FUTFEM: O Soneira remata como único equipo invicto do Fútbol da Costa
Unha semana menos para o remate das Ligas Fem. Na LigadaCostaFEM, só o Soneira adiantou o seu choque, goleando ao Ponteceso (11-0 con 4 de Kenny, 2 de Tamara, 2 de Kelly, e 1 de Laura, Noa e Cristal) e certificando que é o único equipo invicto da temporada no Fútbol da Costa sénior. As de Roland rematan con 18 vitorias, 4 empates, 87 goles a favor e 20 en contra, nunha exhibición tremenda.
Queda aínda unha xornada, o domingo que vén, cun enfrontamento directo entre Outes e Cabana xogándose o ascenso directo e a promoción, xunto co Juan Cabrejo.
No que atinxe á 2ª Div. Fem., continúa a loita do Muxía arriba de todo, de goleada en goleada (só leva 1 derrota en todo o curso, sumando goles por se hai empate, xa que está o golaveraxe individual igualado), cóbado con cóbado co Tordoia, que tampouco rebaixa. Quedan 3 semanas por diante, co Corme aínda aspirando á promoción tras vencer ao Milagrosa, ao que deixa a 4 puntos e cun partido máis.
Eva Lema, a pichichi
Se ben ao Muxía aínda lle quedan 3 xornadas por diante, non quixo esperar Eva Lema par certificar o seu pichichi das Ligas da Costa e asegurar o prezado balón da Olería de Buño. A muxiá marcaba 5 ante o Ordes e suma 49 (Rebeca do Tordoia, 44; e a tamén corviña Barca é terceira con 39), superando xa á soneirá Kenny, que facía 4 ante o Ponteceso, pero queda con 47 puntos xa sen partidos que xogar.
2ª Div. Fem, xornada 31
San Lázaro - Esteirana (4-2)
- Esteirana: Lidia, Tobío, Nerea, Marta, Melania, Lara, Nura, Alba, Rut e Bárbara.
- Goles: 0-1, m.20: Rut; 1-1, m.21: Douaa; 2-1, m.23: Douaa; 3-1, m.32: Paola; 3-2, m.40: Rut; 4-2, m.88: Douaa.

Heroínas son estas esteirás que outro día máis volveron presentarse con 10 en Lugo, pero é que aos 5 minutos, Alba disputa un balón aéreo onde impacta de maneira fortuita na cabeza dunha defensa rival tendo que marchar con Fran Figueroa para o hospital cunha brecha na que tivo que levar 5 puntos. Con 9 competiron as blaugranas todo o partido, ante un cadro lucense que estivo máis acertado.
Corme - Milagrosa (3-1)
- Corme: Lucía, Lucía Rod., Olalla, Zeltia, Ana Suárez, Cris, Saskia, Laura, Claudia, Natalia, Carla. Tamén: Candela e Aroa.
- Goles: 1-0, m.14: Claudia; 1-1, m.20: Candela; 2-1, m.85: Carla Pose; 3-1, m.95: Claudia.
Aínda está moi vivo este Corme, despois do partidazo vivido no Cairo, con dous equipos que competiron a un nivel alto de intensidade moi ordenados defensivamente e cunha presión alta na saída de balón. Aínda así, os dous equipos superaban ben a presión rival e trenzaban fermosas xogadas de ataque. Demostración de entrega das de Rubén, que comezaban marcando pronto, pero o rival empataba.
Cee - Orillamar (3-0)
- Cee: Noemi, Lurs, Cris, Ramos, Aroa, Sabela, Caro, Laura, Martínez, Saray Duarte, Nayara. Tamén: Valeria, Paula Veiga, Thalia, e Aroa.
- Goles: 1-0, m.3: Martínez a centro de Cris; 2-0, m.71: Thalía marca un golazo tras un córner; 2-0, m.79: Paula Veiga.
Segue manténdose en forma o Cee esperando a final da Copa da Costa do 6 de xuño ante o Xallas. O domingo non o tiveron doado ante unhas novas herculinas que xogan moi ben. Comezaron pegando e atacando moito con balón, facendo unha fantástica primeira metade, pero sen acerto. Na segunda comezaron de novo presionando moi arriba, pero ata o último treito de partido, non sentenciaron as de Rafa, co golazo de Thalia e o de Paula.
Brexo Lema - Dumbría (4-0)
- Goles: 1-0, m.40: Rebeca; 2-0, m.50: Estela; 3-0, m.70: Amanda; 4-0, m.87: Noa.
Partido apático dunhas dumbriesas xa desexando rematar a temporada, que se presentaban con 11 xogadoras xustas no que as locais superaron en intensidade e gañas dende o primeiro ao último minuto.
Órdenes - Muxía (0-13)
- Muxía: Vero, Nerea Pazos, Raquel, Nerea Barrientos, Piroja, Eva Lago, María, Andrea, Patri Romaní, Eva Lema, Barca. Tamén: Sheila, Paula, Irene, Laura Doce, Karen.
- Goles: Eva Lema (5), Barca (4), Patri Romaní (3), Nerea Barrientos.
Pouco que dicir dun partido a días marchas. As Noe Iglesias adaptáronse fenomenal ao céspede natural de Vista Alegre, marcando goles buscando alcanzar na loita polo golaveraxe xeral co Tordoia.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.21: O Juan Cabrejo adianta ao Cabana na loita da #LigadaCostaFEM.
- X.20: O Outes mantén a praza de ascenso directo ante a presión de Cabana e Juan Cabrejo.
- X.19: O Soneira celebrou o título no Cubaleiro… e en Vimianzo!.
- X.18: O Soneira acariña o título e ábrese a loita polo 2º posto.
- X.17: Soneira e Juan Cabrejo prepáranse para a gran final.
- X.16: X.15: O Outes supera a un Cabana que caeu en Zas.
- X.14: O Corcubión frea ao Juan Cabrejo e o Soneira asume o liderato en solitario.
- X.13: O Soneira acouga ao Outes.
- X.12: O Ponteceso baixa ao Outes do primeiro vagón.
- X.11: O Outes alonxou ao Cabana da pelexa polo liderato.
- X.10: O Soneira pon a cousa quente.
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.27: O Muxía pasou outra proba de lume.
- X.26: O Muxía achégase ao título cunha remontada de garra e corazón.
- X.25: O Muxía bate tamén ao Dumbría.
- X.24: Só o Dumbría sumou de 3.
- X.23: Case pleno polo 8M.
- X.22: Esteirana e Dumbría selan táboas.
- X.21: O Muxía non ten piedade.
- X.20: Puntos de aniversario.
- x.17: Cee e Dumbría pecharon unha igualada primeira volta.
- X.16: O Muxía golea a un Cee cargado de baixas.
- X.15: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.