Copa Xuvenil: 3 vitorias visitantes e unha local


Arrincou a Ida dos Cuartos da Copa da Costa Xuvenil. E o fixo con 3 vitorias visitantes e unha soa local, o que dá vantaxe a Dumbría, Muros e Corme de cara á volta deste xoves 1 de maio.
Lembren ademais que se o xoves toca Volta dos Cuartos, o sábado toca xa a ida das Semifinais, desta Copa que remata o 17 de maio, o Día das Letras Galegas, a partido único.
Esteirana - Cabana (2-0)

- ESTEIRANA: Marcos, Bolo, Tobío, Code, Rafa, Adri, Damián, Pablo, Manu, Jose e Adrián. Tamén xogaron: Mj, Tiko, Sergio, Fabio e Davichi.
- CABANA: Adrián Vázquez, Aurelio, David, Dani, Laik, Diego Cacha, Sergio, Álex (Darío), José Ángel (Gonzalo), Redondo (Pablo) e Iván (Javi).
- Goles: 1-0: Pablo; 2-0: Manu.
- Expulsións: os cabaneses Diego Cacha na primeira por unha falta que cometera Dani; e Laik no min.60.
O Cabana, que protestou a actuación arbitral, estaba facendo un bo partido, pero xogar con 10 dende a primeira metade e con 9 media hora da segunda foi demasiado ante un rival da entidade da Esteirana, un dos equipos que nos representarán na Fase de Ascenso á Liga Galega. Unha Esteirana que mesmo marrou un penalti que puido ter sentenciado a eliminatoria.

Outes - Dumbría (1-2)

- OUTES: Yoel, Brión (David Hortas, min.7), Rafa, Simón, Jura, Ibra (César, min.46), Babu (Borja, min.60), Samuel, Cutu (Fran, min.70), Veleiro (Xurxo, min.46) (Adán, min.60) e Zeta.

- DUMBRÍA: Iván, Roberto, Portu, Cabana, Jano, Yeray, Maikel, Adrián, Edu, Pablo e Javi. Tamen xogaron: Martín, Kevin, Charly e Marcote.
- Goles: 0-1, min.43: Edu pola escuadra; 1-1, min.55: Babu de penalti; 1-2, min.90: Martín aproveita o rexeite do porteiro a tiro de Marcote.
- Lesións: os locais Brión e Veleiro.
Partido moi igualado no Cunchdo. Cun Outes esperando atrás e tratando de salír á contra. Na primeira metade saíu mellor o Dumbría, superior ante un Outes que estaba con baixas (ata 5 cadetes), e a pouco do final o cadete Edu puña o balón na escuadra para facer o 0-1.
Na segunda metade, a entrega do Outes, e o gol a favor marcado por Babu de penalti aos 10 minutos, puxo o partido de cara para os da Serra, que tiveron ocasións para darlle a volta ao marcador, como unha de Babu á que respostou de xeito sobresaliente Iván.
E xa contra o final, Marcote tirou de calidade fixo un xogadón e forzou un rexeite do porteiro que Martín, chegando dende atrás non desaproveitou.
Queda un sabor de boca estrano en Outes, pois é destas derrotas que parece vitorias ao facer un gran partido ante un grandísimo rival.
Cee - Muros (0-2)
- CEE: Paulo, Abraham (Ferrío, min.80), Tivi, Esteban, Carlos Leis, Tebo, Nanón (Lela, min.78), Andrés, Rafa, Felipe e Pablo.
- MUROS: Matías, Yeray, Veloso, Samu, Diego, Santi, Miguel, Ramón, Piki, Adrián e Hugo. Tamén xogaron: Airán, Edu, Macheda, Mancebo e Sergio.
- Goles: 0-1, min.55: Adri; 0-2, min.75: Santi a centro de Adri.
Demasiado premio para un sólido partido do Muros en Cee. Unha primeira metade igualada na que o Cee creou máis perigo, pero poucas ocasións, e que reclamou un claro penalti a Rafa cando xa se marchara de Matías.
Xa na segunda o mesmo guión; ata que nun córner Adri fai o primeiro para os muradáns, mentres os ceenses quedaban protestando unha posible falta sobre o meta Paulo.
Tivo o Cee unha para empatar pero o balón de Picallo pegou ao pau despois de que un defensa muradán despexara ca cabeza. E de seguido, 0-2, de novo de córner, para pechar un partido máis igualado do que sinala o marcador.
Fisterra - Corme (0-1)
- FISTERRA: Ángel, Javi, Rubén, Breixo, Cartamil (Josema, min.46), Noé, Gabi (Dani, min.55), Benlloch (Gabi, min.65), Josiño (Asiel, min.70), Manute (Pazos, min.46) e Abel.
- CORME: Rubén, Cristian, Iván, Koeman, Joshua, Brais, Antoniño, Sergio Fariña (Eloy García, min.77), Juanma, Kike (Isma, min.86) e Alejo (Eloy CR, min.55).
- Goles: 0-1, min.88: Eloy CR.
Partido moi igualado, cun Fisterra levando o mando, e un Corme moi serio en defensa, con Joshua e Koeman moi seguros, ante un Fisterra que o intentou, pero non estivo fino de cara gol. Os de Nacho, que están facendo un gran final de temporada, levaron o peso do partido, pero notaron o cansanzo do xoves, que xogaron moitos minutos con 10.
Tivo o Corme durante os 90 minutos un par de chegadas pero non atoparon rematador. Por bando local, Josiño tivo un par diante de Rubén, igual que Abel e Pazos, que tamén puideron abrir o marcador. Pero non foi ata o minuto 88 cando o Corme marcaba o seu goliño. Cómpre resaltar o goleador, Eloy CR, pouco habitual nos 11 cormeláns, pero que tivo unha moi boa media hora, co premio do gol que deixa un bo resultado de para a volta. Pero ollo con este Fisterra que ten gañas de gañar no Cairo.
Crónicas das Ligas Xuvenís
- Copa Xuvenil: Os Cuartos servidos.
- Copa Xuvenil: Moita igualdade nuns Oitavos que se deciden o xoves.
- X.10: Ca cabeza na Copa.
- X.9: O Dumbría proclámase campión de campións.
- X.8: O Castriz queda fóra dos Oitavos da Copa e Esteirana e Dumbría esperan o duelo.
- X.7: Dumbría e Esteirana buscarán o ascenso á Liga Galega.
- X.6: O peixe case vendido.
- X.5: A Esteirana súmase ao barco do Dumbría.
- X.4: O Dumbría queda só pero os resultados favorecen á Esteirana.
- X.3: Dumbría e Esteirana escapan cando arrinca a Copa.
- X.2: O Dumbría bate na mesa e a Esteirana segue o ritmo.
- David Castro analiza a Previa da Fase de Ascenso Xuvenil cos protagonistas.
- Os Xuvenís xa teñen grupos para a segunda fase da Liga e a Previa da Copa.
- X.22: Xuvenís: Sen sorpresas cara a segunda fase.
- X.21: Xuvenís: Todo listo no Sur e moito por decidir no Norte para a última xornada.
- X.20: O Dumbría campión e 3 das 6 prazas cubertas.
- X.19: Todo encarrilado a falta de 3 xornadas.
- X.18: As cousas claras, pero non tanto.
- X.17: Descanso de Nadal para algúns.
- X.16: Escapan os 3 de arriba.
- X.15: Perfílanse as 3 primeiras prazas de cada grupo.
- X.14: O Cabana freou ao Malpica.
- X.13: Xornada cos despachos como protagonistas.
- X.12: Xuvenís: O Malpica dá un paso adiante no Norte e Esteirana e Cee no Sur.
- X.11: Dúas loitas abertas no ecuador.
- X.10: Novo cambio de líder na igualada Liga Norte.
- X.9: Xuvenís: O Dumbría impón a sua lei no Sur e 4 equipos loitan igualados no Norte.
- X.8: O Malpica dá un paso adiante tirando de efectividade.
- X.7: O Dumbría manda no Sur e a igualdade no norte.
- X.6: Facéndose ao cambio xeracional.
- X.5: O Dumbría arrasa polo Sur mentres no Norte volven cambiar de líder.
- X.4: Nin a calor pode con eles.
- X.3: Con medo a descolgarse.
- X.2: Arrincaron dúas Ligas tremendamente abertas.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: Seaia e Ameixenda loitarán por un posto na Liga da Costa.
- 2ª Autonómica: O Corme xa pensa na 1ª.
- 1ª Autonómica: O Malpica despídese do ascenso.
- Preferente: O Dumbría di ata logo ao ascenso e o XSC aférrase á categoría.
- Resultados e crónica dunha xornada que deixa ao Corme a un paso da Liga da Costa.
Artigos relacionados
- O Corme bate nas portas do Paraíso.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- O Gato parapenaltis.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).