Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Copa Xuvenil: O Dumbría sentenza a final adiantada mentres Muros e Corme empantan

Copa Xuvenil: O Dumbría sentenza a final adiantada mentres Muros e Corme empantan
Xuvenis Muros e Corme saltando ao Eleuterio Balayo-Foto-Fin Lema

Doble sesión de Copa da Costa Xuvenil esta ponte de maio. Xa o xoves 1 de maio chegaban uns intensos partidos de volta dos Cuartos, con varias sorpresas. Se a Esteirana superaba ao Cabana por partida doble, o Dumbría facía o propio co Outes. En Muros, o cadro celeste apeaba ao Cee, gracias ao empate no Eleuterio Balayo e á vitoria na ida por 0-2. Un pase que, en todo caso, saíulle caro ao Muros pois o xogador Mancebo sufría unha rotura de peroné. Quedaba a última eliminatoria, e o Corme volvía vencer pola mínima ao Fisterra e se metía nas semis.

Traían as Semifinais desta Copa unha final adiantada. Os dous mellores equipos do ano, os dous equipos que nos representarán na Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, enfrontábanse no Xosé Luís Vara. Pero só houbo un equipo sobre o campo. O Dumbría foi netamente superior e leva unha seria vantaxe que lle permite poñer un pé na finalísima do 17 de maio.

Mentres, na outra parte do cadro, dous equipos moi parellos se enfrontaban en Muros. O Corme visitaba o Eleuterio Balayo e tras ir 3 veces por diante, e cun final de infarto, o partido remataba cun empate que deixa todo aberto para a festa que teñen armada no Cairo este sábado.

banner-tenda-maisdeporte-cee

Esteirana - Dumbría (0-4)

  • ESTEIRANA: Mj, Bolo, Tiko, David, Rafa, Adri, Damián, Pablo, Manu, Raúl e Adrián. Tamén xogaron; Cristian e Fabio.
  • DUMBRÍA: Iván, Duarte, Maikel, Cabana, Martín, Jano, Edu, Adrián, Marcote, Pablo e Javi. Tamén xogaron: Juan, Mauro, Kevin e Portu.
  • Goles: 0-1, min.25: Edu desde fóra da área pola escuadra; 0-2, min.55: Javi de falta; 0-3, min.61: Javi; 0-4, min.70: Juan de Dora.
  • Expulsión: o esteirán Rafa (min.55)

Traía unha finalísima adiantada estas semis, pero ambos conxuntos chegaban con importantes baixas. Por parte local, Martín só tiña 2 cambios polas baixas de Codesido, Tobío, Jose, Sergio, Davichi e Marcos. E por bando viistante Diego Lobelos e Óscar Leis tampouco puideron cos lesionados David, Yeray, Lucas e Roberto.

A primeira metade foi bastante igualada, co cadro visitante levando lixeiramente o peso, con algunha chegada polos dous bandos e un tanto, o do dumbriés Edu dende fóra da área e por toda a escuadra.
O partido e a eliminatoria decidiríase aos 10 minutos da segunda metade, cando o colexiado sinala unha falta ao borde da área, expulsa ao esteirán Rafa e aínda por riba Javi marca o segundo, que xa puña o choque costa arriba para os locais.

A partir de aí, a calor facía mella no tocado cadro local e o Dumbría facía valer a súa superioridade cun dominio absoluto. O propio Javi e Juan de Dora sentenciaban a eliminatoria.

Muros - Corme (4-4)

  • MUROS: Matías, Yeray, Veloso, Samu, Diego, Santi, Miguel, Ramón, Piki, Hugo e Adri. Tamén xogaron: Manute, Juanche, Airan e Edu.
  • CORME: Rubén, Sergio Fariña, Iván, Cristian, Eloy García, Brais, Antoniño (Isma, min.80), Kike (Palmiro, min.85), Alejo (Eloy Castro, min.60), Juanma e Manu (Bruno, min.90).
  • Goles: 0-1, min.10: Alejo; 0-2, min.39: Juanma; 1-2, min.40: Eloy García en propia meta; 2-2, min.50: Manute; 2-3, min.60: Alejo; 3-3, min.82: Adri; 3-4, min.83: Juanma dende o círculo central tras sacar de centro; 4-4, min.87: Miguel.
  • Lesión: o porteiro cormelán Rubén.

Partido moi bonito, de ida e volta, e moi igualado o vivido no Eleuterio Balayo. Ara en 3 ocasións se puxo o Corme por diante e ata en 3 ocasións igualou a contenda un Muros que non vai dar nada por perdido.

O Muros empezou moi metido no partido, combinando ben e buscando máis a área contraria. Pero era o Corme o que se adiantaba aos 10 minutos gracias a un Alejo que estivo moi pillo aproveitando un erro de Matías no despexe. Seguía o Corme armado e o Muros intentando combinar e chegar pero non chegaban ocasións claras. Cando quedaban 6 para o descanso un tiro de Juanma bate nun defensa e se cola na meta de Matías.
Parecía que o Corme podería sentenciar pero na seguinte xogada, Samu sacaba de banda en longo e entre un central e o porteiro cormeláns anotaban un gol en propia que daba vida ao cadro celeste. Protestaron aínda antes do descanso os muradáns un posible penalti e un “gol pantasma” que non subíu ao marcador.

Á volta dos vestiarios, o Muros saíu con todo e pronto empatou por medio de Manute. Pero o Corme, lonxe de virse abaixo, xuntou forzas e se repuxo dos dous mazazos que sempre supoñen os goles antes e despois do descanso. Alejo foi quen faría de novo o 3-2 para poñer ao Corme por diante.
Subíu filas o Muros e aínda quedaba o mellor, 5 minutos de infarto cos que se pecharía o partido. Era Adri o que facía o empate, pero xusto ao sacaren de centro, despois dun pequeno tumulto entre afeccionados, Juanma probaba e sorprendía ao porteiro anotando o 3-4 dende o círculo central. Volveu erguerse o Muros que atacou con todo nos últimos instantes e tivo o premio do empate por medio de Miguel, cando só faltaban 3 para o remate.

E se o Muros non poderá contar con Mancebo, probablemente o Corme non poderá contar co porteiro Rubén, que sufría un golpe contra o final, polo que Alejo, tras meter dous goles o sábado, meterase baixo paus. Pero o cadro azulón, recuperá a velocidade de Fran, a Yoshua, que se recupera do xeonllo, e mais a Sergio, que baixará dos maiores, e posiblemente Koeman, que aínda está cunha escordadura e probará.

Final de cine para un fermoso choque que deixa todo aberto para a volta do sábado, que se xogará antes das Festas de San Corme CF, para celebrar o título da Liga da Costa dos maiores.

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios