Venres. 29.03.2024
El tiempo

Copa Xuvenil: O Corme tivo que loitar a finalísima ante un gran Muros e enfrontarase ao potente Dumbría

Copa Xuvenil: O Corme tivo que loitar a finalísima ante un gran Muros e enfrontarase ao potente Dumbría
Dumbria e Corme mediranse na final da Copa da Costa Xuvenil 2014-Foto-Jorge Parri

Diferentes foron a volta das dúas semifinais da Copa da Costa Xuvenil. Unha eliminatoria estaba decidida dende a ida, pero a outra non puido ser máis igualada, e ata o último suspiro o Corme tivo que aguantar as embestidas dun Muros que loitou como un campión para meterse na final.

Agora, Dumbría e Corme enfrontaranse este domingo ás 18:15h no municipal de Vimianzo, xusto despois da Final infantil na que tamén estará o Corme, fronte o Cee.

Tendes os cadros actualizados ao instante en www.copadacosta.com.

Corme - Muros (2-2)

  • CORME: Rubén, Cristian, Iván, Joshua, Eloy, Sergio Sueiro, Antoniño, Brais Torrado, Juanma, Kike (Sergio Fariña, min.70) e Alejo (Manu, min.85).
  • MUROS: Matías, Yeray, Veloso, Samu, Miguel, Santi, Piki, Ramón, Hugo e Adri. Tamén xogaron: Tajes, Airán e Manute.
  • Goles: 0-1, min.3: Adri; 1-1, min.41: Alejo; 2-1, min.63: Alejo; 2-2, min.82: Samu marca un golazo dende fóra da área.

Partidón o que protagonizaron o Corme e o Muros, que chegaba ao Cairo con todo aberto tralo intenso 4-4 da ida. Un partido que se xogaba ademais no medio da festa de San Corme CF, celebrando o título dos maiores, con churrascada e todo no campo. Comezou o partido co Muros algo máis enriba e sen tempo a pensar, Adri abría a lata e puña ao cadro celeste por diante. Tivo aí un par de ocasións, sobre todo a balón parado, o Muros, pero no acertou e permitiu que o Corme se fose metendo no partido. Faltaban 5 para o descanso cando Alejo facía o empate para a marea azulona.

Comezaba a segunda metade e de novo era o Muros o que tomaba a iniciativa, xa que o resultado valíalle ao Corme polo valor doble dos goles fóra de casa. Adri e Hugo mandaron dous tiros o largueiro e os muradáns protestaron un par de ocasións que o árbitro anulaba por fóra de xogo. Co Muros bastante arriba, unha contra do Corme remataba no segundo gol de Alejo.

A partir dese momento o Muros foise para arriba con todo, e a falta de 5 para o final Samu metía un golazo de fora da área e empataba o partido. Necesitaba un gol máis o Muros, pero o Corme atrincherouse e pechou a cal e canto a meta de Rubén. Foron 10 minutos no apto para cardiacos, cun Muros volcado e un Corme botando balóns fóra ata que o colexiado pitou o final, para delicia de toda a familia cormelá, que está celebrando un ano de cine, co título da Liga da Costa, e polo de agora, as dúas finais en Infantís e Xuvenís.

Dumbría - Esteirana (0-1)

  • DUMBRÍA: Couto, Duarte, Roberto, Oli, Cabana, Martín, Maikel, Adrián, Edu, Pablo e Javi. Tamén xogaron: Kevin, Jano, Lucas, Canario e Charly.
  • ESTEIRANA: Mj, Bolo, Tiko, Sergio, David, Adri, Damián, Manu, Raúl, Fabio e Adriçan. Tamén xogaron: Álex, Pablo e Fran.
  • Gol: 0-1, min.70: Adrián.

Tralo 0-4 da ida, a eliminatoria estaba practicamente decidida, pero aínda así, os dous equipos que nos representarán na Fase de Ascenso á Liga Galega (por certo, o sorteo será o vindeiro luns) deixaron un partido pouco vistoso para o espectador pero moi intenso.
I é que que ambos chegaban con numerosas baixas (Marcote, Yerai, David, Iván, Portu, Juan de Dora e Mauro por bando dumbriés; e Marcos, Tobío, Rafa, Pablo, Codesido, Davichi e Jose por bando esteirán) e iso mermou o potencial dos dous conxuntos, que esperan recuperar efectivos para a Fase.

O dumbría levou o peso do partido pero sen crear ocasións claras, agás un par boas durante o primeiro periodo. Algunha chegada protagonizaron os blaugranas, destacando o penalti que fallaba Raúl. Foi Adrián o único que conseguíu superar as serias defensas, pero xa corría o min.70 e a eliminatoria nunca perigou.

Óscar Leis e Diego Lobelos confían en recuperar a todo o equipo de cara á final do domingo, agás a Yeray que será baixa.

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios