Xuvenís: Dumbría e Esteirana buscarán o ascenso á Liga Galega
Todo o peixe vendido na Liguilla dos de arriba, con Dumbría e Esteirana certificando o seu pase á Fase de Ascenso á Liga Galega con 3 xornadas de marxe. Pero falta o marisco por vender, que neste caso é o título da Liga, polo que de seguro loitarán dumbrieses e esteiráns con ansias.
Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 7
Serán os Dumbría e Esteirana os equipos que representen á Costa da Morte na Fase de Ascenso á Liga Galega. As súas vitorias ante Malpica e Corme, e a derrota do Cabana en Fontenla deixan ao cadro dumbriés con 10 puntos sobre o XSC, polos 9 máis o golaverage que ten a Esteirana sobre o cadro xalleiro.
E ollo, que son dúas propostas que van en serio. Diego Lobelos e Óscar Leis xa saben o que é superar unha Fase de Ascenso, e así deixaron ao equipo cadete na Liga Galega. Este curso quixeron manterse traballando co mesmo bloque pero en categoría xuvenil, e malia que é aínda unha fornada de 1º e 2º ano, teñen potencial para ascender.
E ollo coa Esteirana de Martín, que chegan cunha liña moi parella. Un grupo que o ano pasado xa arrasaran na Liga Cadete, con 26 vitorias en 26 partidos. Non tiveron sorte na Fase pero este ano o bloque, aínda que tamén moi novo para a categoría, ten moitas posibilidades de darnos unha alegría.
Queda pois toda a atención centrada en quen conseguirá o título de Liga. O partido clave, o da penúltima xornada, dentro de 15 días no Xosé Luís Vara, onde a Esteirana recibirá ao Dumbría. Polo de pronto, o empate válelle aos dumbrieses.
Malpica - Dumbría (0-4)
- MALPICA: Manuel; Brais, Chols, Canario, Steven, David, Pitís, Gabi (Plejo, min.67), Almeida, Alberto, Kevin.
- DUMBRÍA: David, Duarte, Roberto, Cabana, Jano, Yeray, Maikel, Adrián, Marcote, Lucas e Martín. Tamén xogaron: Pablo, Javi, Oli, Edu e Iván.
- Goles: 0-1, min.30: Adrián Alcaina aproveita un pase de Cabana; 0-2, min.35: Adrián Alcaina só a centro de Lucas; 0-3, min.60: Marcote resolve unha xogada persoal; 0-4, min.80: Javi de cabeza a centro de Marcote.
- Lesión: o malpicán Gabi cun tirón.
Vai en serio a candidatura deste Dumbría para a Liga Galega. E así o sufríu o Malpica, que chegaba con moitas baixas por sanción, e que non puido superar en ningún momento a un equipo moito máis serio, ordenado e eficaz. O cadro de Diego Lobelos e Óscar Leis completou un partidazo, dominando e só permitindo unha ocasión, de Pitís no comezo da segunda metade xa co 0-2 no marcador. A segunda foi de novo un monólogo visitante.
Corme - Esteirana (1-4)
- CORME: Rubén, Sergio, Alberto (Isma, min.57), Iván, Eloy (Koeman, min.46), Brais, Antoniño, Kike, Juanma (Eloy Castro, min.70), Manu (Isaac, min.46) e Alejo (Alex, min.70).
- ESTEIRANA: Marcos, Bolo, Tiko, Sergio, Rafa, Adri, Damián, Manu, Fabio, Raúl e Adrián. Tamén xogaron: Mj, Cristian e David.
- Goles: 0-1, min.20: Raúl: Adrián; 0-2, min.25: Manu; 0-3, min.37: Adrián; 1-3, min.75: Alex de penalti; 1-4, min.80: Adrián.
Nova vitoria da Esteirana desta volta ante o Corme nun partido pouco vistoso. Moito balón arriba e disputas aéreas, pero a pegada dos blaugrana foi clave e marcou a diferencia. E iso que Martín non puido contar con homes básicos como Pablo, Jose e Code, que forn cos maiores, ou Tobío e Davichi por lesión. Pero os Adrián, Raúl e Manu estiveron acertados cara gol.
Así e todo, o público quedou encantado co reencontro no cadro cormelán de Koeman, irmán de Dani, lateral dos maiores, que volvía aos adestramentos nas últimas semanas e o míster decidía convocalo de novo.
Xallas StComba - Cabana (2-1)
- XSC: Alvarito, Miki, Parri (Rubén), Carlos, Jacobo, Fabián (Pérez), Torres, Pablo Landeira (Iván Pastoriza),Seteven (Ángel), Tefi e Sergio Barbeira (Ismael).
- CABANA: Adrián, Aurelio, Raúl (Cristian), Dani Mato, Laik, Diego Cacha, Alberto (Pablo), Sergio Ferreiro, Redondo (Grille), Álex e Iván Mato.
- Goles: 1-0, min.25: Steven; 2-0, min.60: Iván Pastoriza; 2-1, min.70: Pablo.
Non se adaptaron os xogadores do Cabana á herba natural de Fontenla e escaravaban durante todo o partido. Así e todo intentaron levar o peso os cabaneses ante un XSC máis eficaz e que soubo manexar mellor o choque, pasando ademais poucos apuros en defensa. Metíanse por diante os de Rafa na primeira por medio de Steven, que mesmo tivo para ampliar. Foi á volta dos vestiarios cando Iván Pastoriza facía o segundo. Pablo Landeira puido ampliar pero foi o cabanés Pablo o que recurtou, pero o cadro de Fernando non tiña forzas para a remontada.
Liga da Copa da Costa Xuvenil. Grupo Norte, xornada 4
Está pletórico o Camariñas de Pirucho, que suma 10 puntos neste arrinque da Copa, e se mantén de líder destacado. O sábado superaba a un dos rivais a bater, o Baio, ao que xa supera en 4 puntos. 2º queda o Ponteceso, que non pasaba do empate ante un Porteño que está moi mellorado dende que arrincou esta a súa temproada de estrea na categoría.
O Coristanco, tras unha gran Liga, aínda conseguía o sábado a súa primeira vitoria na Copa, ante o Castriz. Ambos, xunto co Porteño, parece que serán os que se xogarán a última praza, que quedará fóra dos Cuartos.
Camariñas - Baio (3-1)
- CAMARIÑAS: José Luís, Pose, Mateo, Santi, Ariel, Chico, Juan, Martín (Dani, min.75), Carlos, Javi (Chuki, min.60) e Sergi.
- BAIO: Julián, Jose, Xoel, Pablo, Efe, Kevin, Anxo, David (Guillermo, min.70), Pedro, Cristian (Alfonso, min.70) e Santi Díaz (Oreiro, min.65).
- Goles: 1-0, min.20: Sergi; 2-0, min.35: Martín; 3-0, min.55: Sergi; 3-1, min.80: Pablo.
Saíron durmindos os de Pastoriza que protagonizaron un mal partido e quedaron a mercé dun Camariñas que pronto se metía por diante a facía oco. Sergi e Martín puñan en vantaxe aos de Pirucho, e o propio Sergi facía a sentenza nada máis comezar a segunda metade. O Baio non se logrou repoñer e só recurtou distancias contra o final, pero xa sen fe na remontada.
Porteño - Ponteceso (2-2)
- PORTEÑO: Brais, Dani, Gonzalo (Damián), Bruno, Manuel, Martín (José Manuel), Álvaro, Rodri, Cristian, Josiño (Antonio) e David Vergari (Pifo).
- PONTECESO: Damián, Isma, Sánchez, Diego, Alberto Recarey (Javi), Ismail, Diego Pérez, Óscar, Luca, Valle e Pablo.
- Goles: 1-0, min.15: David Vergari; 1-1, min.40: Luca; 2-1, min.47: David Vergari; 2-2, min.85: Valle.
Partido vibrante na Grixa onde chegaba un Ponteceso moi tocado polas baixas de ata 4 habituas, e Rubén Souto non podía contar con Lorenzo por sanción, e Cristian, Yago e Adrián por lesión). En fronte, Ordóñez, que leva traballando todo o ano e conseguíu formar xa un bloque bastante sólido, empregouse a fondo para manter un puntiño na casa, e iso que tamén tiñas as baixas de Maikel e Matías por lesión e Mario que foi cos grandes a Camelle. E mesmo puido levar o partido o cadro local, pero non aproveitaron as ocasións no treito final.
Saíu o Ponteceso buscando o partido, dominando máis o xogo, como lle gusta ao cadro pontecesán, pero sen poder superar a rede defensiva local. E foi o Porteño, que esperaba atrás buscando as contras, o que se adiantaba na primeira metade, e tras varios mans a mans de David Vergari, foi o propio dianteiro local o que adiantaría aos seus pero Luca, cadete de primeiro ano que foi posiblemente o mellor do partido, ao fío do descanso, empataría.
O partido endurecíase na segunda tralo segundo de Vergari, sobre todo polo bando local e mesmo o míster pontecesán tivo que quitar a Alberto Rercarey tras varias entradas fortes. O Ponteceso non se rendiu e atacou ata o final, tivo varias pero só aproveitaría Valle un balón a falta de 5 minutos para o remate para poñer o 2-2 definitivo.
Castriz - Coristanco (1-4)
- CASTRIZ: Víctor, Jose, Ángel, Curru, Pablo, Álex, Sergio (Andi), Balsa, Jordi, Miguel, Manu e Joni.
- CORISTANCO: Nacho, Naya, Varela, Iván, Christian (Abelenda, min.65), Rubén (Mosquera, min.46), Brandón, Bértoa, Suárez (Joaquín, min.60), Fondo e Jonni.
- Goles: 0-1, min.15: Bértoa; 1-1, min.30: Pablo; 1-2, min.60: Fondo; 1-3, min.65: Joni; 1-4, min.85: Brandón.
Comezaba o partido no campo do Castriz cun Coristanco que tiña que ir a por todas se quería ter aspiracións a estar nos octavos de final da copa, tras colleitar 3 derrotas consecutivas. Comezou o partido con pouco fútbol, e o Coristanco apretando forte e no minuto 15 adiantabase cun gol de Bértoa, pero o Castriz non baixaba os brazos e consegiu empatar no minuto 30, mandaba Varela un tiro de falta ao longueiro e así se sucederon os primeiros 45 minutos.
Comezaba a segunda parte cun Castriz que se puido meter por diante pero Balsa, Manue e Sergio marraban boas ocasións. O Coristanco buscaba arriba o partido e así chegou o segundo gol por medio de Fondo de cabeza, tras unha boa xogada de Joaquín no minuto 60. O Castriz seguía apretando pero o Coristanco poñia o 1-3 no marcador por medio de Jonni. Algunhas chegadas que tivo o Castriz pero que Nacho solventaba, algunha de maneira sobresaliente, pero o Coristanco sentenciaba cun gol de Brandon desde o medio do campo no minuto 80 e poñia o 1-4 no marcador.
Liga da Copa da Costa Xuvenil. Grupo 2, xornada 4
Non puido o Cee subir ao liderato do grupo sur, pois non puido superar a un Muros que está cunha intensidade fantástica nesta Copa. Os muradáns mantiveron o empate, e seguen por diante, cun punto e un partido máis que os ceenses. Por detrás, o Fisterra parece que espertou ante o Mazaricos, quedando por agora o Muxía, con 3 puntos, e o Lira, sen puntuar aínda, fóra dos Cuartos.
Cee - Muros (1-1)
- CEE: Paulo, Vilela, Esteban, Jicho, Tivi (Ferrío, min.46), Tebo (Tebo, min.65), Abraham, Rafa (Carlos Leis (min.66), Nanón, Pablo e ÁLex (Michi, min.80)
- MUROS: Mati, Yeray, Veloso, Samu, Diego, Santi, Miguel, Ramón, Piki, Mancebo e Juanche. Tamén xogaron: Edu, Hugo e Sergio.
- Goles: 1-0, min.75: Andrés de falta directa; 1-1, min.80: Santi.
Partido entre os dous primeiros clasificados do Grupo 2, que tras este empate seguen igual, cun Muros por diante con un punto (e un partido máis). I é que non se acabou de sentir comodo o Cee co balón, ademais de contar coas baixas de dous homes importantes como Pikallo e Felipe. Foi o Muros superior pero a vitoria puido caer da calquera lado.
Avisou o Muros nun córner que se pasea por toda a área ata que Veloso o estrela sen oposición ao pau. Rafa devolviulla cun disparo de volea que bate en Samuel para desviar a córner. Unha gran parada de Paulo e unha internada de Piki que ve seu disparo tapado por Abraham serían o mais salientable antes do descanso para o Cee polas dúas chegadas claras de Juanche para o Muros.
Seguiu todo igual na segunda metade pero cun Cee algo mellor ao principio. A falta de 15 minutos para o final, Andrés sorprendía a Matías de falta directa. pero pouco despois Santi empataba o partido para o Muros. O propio Andrés puido meter o 2-1 pero seu disparo bate no longueiro.
Fisterra - Mazaricos (4-0)
- Goles: 1-0, min.20: Jose; 2-0, min.50: Breixo; 3-0, min.60: Manu; 4-0, min.70: Noé.
Inapelable a vitoria do Fisterra ante o Mazaricos. E iso que arrincaba o partido cun penalti para os amarelos, pero que era marrado por Carreira. O Fisterra se puxo ao mando e marcou un tanto aos 20 minutos e sentenciou no comezo da segunda metade.
Outes - Muxía (6-2)
- OUTES: Yoel, Rafa, Yura, Samuel, Brión, Babu (Álvaro, min.55), Adrián, Ibra (Xurxo, min.75), Cutu, Zeta (Paulo, min.46) e Veleiro.
- MUXÍA: Hugo, Fabio (Antonio, min.46), Gerardo, Maca, Andrés, José Ramón (Jose, min.55), Edi, Marcos, Castreje, Paulo (Mario, min.60) e Víctor.
- Goles: Adrián (2), Paulo (2), Veleiro e Ibra para o Outes; e Víctor de falta e Mario de penalti para o Muxía.
Partido que se lle puxo de cara ao Outes co gol inicial de Ibra nada máis comezar, aproveitando erros da defensa muxiá. A partir de aí, e con boas combinacións o Outes controlaba pero o Muxía aguantou toda a primeira metade, ata que no minuto 40 chegaba o segundo de Veleiro.
Un par de erros garrafais en defensa ao comezo da segunda sentenciaron aos de Javier Lema, logo de facer un bo partido.
Crónicas das Ligas Xuvenís
- X.6: O peixe case vendido.
- X.5: A Esteirana súmase ao barco do Dumbría.
- X.4: O Dumbría queda só pero os resultados favorecen á Esteirana.
- X.3: Dumbría e Esteirana escapan cando arrinca a Copa.
- X.2: O Dumbría bate na mesa e a Esteirana segue o ritmo.
- David Castro analiza a Previa da Fase de Ascenso Xuvenil cos protagonistas.
- Os Xuvenís xa teñen grupos para a segunda fase da Liga e a Previa da Copa.
- X.22: Xuvenís: Sen sorpresas cara a segunda fase.
- X.21: Xuvenís: Todo listo no Sur e moito por decidir no Norte para a última xornada.
- X.20: O Dumbría campión e 3 das 6 prazas cubertas.
- X.19: Todo encarrilado a falta de 3 xornadas.
- X.18: As cousas claras, pero non tanto.
- X.17: Descanso de Nadal para algúns.
- X.16: Escapan os 3 de arriba.
- X.15: Perfílanse as 3 primeiras prazas de cada grupo.
- X.14: O Cabana freou ao Malpica.
- X.13: Xornada cos despachos como protagonistas.
- X.12: Xuvenís: O Malpica dá un paso adiante no Norte e Esteirana e Cee no Sur.
- X.11: Dúas loitas abertas no ecuador.
- X.10: Novo cambio de líder na igualada Liga Norte.
- X.9: Xuvenís: O Dumbría impón a sua lei no Sur e 4 equipos loitan igualados no Norte.
- X.8: O Malpica dá un paso adiante tirando de efectividade.
- X.7: O Dumbría manda no Sur e a igualdade no norte.
- X.6: Facéndose ao cambio xeracional.
- X.5: O Dumbría arrasa polo Sur mentres no Norte volven cambiar de líder.
- X.4: Nin a calor pode con eles.
- X.3: Con medo a descolgarse.
- X.2: Arrincaron dúas Ligas tremendamente abertas.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O Montelouro acada o ascenso e loitará polo título.
- 2ª Autonómica: Ata 10 equipos pendentes do descenso.
- 1ª Autonómica: Mala xornada para todos.
- Preferente: O XSC tamén se complica a vida.
- Crónica e os 84 resultados da xornada no #FútboldaCosta.
Artigos relacionados
- Xa temos sorteo da I Copa da Costa Infantil.
- O campo de fútbol de Louro terá herba artificial a temporada que vén.
- Alberto Pose: Unha fiestra aberta para acoller Campionatos Nacionais na Costa da Morte.
- Óscar Suárez e Raúl lideran as táboas dos pichichis da Costa.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora Blog do Malpica de Luís Porto.