Xoves. 10.10.2024
El tiempo

COVID: Malpica tamén recibirá o seu cribado

  • Este 2 de febreiro faleceron unhome de 87 e unha muller de 78 anos na residencia DomusVi de Carballo. Son un total de 20 os pasamentos na residencia vimiancesa dende o comezo de ano
Grafica Datos Covid Costa da Morte 02-02-2021
COVID: Malpica tamén recibirá o seu cribado

Se mañá comeza un cribado na Laracha, o Sergas vai realizar outro en Malpica. Serán citados unhas 2.550 persoas de entre os 18 e os 60 anos, a través de SMS. Así pois máis da metade da poboación malpicá será convocada.

Os test PCR realizaranse entre xoves e sábado, no Centro de Saúde da localidade, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Desde o Concello de Malpica garántese a total colaboración coas autoridades sanitarias para que a organización destas probas durante as tres xornadas se desenvolvan “coas maiores facilidades” tanto para o persoal sanitario como para a veciñanza que acuda á realización dos test.

As cifras

Os datos de onte esperan ratificar o cambio de tendencia amosado durante a última semana e a pesar do repunte do domingo, semella que a tendencia volve ser á baixa. Volve baixar de 1.000 novos casos nos últimos 14 días a comarca (975), pero a taxa de incidencia acumulada segue a superar os 600 casos por cada 100.000 habitantes.

Bergantiños segue rondando a cifra de 1.000 casos por cada 100.000 habitantes, pois A Laracha, Carballo e o propio Concello de Malpica superan esa psicolóxica barreira.

Datos Covid Costa da Morte 02-02-2021

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios