Martes. 19.03.2024
El tiempo

Iván Rojo: "Non estou ao meu mellor nivel, pero vouno suplindo con goles"

Ivan Rojo
Iván Rojo nun partido coa UD Cerqueda
Iván Rojo: "Non estou ao meu mellor nivel, pero vouno suplindo con goles"

Falamos con Iván Rojo, dianteiro da UD Cerqueda, unha dos fichaxes máis sonadas no inicio desta Liga da Costa. Ademais de xogador desempeña a labor de adestrador na base en Razo e Cerqueda, e danos as súas impresións de como ve esas categorías e a dificultade que está sufrindo nos séniors da UD para sacar os partidos adiante.

Fálanos en clave de goles, pois con 18 goles é o 2º máximo goleador (empatado co pontecesán Xuco), a 7 do pichichi Alejo.

E fálanos en clave de canteira, pois o seu Cerqueda Cadete está en plena loita polo título ante clubs que tanto coidan a base como Xallas, Cabana ou Sofán.

 
  • Este ano como compaxinas o ser adestrador de base e xogador do Cerqueda?

Pois sacando tempo de onde podo para preparar entrenos e partidos, a vez que entrenar e xogar eu, pero polo resto xenial. A maiores bótolle unha man a Míchel, o adestrador dos sénior con algunha tarefa nos entrenos.

 
  • Como valoras a categoría base do Razo, tan rodeado de grandes equipos?

O Razo somos un club humilde, unha familia, na que sen o traballo dos pais e Xulián nada sería posible, xa que non dispón de directiva. Os nenos compiten e melloran a pasos axigantados. Agora empezamos un proxecto de categoria biberón e prebenxamín.

 
  • Tamén adestras os cadetes do Cerqueda. Que tal a experiencia?

A experiencia cos cadetes está a ser moi gratificante, xa que me está a servir para seguir crecendo e formándome como adestrador. Xa debutou algún cadete cos maiores, e compartir campo con eles foi unha alegría. Esperemos que poida debutar algún máis.

 
  • Do que vai de Liga, só tres derrotas, a máis dolorosa contra o Sofán?

Foron as 3 igual de dolorosas, pero a máis abultada a de Sofán, simplemente un mal día.

 
  • Este ano a liga Cadete está moi apretada, 4 equipos para só un título. Como afrontades a recta final?

Nós afrontamos a recta final con moitas gañas. Queda moito traballo por diante, xa que non está nada decidido, temos que facer os nosos puntos, e esperar que pinchen os demais.

 
  • Que cualidades ten este equipo de Iván Rojo?

É un equipo ao que lle gusta ter o balón, atrevido, e con “desparpajo”.

 
  • Todo ben que andan os cadetes, e os séniors tempada de decepción non?

A tempada dos sénior está sendo moi irregular, capaces de ser o único equipo en gañar en Corme, e ao mesmo tempo de que nos empaten partidos que tiñamos dominados.

 
  • Os obxectivos iniciais serían estar na zona alta?

Desde o club non se puxo nunca ese obxectivo, si que desde fóra nos vían entre os que podían estar arriba.

 
  • Tantos xogadores que viñeron e marcharon este ano, fai complicado poñer unha idea de xogo en bloque?

É unha tempada complicada, moitos cambios na plantilla, pero o bloque segue estando. O que fai difícil é a corta plantilla que somos.

 
  • Como veñen apretando os da abaixo, temedes incluso os posibles arrastres?

Temos que gañar un par de partidos e penso que non deberíamos ter problemas, pero a estas alturas todos os equipos apretan.

 
  • Persoalmente, como ves a túa tempada que estás na loita polo pichichi?

Costoume adaptarme ao xogo do equipo, e non estou no meu mellor nivel, pero vouno suplindo con goles, a pesar de non ser dianteiro.

 
  • Hai un sector dos afeccionados que parece que che esixen máis, cres que é normal?

É un tema que non me gusta. Elixín Cerqueda para disfrutar do fútbol e poder compaxinalo co fútbol base, se eu mismo me quixera esixir máis, sería o primeiro en facelo, ae o mellor non estaría aquí. Son un máis.

 
  • Para rematar, na Copa tócavos esperar o rival que saia do Cabana - Sofán, tes gañas de xogar contra o teu ex equipo ou dache igual?

O ano pasado xa me enfrontei o Sofán na Copa e tivemos a sorte de gañar, pero primeiro téñenlle que gañar ao Cabana. Pero si que sempre é bonito enfrortarte, despois de 5 anos alí, e todo o que significou Sofán como futbolista para min.

Entrevistas #Futfem

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Comentarios