O Dumbría encarrila o ascenso á Liga Galega Xuvenil

Encarrila a primeira fase de ascenso este xigante Dumbría tras vencer neste primeiro partido do triangular inicial. E o fixo tras un partido con moito nerviosismo por parte de ambos equipos, pero no que os dumbrieses comezaron moito máis dubitativos que os cercedenses e con certas imprecisións impropias deles, que se decidía no min.92 cun gol de Maikel.

CCD Cerceda - CF Dumbría (0-1)

  • CCD Cerceda: Rumbo, Xane, Andrés, Víctor, Miguel Ángel, Gonzalo, Eirís, Pablo Fueyo (Brandon, min.66), Rubén, Abel e Brais.
  • CF Dumbría: Iván, Roberto, Duarte, Cabana, Jano, Yeray, Martín (Maikel, min.58), Adrián Alcaina, Marcote (Edu, min.72), Pablo Pardiñas (Canario, min.92), Javi (Charli, min.88).
  • Goles: 0-1, min.92: Maikel.
  • Expulsións: O míster dumbriés Diego Lobelos, no minuto 77, e o dianteiro Marcote no minuto 88, cando xa estaba no banquillo.
Partido con moito nerviosismo por parte de ambos equipos, pero no que os dumbrieses comezaron moito máis dubitativos que os cercedenses e con certas imprecisións impropias deles. Comezou avisando o Cerceda, logo dun erro da defensa do Dumbría que a piques está de aproveitar Abel, pero un inconmensurable Iván gáñalle o man a man. Respostaría cinco minutos despois os dumbrieses, pero Marcote non sería quen de definir no man a man con Rumbo. Logo desto, o partido sería dominado polos cercedenses pero estes en ningún momento inquedaron a portería defendida por Iván, na tarde deste venres en Xaviña (Buño). Antes do descanso, o porteiro do Cerceda atrapa sen problemas un frouxo disparo de Marcote, tras recibir un pase á espalda da defensa. Á volta dos vestiarios, o Cerceda saíu cunha gran presión sobre a defensa dumbriesa durante os primeiros dez minutos desta segunda metade, e aos dous minutos Abel tivo unha dobre ocasión pero o seu primeiro remate queda morto dentro da área pequena tras bater nun xogador do Dumbría e na segunda non é capaz de superar a Iván no man a man. Pero co paso dos minutos, os cercedenses foron baixando fisicamente e o Dumbría foi collendo o mando pouco a pouco. Avisaría Yeray ao rematar unha falta botada por Martín, que atraparía Rumbo sen problemas. As entradas no terreo de xogo, de Maikel e Edu, daríanlle outra cor ao equipo de Diego Lobelos e Óscar Leis, e faríanse co dominio total do encontro. No minuto 77, chegaría a xogada polémica do partido, logo de que Miguel Ángel derrubase ao porteiro do seu equipo cando Javi se dispoñía a facer o primeiro gol da tarde, o colexiado asubiou falta do dianteiro dumbriés ante a incredibilidade dos presentes en Xaviña, e a raíz desto chegaría a expulsión de Diego Lobelos, por decirlle “chocan entre eles”. Seguiría o encontro logo desto, e un minuto despois da polémica do partido, o Dumbría perdonaríalle a vida ao Cerceda cando Maikel primeiro e logo Javi non foran quen de superar a Rumbo, no man a man. A falta de cinco minutos para o final, Pablo Pardiñas estrelaría o esférico no longueiro tras unha xogada individual. O árbitro buscaría máis protagonismo coa expulsión de Marcote, cando xa se atopaba no banquillo, reclamándolle que fose atender ao seu compañeiro Javi, que estaba tumbado sobre o céspede logo de que este recibise un forte golpe na cabeza, pero o colexiado en lugar de preocuparse polo xogador dumbriés, estaría máis pendente do banco. E cando ambos equipos, xa contaban co 0 a 0 como resultado final, Maikel despertaría o delirio na familia do Dumbría, tras batir a Rumbo no man a man para poñer o definitivo 0-1, resultado que lle serviría para sumar os primeiros tres puntos nesta fase e para adicarlle esta victoria ao noso compañeiro Jorge Parri, que non está pasando un bo momento. Na tanda de penaltis para o desempate, os dumbrieses tamén vencería por 4 a 2. Domingo, o conxunto que dirixen Diego Lobelos e Óscar Leis, enfrontarase ao Sta María del Mar. Con sumar un punto neste encontro, o Dumbría xa sería campión desta fase previa da fase de ascenso á liga galega xuvenil.

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte