3ª Autonómica: O Cerqueda cae tras 14 partidos e o Ameixenda recupera espazo



Dicíamos a semana pasada que o Coristanco abría a pelexa polo ascenso directo. Pero nesta 27ª xornada da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, o Ameixenda quixo dar un golpe na mesa e solventaba un dos campos complicados, o de Lombáns, ante un gran Lira que non puido sacar nada positivo da visita do cadro ceense.
Lira - Ameixenda (1-2)
- LIRA: Peipo, Santi, Josiño, Pelos, Pardelo, Pata, Deme, germán, Manu, Cibrán e Oli. Tamén: Fran Perico, Adrián Porto e Miky.
- AMEIXENDA: David, Purty, Samuel, Bichiño, Momaño, Javichu, Borja (Jorge, min.7), Jesús, Mario (Demetrio, min.70), Cristian e Andrés.
- Goles, 0-1, min.13: Momaño, desde fóra da área pola escuadra; 0-2, min.35: Mario de penalti; 1-2, min.70: Fran Perico.

Recuprou a senda da vitoria o Ameixenda de Pato, e o fixo no sempre complicado campo de Lombáns. O Lira, con Fran Perico de novo sobre o céspede, xogou moi mal a primeira hora de xogo, na que o cadro ceense se metía por diante co golazo de Momaño e de Mario dende os 11 metros.
Pero na segunda, o penalti que marraba Mario (parada de Peipo) de novo aos 15 minutos, espabilaba aos lirachos, que se voclaron sobre a meta de David. Era o propio Fran Perico o que na seguinte xogada recurtaba e o Lira tivo ocasións para conseguir unha igualada que nunca chegaría, a pesar das protestas dos locais.
Muxía - Laxe (3-1)
- MUXÍA: Papi, Juan Antonio, Peski, Martín, Alberto (Julián, min.60), Conguito, Javi, Gerardo (Man, min.80), Jonathan (Tomás, min.70) e Arxires (Castreje, min.80).
- LAXE: Jacobo, Bras, Lema, Jose, Borja, Jacinto, Adri Lema, Gora, Chamy, Djamel e Aarón. Tamén: Santi e Rubén.
- Goles: 0-1, min.30: Gora; 1-1, min.55: Conguito; 2-1, min.80: Conguito; 3-1, min.90: Tomás.
- Expulsión: o laxense Bras no min.57 e o muxián Juan no min.75.
- Lesión: o laxense Chamy.

Fermoso o comezo do partido en Arliña, cun pasilo ao equipo Alevín, que viña de proclamarse campión das Ligas de LCFS< en categoría Alevín. Ademais, o Muxía tamén tivo o detalle de homenaxear a Eva Lema, recentemete campiona de España ca Selección galega de Fútbol Sala.
Empezaba o partido moi igualado, co Laxe de Rochi moi enriba e facendo dano aos muxiáns. Marcaba Gora á media hora e o Laxe marchaba aos vestiarios con bo sabor de boca.
Pero cambiaron as tornas na segunda, O Muxía pedía penalti e de seguido Conguito conseguía a igualada. Ese gol e a expulsión de Bras fixo demasiado dano aos visitantes, que se viñeron abaixo mentres o Muxía ía estirando filas ata que a 10 do final, o propio Conguito facía o segundo, o meta Jacobo paraba un penalti, pero non podía co gol do xuvenil Tomás xa no desconto.
Nantón - Cerqueda (2-1)
- NANTÓN: Erni, Carlos (Dani Costa, min.63), Lareu, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio (Albertiño, min.62), Amado, Luís, Martín e Iván, (David, min.86).
- CERQUEDA: Rubén, Pailos (Uru, min.68), Dani, Javi Pazos, Sergio (Pedro, min.78), Alberto Verdes, Lorenzo, Darío, Juanjo (Xabi, min.54), Luchi e Jacobo.
- Goles: 1-0, min.68: Alberto Costa tras unha xogada entre Iván, Carlos Vidal e Luís; 1-1, min.78: en propia porta; 2-1, min.93: Alberto Costa.

Por fin cortaba o Nantón a xeira de malos resultados, e o facía conseguindo a vitoria ante o líder, nun partido moi igualado onde Alberto Costa, nova fichaxe do Nantón, procedente do Baio, debutaba na sua volta a casa da mellor maneira posible, facendo os dous goles do Nantón, o segundo no desconto, que supuña a primeira derrota dos de Emilio Uzán nos últimos 14 partidos.
Primeira metade moi igualada, onde cada equipo levou o peso do xogo por tramos do encontro, aínda que sen moitas ocasións, e cos dous equipos ben prantados e moi serios en defensa. O Cerqueda saíu lento e chegando tarde aos balóns divididos, pero controlando ben en defensa. A primeira clara para Darío que o porteiro Erni fixo unha gran parada. igual que a unha falta de Alberto Verdes. Por parte do Nantón, unha boa chegada de Fabio por banda, e Iván ata en dúas ocasións puxeron en apuros á zaga do Cerqueda.
Na segunda metade chegarian os goles. Primeiro, o árbitro anulou un gol o Cerqueda no 60 por fóra de xogo protestado polos cerquedáns. Pronto marcaría o Nantón en boa xogada combinativa, pero de seguido empataría o Cerqueda en propia porta tras un centro de Alberto Verdes. E cando parecía que o partido morrería así, xa no desconto, unha indecisión de Rubén na saída, tras un cambio de xogo de Luís a Alberto deixaba o balón para o xogador local marcase de tiro cruzado, facendo o segundo da tarde e o definitivo 1-1 no marcador.
Coristanco - Castrelo (2-0)
- CORISTANCO: Nacho, Jose, Sergio, Mato, Marcos (Xabier, min.55), Joni, Pazos, Iván (Rubén, min.65), Ivi, Juan e Gonzalo (Bértoa).
- CASTRELO: David Buxantes, Raúl (Berdoias), Pichón, Quintáns, Marcos, Luís (Suso), Roi (Javier), Félix, Diego, Capote e Lucho (Elvis).
- Goles: 1-0, min.11: Gonzalo a pase de Ivi; 2-0, min.65: Gonzalo remata un pase de gol de Juan.
Partido moi igualado no que o cadro verde estivo máis acertado cara gole, e se aproveitou dos erros da defensa vimiancesa. Arrincaba o choque e o Castrelo poido adiantarse no marcador, pero era Gonzalo o que abría o marcador moi pronto. Respondía o Castrelo cun balón ao longueiro de Roi, e aguantaba moi ben facendo dano por medio de Lucho á defensa dun Coristanco que tamén tiña ocasións para ampliar o marcador.
Despois do descanso o partido seguía moi igualado pero parecía que o Castrelo estaba mellor e disfrutaba dos mellores minutos do partido combinando fácil e rápido e chegando á portería, mesmo con outro balón á madeira. Pero ese pau esperatab aos locais, que nunha contra marcarían o 2-0. O Castrelo seguiría intentándooo e Capote e Félix estrelaria un balon cada un no longueiro, mentres Ivi tamén tivo un man a man e Juan outro pau para o Coristanco. E así chegaria o final un Castrelo que vatia unha e outra vez no longueiro da porteria defendida por Nacho.
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.26: O Coristanco abre a pelexa polo ascenso directo.
- X.25: O Muxía métese, por fin, en postos de Promoción.
- X.24: 3ª Autonómica: A Mikaela e o Muxía case poden co Cerqueda mentres o Ameixenda adica a vitoria a Manolín.
- X.23: Vía libre para Cerqueda e Ameixenda.
- X.22: 8ª vitoria do Cerqueda e paso atrás do Muxía.
- X.21: O Cerqueda vai sen freos.
- X.20: O Cerqueda pega de novo.
- X.19: O Ameixenda recupera o bastón de mando.
- X.18: O Cerqueda toma o relevo do Ameixena.
- X.17: A 3ª Autonomica comeza o ano con moitos goles e goleadas.
- X.16: O Ameixenda pecha un gran ano baixando unha marcha.
- x.15: O Corcubión freou ao Ameixenda.
- X.14: O Ameixenda non ten parada.
- X.13: Todos xogan.
- X.12: 5 equipos á caza do Ameixenda.
- X.11: O Cerqueda amosa crecendeciais ante o Ameixenda.
- X.10: O Ameixenda non sabe perder e o Castrelo xa sabe gañar.
- X.9: O Ameixenda pecha imbatido unha apretada primeira volta nunha atípica xornada de goleadas.
- X.8: O Ameixenda escapa.
- X.7: O Ameixenda tamén gaña sufrindo.
- X.6: O Ameixenda aproveita o descanso do Lira e xa se pon de líder.
- X.5: O Lira non cede e tira de fortuna.
- X.4: O Lira ponse ao mando.
- X.3: Igualdade e moita tensión.
- X.2: O Lira ponse ao mando.
- X.1: A 3ª Rexional das 4 voltas xa está en marcha.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: O Outes tropeza e a pelexa por abaixo ponse máis quente.
- 1ª Autonómica: A Esteirana albisca o final do túnel e o Corme confirma o seu salto.
- Preferente: Haberá que ollar o retrovisor?.
- Resultados e análise dunha xornada de Fútbol costeiro con título incluído.
Novas relacionadas
- Xa temos os cadros da II edición das Copas da Costa Cadete e Infantil.
- A Cantina alonxa ao Estética Raquel do título da Liga de FS de Cee.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
- Reunión para perfilar as Copas Cadete e Infantil.
- Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).