Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Ca cabeza na Copa

Xuvenís: Ca cabeza na Copa

Tiñamos a derradeira xornada da Liguilla de Ascenso sen nada en xogo, e a do Grupo Sur da Copa, para decidir a última praza de cara a Copa. Unha praza que conseguía o Muxía ante un Mazaricos que tiña menos efectivos, aínda, que o cadro vermello. En todo caso, os equipos xa estaban pensando nos Oitavos da senlleira competición.

Precisamente onte tiña lugar o sorteo da Copa da Costa Xuvenil e a Federación aproveitaba para facer entrega aos equipos dos balóns que asinaba cunha empresa de telefonía. O sorteo deparaba algún choque interesante como o XSC-Dumbría ou o derbi Ponteceso-Corme.

banner-tenda-maisdeporte-cee

Copa da Costa Xuvenil

A competición como dicimos comeza este sábado 19, pero como tras dúas complicadas votacións os equipos decidiron que a Previa tamén fose a doble partido, polo que a volta será o xoves 24 ás 19:00h, e os cuartos teñen que ser o sábado 26 e o xoves 1 de maio. Para rematar a competición o 17 de maio, pois o Dumbría ten un campionato o día 24.
Se ben o horario habitual é o das 17:00h, actualizaremos os horarios concretos para este sábado en canto os teñamos.

Copa da Costa Xuvenil

Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 10

Nada en xogo e así os partidos non tiveron intensidade, como podemos comprobar na cantidade de goles marcados.

Malpica - Esteirana (4-7)

Malpica Xuvenil-Foto-Luis POrto
  • MALPICA: Manuel, Víctor Novo, Kevin, Canario, Steven, David (Chols, min.55), Petís, Mouri, Almeida, Alberto (Gabi, min.84) e Eloy (Brais, min.74).
Esteirana Xuvenil en Pedra Queimada-13-14-Foto-Luis Porto
  • ESTEIRANA: Marcos; Borja, Tico, David, Sergio, Adrián García, Raúl, Damián (M.J. min.37), Fabio, Manu Fdez. e Adrián Abeijón.
  • Goles: 0-1, min.5: Adrián Abeijón de cabeza a unha falta botada por Raúl; 1-1, min.10: Kevin de falta directa; 1-2, min.30: Adrián Abeijón a centro de Raúl; 1-3, min.34: Adrián García a centro de Manu; 1-4, min.36: Adrián Abeijón aproveita varios erros defensivos; 1-5, min.39: Adrián Abeijón; 2-5, min.41: Eloy; 2-6, min.60: MJ; 2-7, min.65: Raúl; 3-7, min.70: Mouri de penalti; 4-7, min.75: Alberto de penalti.
  • Lesión: o visitante Damián.
Raul e Steven capis da Esteirana e Malpica xuvenil-Foto-Luis POrto copia

Efectividade total dunha Esteirana que segue marcando uns números espectaculares esta campaña. Aproveitou ademais os regalos dos locais. A páxara dos malpicáns foi espectacular e en apenas 10 minutos antes do descanso pasou de 1-1 a 1-5, ante a pasividade da defensa malpicá. A partir de aí o partido foi de feira, e ata marcou o porteiro suplente esteirán, (titular co equipo de 1ª Autonómica, MJ), que tivo que saltar ao terreo de xogo polas baixas e pola lesión de Damián.

Corme - Xallas StComba (1-4)

  • CORME: Alejo, Rubén (Eloiy, min.52), Iván, Koeman, Cristian, Antoniño (Alberto, min.75), Sergio (Isma, min.68), Kike, Juanma, Isaac (/Bruno, min.67) e Manu (Fran, min.57).
  • XSC: Alvarito, Christian Caamaño, Jacobo (Rubén, min.45), Parri, Marcos Mouro (Coke, min.60), Fabian, Miki (c) (Carlos, min.85), Tefy, Adrian, Sergio Barbeira e Ismael (Facal, min.45).
  • Goles: 0-1, min.11: Fabián; 0-2, min.23: Marcos Mouro; 1-2, min.51: Sergio; 1-3, min.63: Adrián; 1-4, min.76: Alvarito.

