3ª Autonómica: A Mikaela e o Muxía case poden co Cerqueda mentres o Ameixenda adica a vitoria a Manolín



Deixa aínda máis destacados esta xornada 24 aos Cerqueda e Ameixenda no alto da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O líder, a pesar da Mikaela de Buño, sumaba a súa 10ª vitoria consecutiva ante o Muxía, nun encontro de tolos. E os ceenses quixeron, no debut de Pato, adicar a vitoria a Manolín, que decidía deixar o equipo esta pasada semana.
A loita pola promoción segue estancada. Descansaba o Lira e caían Nantón e Muxía, polo que a cousa entre os 3, tendo a Coristanco e Corcubión máis destados.
Castrelo - Laxe (1-0)
- CASTRELO: David Buxantes, Raúl, Edreira, Pichón, Quintáns, Diego, Luís, Stiven, Suso (Víctor, min.77), Félix e Lucho.
- LAXE: Jacobo, Miguel, Borja, Suárez, Rubén, Jacinto, Gora, Djamel, Sergio, Elías e Roberto.
- Gol: 1-0, min.89: Félix.
Partido marcado polas baixas dos dous equipos. Polo bando deportivista contaban cun cambio e mentres que o Laxe chegaba sen trocos ao Municipal de Vimianzo. Durante todo o partido non houbo un dominador claro. O equipo vimiancés estivo moi ben plantado en defensa pero sen ideas en ataque. A mellor ocasión da primeira parte chegaria por parte do Castrelo unha boa combinación entre Stiven e Lucho que este mismo poñia un bo centro que pasa pola área pequena sen rematador. Poucas ocasións de gol na primeira parte.
Despois do descanso os equipos estirarianse un pouco e o Laxe disfrutaría dun tiro de Gora dende fora da área que marcha desviado e dun remate nun barullo que saiu mui desviado. O Castrelo tería a mellor ocasión del gol do partido, cando Lucho se metía diante de Jacobo con este batido pero tropeza e non consegue rematar. Xa no 89 Félix nunha das últimas xogadas do partido tira dende fora da área colando o balón pola escadra imposible de atallar para Jacobo.
Partido que demostra de novo a mala sorte deste Laxe nesta campaña.
Ameixenda - Corcubión (3-0)
- AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jorge, Samuel, Iván Pequeño, Jesús (Vicente, min.81), Javichu, Demetrio, Álex, Mario (David, min.75), Momaño (Bichiño, min.80) e Cristian.
- CORCUBIÓN: Beto, Javi, Trillo, Lema, Balucho, Sebas, Gabi, Berto, Gorka, Lourido e Coiradas. Tamén xogaron: Senra, Checho e Sito.
- Goles: 1-0, min.51: Mario de penalti; 2-0, min.80: Jesús define nun man a man con Beto; 3-0, min.86: Cristian.

Sen paliativos a vitoria do Ameixenda ante un mermado Corcubión, adicada a Manolín polo equipo ceense. Debutou con bo pé Pato na súa volta aos bancos. Moi bo partido dos ceenses que se embargo non acabaron de finiquitar o choque ata os últimos minutos.
Dominou o cadro local na primeria pero sen grandes ocasións, e foi o corcubionés Mario o que marcaba para o Ameixenda ante o seus ex compañeiros. Tivo aí o Corcubión algunha opción de igualar pero Jesús facía o segundo a 10 para o final, e Cristian, outro ex branquiazul, facía a puntiña.

Nantón - Coristanco (0-3)
- NANTÓN: Ernesto, Dani Costa, Carlos Santos (Raúl, min.82), Félix, Diego, Carlos Vidal (Dani Blanco, min.70), Lareu, Amado (Petelele, min.85), Luís, Martín e David (Iván, min.62).
- CORISTANCO: Jack, Jose (Suso, min.70), Sergio, Mato, Facal (Marcos, min.46), Iván, Pazos, Joni (Moreno, min.50), Joaquín (Bértoa, min.60), Ivi e Gonzalo.
- Goles: 0-1, min.20: Joni tras un balón peiteiado; 0-2, min.47: Joni de remate acrobático; 0-3, min.70: Iván de penalti cometido sobre Ivi.
Partido máis igualado do que sinala o marcador entre dous bos equipos. Comezaba moi ben posicionado o Nantón, con maior protagonismo no xogo e xa avisaba ós 15 minutos Luís cun forte disparo que se estrelaba no pau. Continua o partido bastante igualado e romo, pero con moita loita e entrega, e era o Coristanco o que aproveitada unha xogada para adiantarse. Joni tiña ademais un balón a porta baleira para facer o segundo pero o balón non entrou. Si o fixo o seu remate acrobático á volta do descanso do descanso, despois de outros bos 20 minutos do Nantón, pero que non tiveron o premio do gol.
Na segunda metade saía moi despistado o Nantón ó campo, e recibiría ese segundo gol que os espabilaba, tras un erro pouco habitual no cadro de Luís. O Coristanco podía ampliar a renda e o Nantón seguía sen crear ocasións claras de gol, ainda que coa entrada de Ivan gañaba en velocidade e verticalidade; e o Coristanco esperando a poder matar o partido nalgunha saída á contra. E este chegaría no minuto 70, desta volta de penalti cometido sobre Ivi que non fallaría Iván.
Cerqueda - Muxía (6-4)
- CERQUEDA: Ángel (Rubén, min.40), Sergio (Pailos, min.62), Atu (Pablo, min.57), Dani, Javi Pazos, Alberto Verdes, Lorenzo, Xabi (Luchi, min.27), Darío, Dani Seaia (Javi, min.42) e Jacobo.
- MUXÍA: José Antonio, Juan, Conguito, Gerardo, Peski, Martín, Javi, Pataca, Alberto, Iván e Arxires.
- Goles: 1-0, min.12: Darío; 1-1, min.25: Arxires despois de pelexar un balón; 1-2, min.27: Alberto; 2-2, min.32: Jacobo; 2-3, min.50: Javi; 3-3, min.52: Darío; 4-3, min.65: Lorenzo; 4-4, min.72: Alberto de penalti; 5-4, min.88: Javi; 6-4, min.90: Darío.
- Lesións: Ángel e Dani Seaia.

Partido de tolos en Xaviña de Buño, coa Mikaela de telón de fondo. Nun choque nos que os Muxiáns se meteron ata en 2 ocasións por diante e criticaron duramente a actuación arbitral, que lles sinalou varios fóras de xogo moi dubidosos que supuñan claras ocasións de gol. Pero os locais tiraron de efectividad, 6 disparos a portería e 6 goles.
O Cerqueda empezou o partido durmindo e moi baixos, cun Muxía mandón, que dominou e dispuxo das mellores ocasións. Adiantouse o Cerqueda pero pronto despois o Muxía daba a volta ao marcador tras dous erros da defensa local. Respostaba de novo, na seguinte chegada o Cerqueda, ante un Muxía que non se rendía ante a efectividade total do líder.
Arrincaba a segunda metade co mesmo guión, cun Cerqueda algo durmido e o Muxía moi enchufado e Javi metía de novo ao Muxía por diante cun golazo dende o medio campo. Pero respostaba pronto o Cerqueda volvía empatar, e se metía por diante pero os muxiáns empataba tralo penalti que transformaría Alberto.
Quedaban só 15 para o final e parecía que o Muxía podía aguantar, pero a só 2 para o final, Darío facía o 5º que acababa cos ánimos dos visitantes. Darío, con outra cabalgada dende o medio campo, facía o definitivo 6º gol, deixando un marcador propio do tenis, nun choque no que o Muxía puido ter sumado alomenos un punto.
Aquí están o 2º e o 5º gol dos cerquedáns:
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.23: Vía libre para Cerqueda e Ameixenda.
- X.22: 8ª vitoria do Cerqueda e paso atrás do Muxía.
- X.21: O Cerqueda vai sen freos.
- X.20: O Cerqueda pega de novo.
- X.19: O Ameixenda recupera o bastón de mando.
- X.18: O Cerqueda toma o relevo do Ameixena.
- X.17: A 3ª Autonomica comeza o ano con moitos goles e goleadas.
- X.16: O Ameixenda pecha un gran ano baixando unha marcha.
- x.15: O Corcubión freou ao Ameixenda.
- X.14: O Ameixenda non ten parada.
- X.13: Todos xogan.
- X.12: 5 equipos á caza do Ameixenda.
- X.11: O Cerqueda amosa crecendeciais ante o Ameixenda.
- X.10: O Ameixenda non sabe perder e o Castrelo xa sabe gañar.
- X.9: O Ameixenda pecha imbatido unha apretada primeira volta nunha atípica xornada de goleadas.
- X.8: O Ameixenda escapa.
- X.7: O Ameixenda tamén gaña sufrindo.
- X.6: O Ameixenda aproveita o descanso do Lira e xa se pon de líder.
- X.5: O Lira non cede e tira de fortuna.
- X.4: O Lira ponse ao mando.
- X.3: Igualdade e moita tensión.
- X.2: O Lira ponse ao mando.
- X.1: A 3ª Rexional das 4 voltas xa está en marcha.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: O Soneira voa e o Sofán aterra, mentres Esteirana e Corme vén a luz.
- Preferente: Novo cambio de papeis.
- Resultados e análise doutra xornada de Entroido no Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- O Manuela Rial, o Muxía e o Fisterra, campións das LCFS.
- O novo local social do Sofán, unha viaxe pola historia da SD.
- 4 clubs na reunión da Asociación de Clubs do Fútbol da Cota.
- QPC entrevista a Emilio Uzal, adestrador da UD Cerqueda, líder da 3ª.
- Convocada unha reunión dos clubs do Fútbol da Costa.
- Aprétanse as táboas dos Pichichis costeiros.
- Víctor Espasandín: Coñecendo a un xalleiro na elite do fútbol español.
- O Estética Raquel mantense invicto no ecuador das Ligas de FS de Cee.
- Comezaron as obras para instalar céspede artificial en Agra da Filgueira.
- A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa.
- O Campo do Carreiro ou a forza dos veciños.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).