José Ángel e Graci, do Mazaricos Fem.: “A aprendizaxe foi brutal xa que melloraron a un ritmo tremendo”

O Mazaricos Feminino é o equipo máis novo do FutFem do Fútbol da Costa, un proxecto marcado pola ilusión e a gran cantidade de rapazas con gañas de xogar e crecer neste deporte. Actualmente ocupa a sexta posición na Liga de Santiago de F7, como contamos cada semana.
Jose Ángel e Graciela, adestrador e capitana, comentan como están a vivir ésta experiencia.
Graci, co brazalete multiculor e o número 3
Jose Ángel Carreira, adestrador

- QPC: Que tal a experiencia en éste proxecto tan interesante do Mazaricos?
A experiencia está sendo impresionante. Tanto Borja e Iván coma eu non tiñamos experiencia ningunha, e cada día que pasa aprendemos cousas novas, sobre todo pasámolo ben tanto os entrenadores como as xogadoras e iso é o importante.
- QPC: Que foi o máis difícil para empezar a competir?
Costounos empezar a competir dado a corta idade das xogadoras así como que a maioría nunca xogaran antes. A aprendizaxe foi brutal xa que melloraron a un ritmo tremendo. Na nosa liga agora competímoslle a calquera.
- QPC: Como valoras o que vai de tempada?
A tempada vai de menos a máis. Custounos o primeiro por esa falta de ritmo, pero todas as xogadoras están moi comprometidas e fanse uns entrenos bastante bos o que nos está levando a escalar postos na clasificación e esperamos acabar o máis arriba posible e pinchar poucos partido no que resta de ano.
- QPC: Cal son os puntos fortes de este Mazaricos?
O punto forte do Mazaricos é a solidez defensiva, que acadamos co paso das xornadas e a constancia que temos en cada partido, e que nunca damos un por perdido. Intentamos competilos todos.
- QPC: Ilusión por xogar a Copa da Costa?
Moita ilusión, moito temor tamén, vai ser algo novo para nós. É un mérito para un concello como Mazaricos contar con equipo feminino e disputar unha Copa da Costa feminina é unha ilusión.
- QPC: Semifinais contra o Cee, outro equipo de recente creación. Como tomaredes ese encontro? O peor será cambiar a fútbol 11?
O Cee paréceme un equipo con moita calidade e con xogadoras coma Lucía que lle aportan un plus moi grande. Vai ser difícil. Moitas das xogadoras de Rafa xa xogaran con anterioridade a diferenza das nosas.
O cambio de futbol 7 a 11 nótase tamén e vainos costar adaptarnos. De todos modos intentaremos poñer garra e loitar coas nosas armas e sacar un bo resultado.
- QPC: Tempada que vén, seguiredes en fútbol 7 ou dar o salto o fútbol 11?
Difícil comentarche algo claro. Pretendemos xogar a fútbol 11 dado que temos un número elevado de xogadoras.
Teremos que comentalo a final de tempada e valorar o que máis lles conven as xogadoras, xa que hai moitos factores como desprazamentos, horarios dos partidos e demais circunstancias.
Graciela, Capitana
- QPC: Como foi a túa fichaxe polo Mazaricos?
Sempre quixen que se fixese equipo feminino para o Mazaricos. O meu adestrador José Ángel comentoume un día se estaría disposta a formar parte do clube e conseguir animar á xente para así poder facer equipo. A verdade é que non dubidei na resposta e conseguimos facelo, pois anotáronse moitas rapazas; foi sorprendente.
- QPC: Eres a capitana de este proxecto, que sentides ao ser as primeiras que paseades o escudo do equipo no ámbito feminino?
Para min é un orgullo pertencer a este equipo xa non só polo feito de ser capitana, xa que son unha máis delas, senón pola gran familia que formamos. Estamos moi unidas e loitando en cada partido para superarnos día a día e sobretodo desfrutar.
- QPC: Eres a pichichi do equipo, casi gol por partido, que cifra sería boa para rematar a tempada?
A verdade é que non teño ningunha cifra na mente nin tampouco é algo no que me fixe. Cando marco algún gol penso no ben do equipo e en poder sumar puntos para manternos na nosa posición ou subir algunha se é posible.
- QPC: Estás conforme coa situación do equipo na clasificación?
Dende un primeiro momento pensábamos que nos ía costar e pouca xente confiaba en nos por empezar de cero e con moitas rapazas que non xogaran nunca ao fútbol, pero pouco a pouco e con esforzo e dedicación estamos a demostrar o que somos capaces de facer. Estar na metade da táboa é algo que nos anima e fai que confiemos en noó, tratando sempre de poñer o mellor de cada unha en cada partido para conseguir manternos aí ou subir de posición.
- QPC: Tamén participaredes na Copa da Costa, contra o Cee en semifinais, o adestrador comentanos que a dificultad vai ser cambiar a fútbol 11, ti como ves esa circunstancia?
Si, o resto de equipos están xogando a fútbol 11 e digamos que nos ao non estar acostumadas pode que nos resulte máis difícil. Pese a iso, sairemos ao campo con gañas e a facer o que poidamos.
- QPC: QPC: E persoalmente, estás a facer unha boa tempada, xa hai quen chamou a túa porta para que cambies de aires?
Non, ata de agora ninguén me chamou jajaja.
Entrevistas #Futfem
- Saskia, xogadora do Bergan: "Ano de aprendizaxe onde hai que pelexar por un posto contra xogadoras máis veteranas.”.
- Alba Trillo, xogadora do UC Cee: “Xogar a fase de ascenso no primeiro ano estaría moi, moi ben!”.
- Pati, capi das Miúdas: “O noso punto forte é saír en equipo ao terreo de xogo”.
Os traballadores na sombra
- Barrié, alma do Ponteceso: "Non teño data de caducidade. Cando a teña será cando Dios queira”.
- Fernando, alma do Ameixenda: "O fútbol afeccionado está a perder a esencia de ver rapaces xogando nos equipos do seu Concello”.
- Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“.
- Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”.
ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC
- Iván Rojo: "Non estou ao meu mellor nivel, pero vouno suplindo con goles”.
- José Manuel, adestrador do Cabana: "Está claro que se fose en outro club se cadra xa non estaba aquí”.
- María López Souto, presi do Laxe: "A SD Laxe, por historia, ten merecido xogar na Liga da Costa”.
- Duda: "En ningún momento baixaremos a garda, sabendo que pode haber entre 2 ou 3 arrastres e que cada punto vale ouro”.
- Juan de Dora: "En canto saín dos vestiarios non vía nada, só o fume verde e a xente cantar”.
- Dido e Adrián Parga analizan o crucial derbi de parroquias.
- Curro: “Os afeccionados teñen que entender que foron moitos cambios xuntos, e leva o seu tempo"
- Brais (Buño): “Dannos por mortos todos os anos e sempre, ou case sempre, os obxectivos cúmprense”.
- Adrián Lema: "A directiva apoiume siempre. Loxicamente non gusta, pero a decisión foi falada entre todos”.
- Marcos González: “Os pais, ás veces, son os responsables das frustacións dos rapaces, moitos pensan que teñen Messis na casa”.
- Diego Lobelos, adestrador do Muxía: "O Cairo é outa historia, pero a este equipo encántalle xogar estos partidos”.
- Manu Guillamet e Jairo explican as claves do seus importantes goles.
- Juan Porrúa, adestrador do Montelouro: "A 3ª está sendo máis competitiva do que esperaba”.
- Bruno Méndez: "Todo o que proba de árbitro, quédase”.
- Bieito e Basti analizan o derbi soneirán de 1ª.
- Os adestradores dos 4 primeiros analizan a Liga Xuveni.
- Miguel Ramos: “A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa”.
- Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno”.
- Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito”.
- Juni, adestrador do Coristanco: “Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans”.
- Tolo: “Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí”.
- Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas.
- Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes.
- Ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán.
- Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: “Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa”.
- Iván Cancela e Cantudo, conversa cos adestradores da Selección Galega.
- Pedro Gómez e Santi Cambón: Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa.
- Raúl Periscal: “Hai que volver ás orixes e deixarse de pagar, e facer unha base con xente da casa"
- Christian Caamaño e Iván Bouzón analizan ao detalle o derbi verde da Preferente.
- Pepe Wii e Jati: O Porteño – Camelle comeza a xogarse en QPC.
- Basti e Rivi analizan o derbi costeiro entre o Soneira SD e o CF Dumbría.
- Pablo Conde: ”Só buscamos que a xente que saíu das categorías base se asente”.
- Lelo: ”Sempre foi unha ilusión adestrar ao primeiro equipo”.