Choque máis igualado do que sinala o marcador pero o XSC soubo aproveitar moi ben os erros da defensa cormelá. Os de Rafa xa se adiantaron pronto, tras unha boa primeira metade. Pero Sergio recurtaba distancias e metía ao Corme no partido á volta dos vestiarios. Sen embargo, Adrián facía un terceiro tanto que mataba as aspiracións cormeláns e permitía que o XSC remate 3º destacado na Liguilla.

Dumbría - Cabana (4-0)

  • DUMBRÍA: Iván, Portu, Maikel, Cabana, Jano, Charly, Kevin, Adrián, Edu, Pablo e Javi. Tamén xogaron: Yeray, Couto, Mauro, Roberto e Tomás.
  • CABANA: Adrián Vázquez, Aurelio, David Varela, Dani Mato, Laik (Grille, min.10), Diego Cacha, Alberto (Darío, min.65), Alex, Pablo (Cristian, min.15), Redondo e Iván Mato (Dani Reigía).
  • Goles: 1-0, min.27: Javi; 2-0, min.52: Javi; 3-0, min.60: Maikel; 4-0, min.65: Javi.

Partido sen historia, dominado polos locais dende o principio. Foron chegando as ocasións e pouco a pouco os goles.

Liga da Copa da Costa Xuvenil. Grupo Sur, xornada 7

Puido o Muxía co Mazaricos polo que o cadro vermello se clasifica para os Oitavos de Copa nun choque marcado polas baixas.

Nesta derradeira xornada descansaba o Muros. Un Muros que quere dar os máximos ánimos ao xogador Javi, que esta semana operouse de ligamento cruzado e necesita todo alento dos seus para superalo e volver aos terreos de xogo o ano que vén.

Muxía - Mazaricos (3-1)

  • MUXÍA: Fabio, José Ramón (Mario, min.46), Maca (Juan, min.46), Gerardo, Andrés (Diego, min.55), Antonio, Edi, Samuel, Marco, Víctor Alcaina (Ozil, min.46) e Paulo
  • MAZARICOS: Samuel, Bruno, Kawa, David, Bieito, Raúl, Tiago, José Ángel e Álvaro.
  • Goles: 0-1, min.15: Tiago; 1-1, min.28: Paulo; 2-1, min.30: Paulo; 3-1, min.70: Marco.

Con 9 se presentaba o Mazaricos en Arliña ante un Muxía que tamén está tendo problemas de efectivos neste último treito da liga, para decidir quen se mete nuns Oitavos aos que seguramente ningún lles apetecía xogar.
Aguantou a primeira media hora o cadro amarelo, e mesmo se puxo por diante, pero de contado, dous tantos seguidos daban a volta ao marcador, aproveitando a falta de forzas dos de Casais e a superioridade numérica.

Outes - Cee (1-0)

  • OUTES: Yoel, Samue, Yura, Rafa, Cutu, Ibra, Babu, Álvaro, Zeta, Paulo e Xurxo.
  • CEE: Paulo, Abraham, Tivi (Isma, min.76), Tebo, Rafa (Lela, min.51), Esteban, Ferrío, Andrés, Álex (Hugo, min.79), Pablo e Michi (Marco, min.51).
  • Gol: 1-0, min.60: Xurxo tras un penalti que parou Paulo a Babu.
  • Expulsión: o porteiro Paulo co tempo cumplido.

Partido apretado que serve para que o Outes lle arrebate o liderato do Grupo, e ben se notou vendo que Outes levaba 11 xustos e os ceenses rellenaban con cadetes a convocatoria. Partido sen moitas ocasions claras, só pasando o balón de campo a campo con fútbol moi directo. O partido viuse influenciado por unha pésima arbitraxe para ambos equipos; protestaron máis os visitantes polo penalti que consideraron inexistente ao ser un típico “forcexeo” de Lela e o dianteiro local. Paulo parou a pena maxima, pero o rexeite aproveitouno Xurxo para marcar o unico gol do partido.

Lira - Fisterra (0-3)

Lira Xuvenil completou o seu primeiro ano
  • Goles: 0-1, min.22: Benlloch; 0-2, min.23: Gabri; 0-3, min.70: Gabri.

Rematou a primeira temporada do Lira nesta categoría, e o fixo cunha nova derrota, con apenas 1 vitoria en 26 partidos. O sábado aguantou os primeiros minutos ao cadro fisterrán, pero dous zarpazos no ecuador do primeiro tempo mataron o partido. A partir de aí o partido foi de trámite.

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios