Martes. 19.03.2024
El tiempo

Erotismo para comezar o 2015 na Galería Mulleres

Erotismo para comezar o 2015 na Galería Mulleres
Lou Andreas-Salome Galeria Mulleres Muxia

Lou Andreas- Salomé (San Petersburgo,  1861- Gotinga, 1937) estrea o 2015 na Galería Mulleres, ese programa a través do cal o departamento de cultura do Concello de Muxía trata de dignificar a figura da muller a través dos nomes femininos máis relevantes da historia.

Escritora e pensadora. Coñecida pola súa controvertida relación con Nietzsche, en realidade é unha pensadora destacada. Pero, como tantas outras mulleres, raramente atopámola nos libros de texto. Con ela rendemos homenaxe a todas as mulleres filósofas injustamente silenciadas. Relacionouse con Rilke e con Sigmund Freud, pero sendo ela mesma unha figura importante da teoría psicoanalítica. Publicou o seu libro “O erotismo” un ano antes de coñecer a Freud, quen confirmou moitos achádegos de Lou.

Relevante tamén é a súa amizade con Malwida Von Meysenbug, figura do feminismo alemá , a través da cal coñece a Nietzsche e a Paul Rée.

  • Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar a obra: Lou Andreas- Salomé.”Mirada retrospectiva. Compendio de algunos recuerdos de la vida”.

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios