O meu último verán en Santa Baia de Tines
O 21 de xullo de 1958 non foi un día de moita calor e quizais sexa por iso que estou aquí segundo comentou o enfermeiro que me fixo a transfusión no sanatorio compostelán do doutor Baltar. Poida que fose o xersei de manga longa que me puxo a miña nai o que me salvou xa que evitou unha maior perda de sangue e tamén que as poutas non afondasen máis do meu corpo de cinco anos. Despois de xantar fun cos meus tíos e un amigo, un par de anos maior, ata unha leira dos meus avós maternos perto do camiño que leva a Vimianzo. Mentras os meus tíos facían os seus labores, nos os dous, enredábamos nun espazo de encrucillada que tiña no chan unhas xeitosas pedras brancas e unha area moi fina do seu redor. De súpeto o meu compañeiro berra forte: Manoliño que vén o lobo! e sae correndo na busca dos meus tíos. Eu vou detrás (non vin lobo nin loba) pero antes de cruzar o pasadoiro feito nun valado dunha leira que está a poucos metros de distancia, sinto a trabadura duns dentes e o rabuñado dunhas poutas que non sei a que animal pertencen xa que non abrín os ollos.
O paso do tempo lévame a pensar que a miña historia de neno emigrante en Montevideo foi a mellor medicina para sandar das feridas psicolóxicas do desafortunado encontro cun lobo (disque era unha loba con responsabilidades familiares) no mes de xullo de 1958. Ata o mes de novembro que foi cando embarquei na Coruña puiden cicatrizar das dentelladas pero din que o peor é cando quedas con medo dentro que frea o teu normal desenvolvemento. Estaba moi ilusionado coa viaxe pois desexaba atoparme con meu pai aló nese lugar chamado Montevideo (eu dicía Montemineo) e ningunha loba ou lobo ía impedilo.
Lembro e gardo na memoria unha imaxe que nunca esquecerei. Ía correndo pero antes de que puidese apoiar o pé nunha lucente pedra escura fun arrastrado ata un lugar no que había un noiro que permitía agachar o meu corpo. Recordo que protexín a cara coas mans durante todo o ataque pero non lembro que sentise dor pois estaba nunha nube e non aterrei ata as nove da noite en Santiago de Compostela. Atopan o meu corpo e meu tío cólleme en brazos e lévame ata a casa na que está a miña nai. Recoñecín a súa voz pero logo estiven inconsciente ata que espertei no Sanatorio Baltar. O meu tío (e tamén padriño) lévame na besta (a galope total) ao médico da familia que tiña a súa consulta na Piroga, a uns pasos da ponte de Baio que comunica os concellos de Vimianzo e Zas. O médico, don Braulio, di que deben levarme a Santiago xa que necesito unha transfusión de sangue.
En Baio hai un único coche de alugueiro que é propiedade do señor Mira. Alá imos camiño de Santiago pero aquela carreteiriña era o que era e pouco antes da ponte Faílde (Santa Comba) pincha unha roda. En 1969 fun visitar, con meus pais, ao señor Mira que era unha persoa de máxima cordialidade e lembraba con detalle aquela histórica viaxe xa que cos nervios tremíanlle as mans cando ten que cambiar a roda e apertar os parafusos. Arredor das sete da tarde (o ataque foi máis ou menos as catro da tarde) ingreso no sanatorio do doutor Baltar no mesmo momento en que don Ramón sae para atender unha urxencia. O seu comentario foi algo así: este neno está moi frío...hai que facerlle unha transfusión... a ver se se salva. A cousa foi ben porque as nove da noite espertei e falei coa miña nai para dicirlle que tiña moita sede.
Estiven dous días no sanatorio e a véspera do Apóstolo volvemos para a aldea. A prensa recolle a miña aventura e son coñecido como O Neno do Lobo. Coa cabeza vendada ía pola Alameda da man da miña e achegaban persoas que querían escoitar da miña voz o relato do acontecido e tamén facerme o sinal da cruz da cabeza. Aquelo non me gustaba nadiña. Non abría a boca e a miña nai fixo de coiraza protectora para que os lareteiros non andivesen a remexer con preguntas trapalleiras. O do vir a fuchicar volve a repetirse na feira de Baio pero xa a miña nai estaba preparada e non deixaba que me tocasen na cabeza pedindo sorte e mantíñase firme dicindo que “o neno non quere falar do lobo”. Tampouco na casa houbo quen preguntase xa que entendían que non era bo para a miña saúde que revivise aquel triste episodio de sufrimento. Coido que axiña borrei o suceso porque estaba co pensamento no outro lado do mar e decidido a ir a Montevideo.
- Manuel Suárez Suárez, Dende Lonxe de Montevideo.
OUTROS ARTIGOS DENDE LONXE DE MONTEVIDEO
- Tres mil nomes galegos do Uruguai
- Vou a Montevideo no Cabo de Hornos
- Sempre en Galicia, voz e pensamento galeguista na emigración.
- Pepe e Palestina
- Adiante con “Sempre en Galicia” de Montevideo!
- A loba que pasou por Santa Baia de Tines
- Parabéns, Patronato da Cultura Galega de Montevideo
- A esquina montevideana está de loito.
- O meu querido Uruguai volve ao rego da solidariedade
- En Montevideo desde 1950: Sempre en Galicia
- Imos a Montevideo para o cumpreanos de SEMPRE EN GALICIA
- Sempre en Montevideo desde 1950!
- O camiño de Montevideo
- Unha ducia de galeguismos na linguaxe popular riopratense
- “Nací en Galicia para ser un cantor del campo uruguayo”
- Viva Sempre en Galiza de Montevideo.
- Un día moi especial en Tines.
- A emigración galega no tango riopratense: Bos Aires e Montevideo
- Conversa con Carlos Penelas en Compostela
- Os galegos no tango riopratense
- O meu primeiro entroido montevideano.
- E que viva Montevideo!.
- Os galegos no berce do tango.
- Viva “Sempre en Galicia” de Montevideo!.
- Adiante coa CASA DE GALICIA de Montevideo!
- Carta do Apóstolo Santiago aos benqueridos irmáns da Casa de Galicia de Montevideo.
- Unha conversa no “Bar Facal” de Montevideo.
- A aterraxe dos voitres de Ribera Salud en Montevideo.
- Eu berro forte que a Casa de Galicia de Montevideo non se pecha!.
- O desexo de querer continuar existindo
- Eu defendo a Casa de Galicia de Montevideo!.
- Montevideo in Love.
- Quero estar en Ribadeo o 28 de xullo do 2024.
- Montevideo, 3 de setembro de 1950.
- Un moi xenial enxeñeiro: Eladio Dieste Saint Martin.
- Imos volver!.
- Pobre o meu Uruguai querido!.
- ¡Vos tenés que hacer siempre los deberes!.
- O entruido máis occidental de Europa.
- Montevideo, un lugar cheo de alegría.
- Bo camiño, Tabaré!.
- Vou a Montevideo.
- Moitas grazas, don Xosé.
- O polisón que casou coa miña curmá da Valiña.
- Aquel primeiro domingo en Montevideo.
- Imos volver!.
- Maracanaço.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Aproveitemos o verán frenteamplista antes de que se nuble o sol!.
- Imos coa ola da esperanza.
- Un pequeno paseo por un recuncho do paraíso atlántico galego.
- O futuro da Casa de Galicia de Montevideo.
- As portas do Centro Galego de Bos Aires.
ESPECIAIS TANGO
- Un inmenso creador chamado Carlos Gardel
- A realidade riopratense nas letras do tango
- As primeiras letras do tango.
- A Linguaxe do tango.
- O tango no sainete crioulo de Bos Aires e Montevideo.
- Os primeiros lugares de baile do tango: O Boliche de Pérez Gundín
- O alborecer do tango riopratense
- Os primeiros tantos e milongas (A emigración galega no tango riopratense).
- Os negros (A emigración galega no tango riopratense)
- Os gauchos (A emigración galega no tango riopratense)
- Os galegos no tango riopratense: Os barrios dos emigrantes