Martes. 19.03.2024
El tiempo

Quen descubríu a Virginia Wolf na Galería Mulleres de Muxía?

Quen descubríu a Virginia Wolf na Galería Mulleres de Muxía?
Galeria Mulleres Muxia-Outubro 2014-Virginia Wolf

O nome de Virxinia Woolf figura entre os grandes renovadores da novela moderna. E hoxe, da man da Gaería Mulleres de Muxía, que nos leva percorrendo a historia en clave de muller, achéganos un pouco a esta figura case mística.

Introduciu na prosa novelística un estilo e unhas imaxes ata entón máis propios da poesía. Influída pola filosofía de Henri Bergson, experimentou con especial interese co tempo narrativo. Casou con Leonard Woolf con quen fundou en 1917 a editorial Hogarth Press.

Pioneira na reflexión sobre a condición da muller, escribiu ensaios que xiraban en torno a este tema, como “Un cuarto de seu”, que constitúe unha crítica a unha sociedade que daba pouca ou nula importancia aos dereitos dás mulleres, e onde relaciona a dignidade das mesmas coa esistencia dunha certa independencia e co feito de desenvolver un traballo remunerado. Foi considerado en Inglaterra o primeiro ensaio de teoría literaria feminista.

Nun dos accesos dunha enfermidade mental que padeceu ao longo da súa vida, o 28 de marzo de 1941, suicidouse no río Ouse./p>

Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar:
- Woolf, Virginia. UN CUARTO DE SEU.
- Woolf, Virginia. AS ONDAS.

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios