Xuvenís: O XSC endosa a primeira derrota do curso a todo un Dumbría


Sen dúbida, a primeira derrota da temporada do Dumbría, a mans do XSC, é a nota máis destacada da xornada. Un XSC que de perder se despedía das opcións de meterse na fase de ascenso e que agora apreta espectacularmente a Liguilla. O Cabana vencía ao Porteño e o Camariñas aos Miúdos, en dous partidos marcados polas polémicas actuacións arbitrais. Os 5 equipos teñen opcións de pelexar pola Fase.
Na Copa, na que moitos equipos manifestan a dificultade para motivarse, a Esteirana queda só con 4 de 4, mentres por abaixo Zas, Cee, Castriz e Baio pelexarán por evitar as 3 prazas que deixan fóra dos Oitavos.

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 4
Xallas StComba - Dumbría (2-1)

- XSC: Coke, Pérez (Parri, min.75), Dani (Isma, min.69), Xoel, Carlos, Rubén, Landeira, Fabián, Adrián e Tefi (Santi, min.57).
- DUMBRÍA: Paulo, Rober, Maikel, Canario, Jano, Yeray, Cacha, Pablo, Charly, Juan de Dora e Marcote. Tamén xogaron: Edu, José Miguel, Andrés, Cabana e Isma.
- Goles: 0-1, min.55: Marcote e acentro de Juan de Dora; 1-1, min.60: Landeira a pase de Barbeira; 2-1, min.71: Barbeira marca atopando un balón morto.

Primeira derrota do curso para este Dumbría de Lobelos e Leis, que coincidiu, curiosamente coa falta de Óscar Leis no banco por mor dun proceso gripal, En fronte, tiñan a uns xalleiros que afrontaban unha final, pois de caer case que dirían adeus ás posibilidades de meterse na Fase de Ascenso. Ademais, o cadro bicolor sempre dá un plus ante o gran rival, e desta volta, os de Rubén Forján xa coñecían mellor como intentar anular as armas do líder.
Prantexou Rubén o partido con 5 atrás atrás, intentando anular as individualidades visitantes, con presión alta sobre o balón e axudas constantes para deixar poucos espacios por diante do balón. Defendía ben o XSC ante un Dumbría que dominaba e era superior, pero sen chegar con perigo. O partido transcorría con moito mediocampismo, balóns largos e faltas colgadas ás dúas áreas.
Na segunda metade si que creou algunha ocasión o equipo visitante, sobre todo antes do gol de Marcote, como un tiro ao pau, un par de mans a man e un posible penalti que pedíu Juan de Dora. Pero Coke estivo moi ben na meta xalleira.
O XSC íase metendo no choque, e Landeira, Tefi e Barbeira avisaban. Pouco despois era o propio Landeira o que facía o empate tras unha gran xogada de Barbeira. Sen tempo a reaccionar, o mesmo Barbeira facía o segundo, nunha xogada tonta, un tanto protestado polos dumbrieses por posible fóra de xogo.
Quedaban 20 minutos e o Dumbría tomou o mando pero, con algunha ocasión, con balóns colgados e centros laterales, pero non atoparon a chave.

Cabana - Porteño (2-1)
- CABANA: Vázquez, Aurelio, Kevin (Martín), Ferreiro, Grille, Mateo (Álex), Laik, Reigía, Redondo (Pablo), David Muíño (Fraga) e Cristian.
- PORTEÑO: Brais, Dani (Gonzalo, min.68), Gonzalo, Aarón, Bruno, Xoel, Rodry, Oli, Robi (Carlos, min.65), Mario (Matías, min.72) e Borja.
- Goles: 1-0, min.38: Reigía de falta directa; 2-0, min.47: Laik moi atento nun rechace a tiro de Reigía; 2-1, min.52: Borja.
- Expulsión: o meta visitante Brais por doble cartón no min.88 e o seu compañeiro Bruno no min.90.
Partido polémico nas Redondas, cun Porteño que protestou os erros arbitrais que o deixaron con 9 e con moitas baixas para o seguinte partido. Un Porteño que fixo un dos seus mellores partidos da temporada para o míster, Ordóñez, pero que voltou sen premio. En fronte, un Cabana que pelexou ata o final para sacar o partido adiante.
A primeira metade foi igualada. Era o Porteño o que máis se asomaba pola área rival, con 4 ou 5 chegadas nas que a falta de puntería impediu que as convertisen en goles. Antes de chegar ao descanso o Cabana, nunha falta lateral, se adiantaba cun cabezazo de Reigía, clave nestas últimas semanas e na recuperación do Cabana.
O Porteño estirou, aínda máis, na segunda, pero nunhca contra, Laik facía o segundo aproveitando un rexeite do porteiro camariñán a un tiro de Reigía. Non se rendeu o cadro visitante e foron con todo. Recurtaron pronto por medio de Borja, pecharon ata o final na súa área a un Cabana que acabou pedindo a hora, pero en fronte estaba un Vázquez que fixo un partidazo, sobre todo salvando un tiro de Borja que petou no pau despoos do despexe.
Camariñas - Os Miudos (3-2)
- CAMARIÑAS: Jose Luís, Miguel, Juan, Pose, Sergi, Adrián, Dani (Manuel, min.85), Espi, David, Chikote e Javi.
- OS MIÚDOS: Ángel; Eloy, Samuel, Anxo, Lice (Martínez, min.60); Airán; Tajes, Juanche, Hugo, Piki e Saúl.
- Goles: 1-0, min.38: Espi: 2-0, min.58: Chicote; 2-1, min.65: Martínez; 2-2, min.72: Samuel; 3-2, min.77: Chicote.
- Expulsións: o míster Mané Senande e Juanche.
Partidazo no Hermanas Patiño, cunha intensidade como se fose dos maiores, que non se decidíu ata o final e con polémica. Os Miúdos arrincou máis forte e pediron, aínda co empate a 0, unha posible man que evitou o primeiro tanto. Pero era Espi o que marcaba para o Camariñas, que se viña arriba e acabou dominando na primeira metade e se metía e ampliando a renda por medio de Chicote. Foi este segundo tanto, xa na segunda metade, o que espabilou aos muradáns, e despois dun par de Javi que puideron sentenciar o choque, Martínez e Samuel empataban o partido. Tivo o partido o equipo de Mané Senande, pero Samuel e Hugo mandaron os seus remates ao pau e Eloy fallou un remate dende a liña de gol mandando o balón por arriba, por onde era máis difícil.
Quedaban 15 para o final e chegou a xogada clave: o porteiro muradán atallaba o balón e segundo sinalan os muradáns, o dianteiro camariñán empurrouno caendo dentro da portería co balón. Criticaron os muradáns a actuación arbitral, dun colexiado xa protestado a pasada semana na súa actuación no derbi camariñán da Liga da Costa.
Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 4
Castriz - Corcubión (1-5)
- CASTRIZ: Victor, Richar, Cris, Luís, Álex, Redondo, Adán, Varillas, Cambón, Mika e Joni. Tamén xogaron: Javi e Elías.
- CORCUBIÓN: Miguel, Junjo, Marcos, Isma, Lela, Goche, Mario. Óscar, German, Tito e Maikel. Tamén xogaron: Álvaro e Steven.
- Goles: 1-0, min.12: Joni; 1-1, min.15: Óscar; 1-2, min.23: Mario; 1-3, min.66: Tito; 1-4, min.75: Tito; 1-5, min.81: Tito.
Partido desastroso do Castriz que comenzou marcando tras un inicio bastante mellor. Relaxouse o cadro xalleiro e cando se decataron xa tiñan 2 no peto. Óscar e Mario puñan en vantaxe ao cadro de Senra. Arriscou o Castriz subindo a defensa e á contra o Corcubión sentenciou con 3 goles protestados polo Castriz por posible fóra de xogo. Non quedou contento o Castriz co árbitro, ao que tamén lle pediron dous penaltis.
Ponteceso - Cee (2-1)
- PONTECESO: Damián, Pablo Pailos, Rubén, Ismael, Regueiro, Adri Pose, Fabián, Esteban, Fandiño, Lucas e Pedro. Tamén: Óscar, Marcos, Eloy Álvarez, Javi Busto e Iván.
- CEE: Maikel, Iván, Álex Agulleiro, Borja (Brais, min.70), Tivi, Castillo, Hugo, Chema (Pablo, min.65), Alexis (Iago, min.50), Xoan (Amboade, min.85) e Álex.
- Goles: 1-0, min.74: Pablo Pailos; 2-0, min.77: Eloy Álvarez; 2-1, min.83: Álex.
Saíu o Ponteceso moi forte ben prantado no campo e querendo levar a batuta do encontro con moitas oportunidades pero sen éxito. O Cee, que estes días está nas mans de Mario de Jose, ex adestrador do Baíñas, apenas apareceu polo campo, pero as tímidas ocasións dos locais non acabaron en gol.
Melloraron na segunda os ceenses, que tivo algunha ocasión para meterse por diante cun par de paus de Álex e Iago. Pero o Ponteceso estivo máis acertado e en apenas 5 minutos, metía dous tantos, ao que o Cee non puido reaccionar máis que cun gol para recurtar.
Zas - Esteirana (1-2)
- ZAS: Sergio, Boli (Alberto, min.55), Brais (Lody, min.61), Darío, Rubén, Ternande, Juan, Adrián, Álvaro, Andy (Manu, min.75) e Andrés.
- ESTEIRANA: Xaco, Sergio (Cristian, min.60), Bolo, Rafa, Tiko, Damián (Edu, min.70), Adrián, Manu (Fabio, min.45), Pablo, Juan (Antonio, min.85) e Brais (Jaime, min.65).
- Goles: 0-1, min.3: Juan; 0-2, min.17: en propia meta; 1-2, min.87: Manu de fermosa chilena.
Pouca tensión no choque de San Andrés, nun choque soso, na primeira mitade con control de balón dos esteiráns ante un Zas no que Martín non puido contar con xente importante como Manu e Dani Mato, titulares cos maiores. O partido púxose de cara para os de Tatá moi pronto cun tanto de Juan, de tiro lonxano. E non se chegaba ao minuto 20 cando o Zas marcaba o segundo en propia meta.
Cambiou o conto na segunda e o Zas soltouse e apretou a un cadro blaugrana algo relaxado. Chegou con perigo o Zas, e mesmo viu como o colexiado lle anulaba un tanto a Andrés, e só foron capaces de recurtar a 7 para o final cun golazo de chilena de Manu.
Baio - Fisterra (2-3)
- BAIO: José Manuel, Rai, D. Rama, Fran, Alfonso, Javier, Miguel, Pablo Costa, Jose Antonio, Fariña e David Regueira. Tamén xogaron: Alberto e Javier Gomez.
- FISTERRA: Beto, Ángel, Juanfran (Adri), Iago (Dani), Andrés, Gabi, Breixo, Fabián, Pichino, Gabi Golpes e David.
- Goles: 1-0, min.25: José Antonio; 2-0, min.43: Javi; 2-1, min.55: David; 2-2, min.60: Breixo; 2-3, min.90: Ángel.
Tarde fría o Sábado no Platas Reinoso na cuarta xornada da Copa de Xuvenís. CD Baio e Fisterra enfrontábanse na busca dos primeiros puntos os locais e consolidar o bo inicio da liguilla os visitantes. A iniciativa foi dos visitantes que se fixeron donos do medio campo e chegaban con perigo a portería contraria. O Baio saía en contraataques, e foi nun deles, tras un fallo do porteiro nunha saída cando José Antonio adiantaba aos de Julio. Vantaxe que consolidou cunha segunda chegada no final do primeiro tempo con outro gol, por medio de Javi.
No segundo tempo o Fisterra saíu decidido a darlle a volta o marcador cousa que conseguiu en escasos dez minutos e tras un mal inicio do Baio. Asi volviamos ao escenario do principio cun Fisterra encima do equipo contrario buscando o terceiro gol e un Baio o que lle alcanza pouco os recursos que ten. Os rapaces loitan e entreganse pero non somos quen de conseguir mais. Nos intres finais e tras parar un penalti o meta local Jose Manuel a Gabi, o Fisterra conseguía o defeinitivo 2-3 no minuto 90 e xa cando se daba por bo o punto acadado polos dous.
Muxía - Coristanco (2-2)
- MUXÍA: Hugo, Jorge, Andrés, Gerardo, Chori, Tomás, Marco, Ander, Paulo, Castreje e Víctor Alcaina. Tamén xogaron: Rubén, Osil e Ancho.
- CORISTANCO.
- Goles: 0-1, min.10: Cristian; 1-1, min.20: Castreje; 2-1, min.60: Castreje; 2-2, min.83: Dani.
Empate en Arliña entre dous bos equipos. A primeira metade foi igualada, cun Coristanco algo máis metido no partido, e aproveitaron os erros dos locais para adiantarse.
Así e todo, Castreje era quen de igualar o partido pronto, e na segunda, metía por diante aos de Javier Lema. Chegaba con perigo o cadro local, que puido sentenciar, pero foi o Coristanco de Carlos o que empataba ao fío do pitido final.
Corme - Malpica (3-2)

- CORME: Fran; Sergio Fariña (Diego, min.52), Isaac, Aitor Pose, Cristian, Eloy Villar, Isma (Ángel, min.89), Quique, Manu, Bruno (Eloy Castro, min.85) e Samuel.

- MALPICA: Steven; Arcay, Brais Álvarez, Álvaro, Sebas, Gende, Eloy (Adrián Vecino, min.66), Cristian Villar, Sergio, Xulián e Carlos.
- Goles: 1-0, min.26: Bruno; 1-1, min.39: Eloy, de falta directa; 2-1, min.44: Ismael; 2-2, min.70: Sergio; 3-2, min.82: Samuel.
Non permitíu o vento moito fútbol no Cairo entre un Corme moi serio e un Malpica que vai a máis. Moita pelexa, moita alternativa no marcador e no dominio do xogo, e o choque, que se puido decantar de calquera lado, caeu do bando local cun tanto de Samuel nos últimos minutos.
Crónicas dos Xuvenís
2ª Fase:- X.3: O Dumbría ao seu cunha dura loita por detrás.
- X.2: Dumbría e Os Miúdos pegan o estirón.
- X.1: Arrincaron as segundas fases.
- X.18: Un Camariñas campión e os cadros da seguinte fase listos.
- X.17: Cousas que decidir nos dous Grupos Norte e Sur.
- X.16: O Camariñas asalta o liderato mentres XSC, Os Miúdos e Esteirana deixan a loita aberta.
- X.15: Outro título da “Doble L”.
- X.14: Unha loita aberta cando faltan 4 partidos.
- X.13: 7 equipos para 6 postos.
- X.12: Dumbría e Cabana mandan mentres 12 equipos pelexan por 4 prazas.
- X.11: Loitas quentes polas 3 primeiras prazas no Norte e no Sur.
- X.10: 13 equipos en loita:
- X.9: O Dumbría impón a súa lei no Sur e a igualdade no Norte.
- X.8: O Fisterra frea ao XSC mentres o Norte se iguala máis e máis.
- X.7: O Sur busca o 3º e abordo e o Norte o trío de cabeza.
- X.6: Pelexando polo podio.
- X.5: Sen dominadores.
- X.4: Os Miúdos frean ao Dumbría mentres Coristanco e Cabana seguen firmes.
- X.3: Xornada de goles “comarea”.
- X.2: Crónicas completas da fin de semana da Barca.
- X1: Arrincaron dúas Ligas con moitas diferencias.
Crónicas da semana
- Ligas Galegas: O Dumbría Infantil pensa xa no Play Off por evitar o descenso.
- 3ª Autonómica: 8ª vitoria do Cerqueda e paso atrás do Muxía.
- 2ª Autonómica: Os 4 de arriba non fallan mentres o Cabana salva unha final ante o Montelouro.
- 1ª Autonómica: Unha xornada para esquecer.
- Preferente: Doble inxusta derrota pola mínima.
- Resultados e análise dunha mala xornada do Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- O novo local social do Sofán, unha viaxe pola historia da SD.
- 4 clubs na reunión da Asociación de Clubs do Fútbol da Cota.
- QPC entrevista a Emilio Uzal, adestrador da UD Cerqueda, líder da 3ª.
- Convocada unha reunión dos clubs do Fútbol da Costa.
- Aprétanse as táboas dos Pichichis costeiros.
- Víctor Espasandín: Coñecendo a un xalleiro na elite do fútbol español.
- O Estética Raquel mantense invicto no ecuador das Ligas de FS de Cee.
- Comezaron as obras para instalar céspede artificial en Agra da Filgueira.
- A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa.
- O Campo do Carreiro ou a forza dos veciños.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).