A Virxe das Eiroas de Rus, en Carballo
No anterior artigo publicado neste diario, amosábase para a curiosidade dos lectores unha reflexión sobre as distintas advocacións marianas das igrexas de Coristanco, algunhas moi universais, como a do Rosario ou a do Carme, e outras de orixe máis remota e local, como pode ser o título dos «Petoutiños», da freguesía de Ferreira. Hoxe presentamos un título peculiar, propio da veciña parroquia de Rus, en Carballo.
Na fermosa e monumental fachada de Rus, nunha fornela emprazada sobre a súa porta, observamos unha antiga imaxe de granito de Nosa Señora, dun metro de altura. Esta leva un amplo manto que vén desde a súa parte posterior, que a cubre totalmente por diante ocultando o seu vestido ou túnica, e que recolle cun pregue no antebrazo esquerdo. Neste membro, e sobre esa reunión de tea, descansa o Neno Xesús, grande e robusto, que bendice coa man dereita e coa esquerda sostén un orbe. A Virxe presenta unhas faccións redondeadas, doces, e conta cunha leve inclinación cara á súa esquerda, como se estivese falando co Divino Infante. Nada sabemos da súa cronoloxía; temos constancia de que o 12 de xuño de 1785 o pintor local Domingo Antonio Freire se obrigou a pintar o novo camarín da imaxe e as portas da igrexa, pois a fachada fora rematada un par de anos antes; porén, en 1774, este repintara a efixie, e o seu irmán Ignacio fixera o mesmo en 1751. No século XIX, en 1868, Laureano Cao e Vitoriano Arceo restauraron a fornela e a Virxe. Poderíamos levar a feitura, polo menos e con seguridade, ata o século XVII, atendendo ás súas reparacións.
O máis interesante desta peza é a lenda e advocación que a nomea: Nosa Señora das Eiroas. Preto desta igrexa atópase un grupo de fincas coñecidas con ese topónimo onde, segundo a tradición local, apareceu a imaxe da Virxe; esta, unha vez rescatada, foi levada ao templo e recolocada nun lugar especial, exterior, para a veneración dos fieis, onde aínda permanece hoxe.
Outros artigos de Luís Bermúdez sobre patrimonio eclesiástico
- Advocacións marianas nas igrexas do concello de Coristanco
- “O Corpus na aldea”: as festas sacramentais nas nosas freguesías
- Os obxectos dunha casa reitoral de Bergantiños en 1822
- Pablo Ángel Aldao e Breijo: un bergantiñán reitor, cóengo e catedrático
- Santiago Abuelo Lado e Santiago Abuelo Alvite: cregos construtores e benfeitores de Bergantiños
- P. Lino Gómez Canedo, un ilustre franciscano natural de Bergantiños
- Don Pedro Pillado Gómez: fundador do Desencravo de Sofán
- Sor Modesta Salgado Berdía: unha abadesa e reformadora natural de Carballo
- Sor María Francisca Carracedo: Fundadora do Colexio das Fillas da Caridade de Carballo
- Igrexas e ermitáns na zona de Bergantiños
- Unha misión xesuíta de 1673 polas parroquias da Costa da Morte
- A accidentada visita pastoral de Coristanco do ano 1879
- A imaxe de San Amaro de Bértoa: unha talla rebautizada
- Santa Eufemia en Bergantiños: unha devoción chegada das terras de Trazo
- Santos catacumbais na Arquidiocese de Santiago: San Fidel de Carril, mártir
- José Carballeira Pérez (1858-1942), benemérito párroco de San Xoán de Carballo
- A devoción a Santa Apolonia en Castro
- Santos catacumbais na Arquidiocese de Santiago: San Vitorio, mártir
- Un crime de novela acontecido en 1895 nunha parroquia de Carballo
- Noventa e cinco anos da imaxe da Virxe Milagrosa en Entrecruces
- Unha nova aldea para unha gran igrexa: a construción dunhas vivendas públicas no entorno da parroquial de Rus en 1789
- Os párrocos de Santa María de Traba e San Martiño de Oca, en Coristanco, dende finais do século XVI
- Un libro de rendas e esmolas da parroquia de Santa Baia de Castro, en Coristanco, do ano 1711
- Un documento inédito redactado en Rus en 1796: o testamento da esposa do artista Ignacio Tiburcio Freire
- Ritos e liturxia popular nos santuarios da zona de Bergantiños
- Santos catacumbais na Arquidiocese de Santiago: San Calisto, mártir
- O incendio do retablo de Noicela en 1906
- A reliquia de Santo Outelo de Goiáns
- Narciso Coello de Portugal (1864-1945), crego de Bértoa
- Unha imaxe peculiar e valiosa: a Virxe de Guadalupe de Oza
- Os párrocos de Bergantiños na visita pastoral de 1817
- A contratación da campá maior de Rus, en Carballo, en 1791
- A cruz parroquial de Verdes, en Coristanco: unha das pezas de prata de máis antigüidade na zona de Bergantiños
- As constitucións de 1771 da confraría de Santa María de Ferreira
- Analizando polo miúdo a custodia de San Pedro de Valenza, en Coristanco
- Setenta anos da chegada de don Cipriano Reiriz de Dios (1902-1983) a Valenza, Coristanco: o crego que fixo progresar o rural.
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través da visita pastoral de 1817
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través das visitas pastorais dos séculos XVII e XVIII
- Milagres da Virxe de Pastoriza nas comarcas de Bergantiños e Soneira
- Santos e marcos: a discusión entre san Xián e santa Baia polo lugar de Lume da Cova
- A pirotecnia e as festas de Bergantiños no pasado
- A supresión e anexión das parroquias de San Xusto e Verdes
- Os toques das campás en Bergantiños e o contrato das campás de Oza, Xaviña e Lemaio
- As capelanías existentes en Bergantiños a mediados do século XVIII
- O preito de Santa Minia de Seavia (1870)
- Algunhas sepulturas históricas nas igrexas da zona de Bergantiños
- Don Nicolás Varela Díaz: un fillo ilustre da comarca de Bergantiños
- A devoción a san Antonio de Padua na parroquia de Agualada
- A Virxe da Saleta de Silván: avogosa e protectora das patacas de Coristanco
- A capela das Salgueiras, en Coristanco: de ermida particular a templo veciñal
- A devoción a san Roque na comarca de Bergantiños