Adán dende fóra da área; 3-2, min.87: Breixo; 4-2, min.88: David.

Partido tremendamente igualado o vivido en Ara Solis que se decidíu a tiróns. O último cuarto de hora foi de infarto e o cadro de Falito marcou 3 goles, despois de que os de Alberto conseguisen empatar.

Pero xa o partido comezou vibrante, co Castiz, moi forte, meténdose por diante nunha xogada na que Mika desbordaba por banda e puña un bo centro para que Roony rematase picado. Pero o Fisterra anulaba a renda cando aínda non pasaran 10 minutos por medio de Álex aproveitando un balón ás costas da defensa na que o meta xalleiro dubida en saír.

Na segunda parte e co aire encontra, o Fisterra disparaba de lonxe e o porteiro xalleiro despexaba como podía, pero cando quedaban 15 para o final, chegaba o delirio goleador no minuto 74 co tanto de Asier. Marcaba Adán dende fóra da área e puña de novo as táboas no marcador de novo, pero no 87, dous tantos locais, coa axuda do vento, deixaban os puntos para os fisterráns.
Vitoria fisterrá neste comezo de Liguilla copeira, pero se cadra, un empate tamén podería ser sido un xusto resultado.


Malpica - Zas (2-1)

Xuvenil 11 do Malpica ante o Zas-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Steven; Arcay, Miguel, Álvaro, Sebas, Gende, Eloy (Cholo, min.66), Cristian Villar, Sergio, Xulián e Carlos.
Xuvenil 11 do Zas ante o Malpica-Foto-LUis POrto
  • ZAS: Sergio; Rubén (Samuel, min.65), Carlos (Brais, min.53), Lodi (Andy, min.53), Darío, Manu, Adrián Álvaro (Dani Mato, min.73), Andrés, Cristian e Juan.
  • Goles: 1-0, min.18: Gende remacha; 2-0, min.23: Sergio pelexa un balón longo do porteiro e define; 2-1, min.31: Adrián remacha o rexeite de Steven a un tiro de Manu.
Capis do Malpica e Zas-Foto-Luis Porto

Por fin sacou a súa mellor cara o Malpica de Fernando Varela, e puido cun Zas que contaba con repetir a goleada da Liga regular. Pero pronto se puxeron as pilas os locais e aos 20 minutos, dous goles en apenas 5 minutos metíaos en vantaxe. Pero reaccionou de contado o Zas, que recurtaba case que na seguinte xogada.

E xa co 2-1, o Zas tivo o empate, pero penalti cometido e lanzado por Juan, foi parado polo meta Steven. Foi a mellr ocasión para os zaenses que na segunda metade non puideron areptar demasiado. Unha chegada de Andrés aos 10 minutos e un remate nun córner no min.90 que non viu portería, foron as mellores ocasións, pero o Malpica puido aguantar a vitoria.


Coristanco - Ponteceso (3-0)

  • CORISTANCO: Alberto, Iván, Suso (Navarro, min.70), Varela, Javi (Sergio, min.46), Brandón (Fabio, min.60), Jorje, Joni, Bértoa, Cristian (Chiqui, min.46) (Anido, min.50) e Gabriel.
  • PONTECESO: Damián, Adrián Pose, Rubén, Regueiro, Sergio, Esteban, Pedro, Dani Villar, Luca e Iván. Tamén: Javi Busto, Marcos, Fandiño, Aitor e Óscar.
  • Goles: 1-0, min.18: Gabriel nunha contra; 2-0, min.60: Gabri; 3-0, min.74: Joni á contra.

Saíron moi ben os homes de Carracedo, xogando e tocando moi ben ante un serio e firme Coristanco. Pero atopouse pronto co gol do Coristanco nun erro da defensa local. Asi e todo os pontecesáns non se viñeron abaixo e seguiron buscando o empate ata o descanso, ante un moi serio Coristanco, equipo sen fisuras. Alberto tivo que empregarse para evitar o empate nunha falta dos visitantes.

Na segunda, os dous equipos seguiron pelexando, co Coristanco algo máis enriba, e foi o cadro verde o que conseguía marcar o segundo á hora de xogo, facendo dano aos locais. Pouco despois Joni, á contra, facía a sentenza deixando un resultado que pode ser algo excesivo para o visto no Pinguel.


Corme - Baio (1-0)

Corme-Baio-Foto-Fin Lema Corme-Baio-Foto-Fin Lema
  • CORME: Fran, Aitor, David, Cristian, Rubén; Kike, Bruno (Isaac, min.65), Truli (Samu, min.60); Isma (Ian, min.82), Eloy (Eloy Castro, min.60) e Manu (Maikel, min.80).
  • BAIO: Jose Manuel, Pablito, Javier, Miguel, Rai, Alberto, Jose Antonio, Estefan, Diego Rama, Gómez, Fariña. Tamén xogaron: Ayoub e Alfonso.
  • Gol: 1-0, min.75: Kike marca un golazo de falta directa.

O sábado no Cairo tivo lugar o debut do Corme e do Baio nesta edición da Copa da Costa de Categoría Xuvenil. Nun partido condicionado polas condicións meteorolóxicas aínda que en menor medida do previsto polos dous equipos. Unha primeira parte máis igualada con alternativas para os dous conxuntos aínda que os locais levaban o peso do partido, tendo as mellores oportunidades a balón parado. Pola súa parte o Baio chegaba nalgunha contra. Contras nas que conseguía un gol en posición dudosa que anulou correctamente o árbitro ante as dudas dos xogadores baieses que pouco insistiron nas súas protestas.

Na segunda parte e co aire a favor, o Corme seguíu empuxando para adiantarse no marcador, pero en contra do previsto os visitantes non pasaron moitos agobios e parecía que ían ser capaces de puntuar. Unha xogada a dez minutos do final cunha perda de balón no medio do campo acabou cunha falta cerca da area do Baio que foi maxistralmente executada por Kike e que supuxo o 1-0 resultado que xa non se movería ata o final, deixando sadisfeitos sos locais e un pouco ca mel nos labios aos visitantes, nunha visita a un dos recintos máis dificiles na categoría.

Xuvenis do Corme-Baio-Foto-Fin Lema

Crónicas dos Xuvenís

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios