Xoves. 25.04.2024
El tiempo

En marcha a tractorada e a manifestación contra a mina de ouro

En marcha a tractorada e a manifestación contra a mina de ouro
Xa temos o cartel da tractorada contra a mina de ouro

Xa vimos a visión de Hermanager Humor sobre o tema con John Deere en plan vaqueiro. Eos colectivos contra a mina de ouro de Corcoesto están en marcha para a tractorada. Unha tractorada prevista para o vindeiro domingo, 7 de abril, pero é que tamén hai prantexada unha manifestación para o día 14.

A tractorada, na que poderán participar todo tipo de vehículos, partirá de Cereo, Corcoesto, Ponteceso e Laxe ás 10 e 11 horas e rematará o seu percorrido cunha grande concentración diante da Casa do Concello en Cabana.

O BNG apoia as mobilizacións

Tanto a tractorada como a manifestación contarán coa participación da dirección, cargos institucionais e militantes do BNG. Un BNG que quere así "amosar o seu respaldo ás reivindicacións da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e invita a cidadanía galega a mostrar o seu rexeitamento a un proxecto que provocará graves consecuencias medioambientais económicas na zona".

Ao tempo, recorda o BNG que levou o tema aos parlamentos de Galicia, Estado e Europa, e lamenta o incondicionable apoio do PP.

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios