Copa Xuvenil: Moita igualdade nuns Oitavos que se deciden o xoves


Este xoves 24 de abril, en horario estrano, e porque os equipos decidiron que se xogase a doble partido, disputaráse a Volta dos Oitavos de final da Copa da Costa Xuvenil. E o fará con apenas 3 eliminatorias encarriladas. Falamos do Cee, que vencía 0-3 en Coristanco, do Muros, que facía o propio na Ponte, e do Fisterra, que sacaba un 5-2 ante o Malpica moi positivo.
O resto das eliminatorias están moi igualadas, destacando os apuros que lle meteu o Muxía a toda unha Esteirana, o intenso derbi entre Ponteceso e Corme, e o segue igualado XSC-Dumbría.

Os horarios
E xa temos os horarios da volta para este xoves:

Esteirana - Muxía (2-1)
- ESTEIRANA: Marcos, Bolo, Tiko, Rafa, Cote, Adri, Pablo, Manu, Jose, Raúl e Adrián. Tamén xogaron: Mj, Sergio, David e Fabio.
- MUXÍA: Hugo, Samuel, Antonio, Maca, Andrea, Paulo, Fabio, Osil (Anderson, min.55), Víctor Alcaina, Edi e Marco.
- Goles: 1-0, min.60: Raúl; 1-1, min.89: Maca; 2-1, min.92: Adrián.
- Expulsión: o local Adri no min.50.
Case dá a sorpresa o Muxía en Esteiro. Saíu Javier Lema cun esquema para aguantar atrás as embestidas dos locais. E saíu ben a estratexia pois ao descanso o marcador no se movería, se ben os esteiráns fallaran un penalti. O cadro de Martín dominaba o balón pero non estiveorn acertados cara gol.
Quedaba con 10 a Esteirana ao comezo da segunda metade pero aínda así seguía dominando. Adiantábase cun gol de Raúl ao cuarto de hora, e tras moitos minutos de control inerte, o Muxía, xa sobre o tempo regulamentario, acadaba o empate. Pero aínda tivo tempo o cadro local para meter un goliño con 2 minutos sobre os 90 para levar unha vantaxe, pequena pero vantaxe, de cara a volta.
Camariñas - Cabana (1-2)
- CAMARIÑAS: Jose Luís, Ariel,pose,Martin,santi,Juan,chicote,Carlos,javi,jose,sergi. Min 60 dani por jose, min 80 chuki por Martin.
- CABANA: Adrián Vázquez, Aurelio, David, Dani Mato, Laik, Diego Cacha (Cristian), Alberto (Pablo), Sergio, Redondo (Grille) e Iván Mato (Darío).
- Goles: 0-1, min.25: Diego Cacha de córner directo, 0-2, min.65: Dani Mato rematando un córner, 1-2, min.75: Dani.
Bo partido en Camariñas entre un gran Cabana e un Camariñas que demostrou a súa intensidade e por que quedou líder da Liguilla da Copa. Os de Pirucho fallaron algunha ocasión clara para levar un mellor resultado ás Redondas, mentres que o Cabana soubo ler ben o partido e aproveitar a calidade dos seus homes, como o demostrou o gol olímpico de Diego Cacha, que xa probou co Deportivo.
Adiantouse con ese gol o cadro de Fernando, pero antes Sergi fallara un man a man con Adrián Vázquez. Jose, cunha fermosa vaselina tivo o empate, pero o marcador non se movería máis ata o descanso. Na segunda metade, o Cabana facía o segundo pero o Camariñas seguía aprentando e apretando e recurtaban por medio de Dani, un tanto que dá esperanzas aos camariñáns.
Baio - Outes (3-1)
- BAIO: Guille, Efe (Xoel, min.68), Jose, Pablo, Silvariño, Kevin, David, Anxo (Alfonso, min.78), Pedro (Estefan, min.46), Cristian (Santi Díaz, min.46) e Oreiro.
- OUTES: Joel, Rafa, Jura, Samuel, Brión (César), Cutu (David), Babu, Álvaro, Ibra, Zeta (Saúl) e Xurxo (Paulo) (Veleiro).
- Goles: 0-1, min.32: Samuel; 1-1, min.55: Anxo; 2-0, min.65: Santi Díaz; 3-0, min.72: Oreiro.
Xusta vitoria do Baio, que por fin recibe un premio tras unha temporada na que, por xogo, mereceu máis do colleitado. Así e todo o Outes foi un duro rival pero tras facer unha gran campaña o sábado non puido sacar un mellor resultado en Baio. Foron 3 detalles de calidade dos de Pastoriza os que finiquitaron o choque, remontando o tanto na primeira metade de Samuel, unha primeira metade na que o cadro visitante estivo máis acertado.
Saíu a por todas o cadro de Pastoriza na segunda e foron quen de darlle a volta ao marcador.
XSC - Dumbría (1-1)
- XSC: Alvarito, Miki, Parri, Jacobo, Carlos (Pérez, min.46), Fabián, Adrián, Pablo Landeira (Ismael, min.80), Tefy (Xoel, min.70), Iván Pastoriza e Sergio Barbeira.
- DUMBRÍA: David, Roberto, Canario, Cabana, Jano, Yeray, Maikel, Adrián, Marcote, Pablo e Javi. Tamén xogaron: Martín, Kevin, Mauro e Portu.
- Goles: 0-1, min.30: Maikel; 1-1, min.60: Tefy.
Partido igualadísimo, probablemente dos mellores destes Oitavos, entre dous equipazos. O Dumbría adiantábase por medio de Maikel, e tras varios minutos de dominio puido ampliar vantaxe pero os Javi e Marcote non estiveron acertados nos mans a man co meta xalleiro, un Alvarito que fixo varias internvecións fundamentais. Por bando local, tamén tiveron boas opcións Fabián e Landeira.
Na segunda, a mellor ocasión foi dende os 11 metros e para os viistantes, pero Marcote marrou a pena máxima. E non podemos esquecer unha clarísima de Iván Pastoriza rematando o partido que a piques estivo de dar vantaxe aos xalleiros.
En definitiva, partido igualado que pudo gañar calquera, pero os dianteiros non estiveron demasiado acertados.
Coristanco - Cee (0-3)

- CORISTANCO: Nacho, Navarro (Naya, min.70), Iván (Javi, min.75), Rubén, Varela, Joaquín (Mosquera, min.80), Brandón (Falcao, min.85), Cristian, Bértoa, Joni e Fondo (Abelenda, min.82).
- CEE: Paulo, Jicho, Abraham (Ferrío, min.83), Tivi (Lela, min.68), Esteban, Tebo, Nanón, Andrés, Picallo (Michi, min.58), Álex (Rafa, min.88) e Pablo (Felipe, min.69).
- Goles: 0-1, min.38: Álex; 0-2, min.41: Pablo; 0-3, min.87: Rafa.
O Cee deixou medio encarrilada grazas a un 0-3 a domicilio, tras un partido intenso, e máis igualado do que indica o marcador, sobre todo na primeira metade. O Coristanco só chegaba a balóns longos que o meta ceense soubo combatir estando ben adiantado. Picallo pudo adiantar aos ceenses nun man a man pero o porteiro local, Nacho, unha vez máis o mellor dos verdes, desviou a córner. Sería tras un disparo do propio Picallo cando Alex aproveitando o rexeite abria a lata. Pouco despois, un pase interior de Nanón deixou só a Pablo que puxo o 0-2 co que se chegaba ao descanso. Renta que aguantou o Cee na segunda metade ante un Coristanco que se viu arriba buscando recurtar e puido aumentar bastante, finalmente Rafa atinou para o 0-3 xa case que co tempo cumplido nunhca contra.

Porteño - Muros (0-3)
- PORTEÑO: Brais, Dani (José Manuel, min.46), Bruno, Gonzalo, Manuel, Mario, Álvaro (Pifo, min.65), Josiño (Antonio, min.60), Martín (Cristian, min.46), David e Matías.
- MUROS: Matías, Yeray, Veloso, Samu, Diego, Miguel, Santi, Piki, Ramón, Juanche e Adri. Tamén xogaron: Aira, Hugo e Mancebo.
- Goles: 0-1: Juanche de penalti; 0-2: Veloso (descanso); 0-3: Matías de penalti.
- Lesións: os camariñáns Álvaro e Cristian.
- Expulsión: os muradáns Juanche e Adri antes do descanso.
Mal partido do cadro de Ordóñez, que botou en falta aos dous dos seus fixos, Rodry no medio campo e Maikel na dianteira. Notouse moito a diferencia de experiencia, e o Muros batiu cun inexperto, e moi novo Porteño. Un bo partido dos muradáns.
Así e todo, o Muros quedaba con 9 homes antes do descanso, e tivo que xogar 50 minutos con un xogador menos (o Porteño quedaba con 10 pola lesión de Cristian cando xa non había cambios), pero soubo aguantar o 0-2. Na segunda parte o Muros tocaba e chegaba pero con poucos homes arriba e non finalizaba. Ramón nunha xogada personal estivo a nada de meter o terceiro pero tirou ao largueiro. O 0-3 chegaría de penalti transformado polo porteiro Matías.
Fisterra - Malpica (5-2)

- FISTERRA: Ángel, Javi, Suárez (Jóse, min.43), Rubén, Breixo (Cartamil, min.66), Noé, Josema, Gabi (Dani, min.60), Abel, Adrián (Pazos, min.49) e Benlloch.

- MALPICA: Manuel; Víctor Novo, Chols, Canario, Steven, Mouri, Petís, David (Plejo, min.84), Eloy, Guille e Alberto (Brais, min.61).
- Goles: 0-1, min.21: Eloy de penalti sobre Víctor Novo; 0-2, min.20: Víctor Novo de cabeza nun córner botado por Alberto; 1-2, min.43: Abel de tiro; 2-2, min.46: Rubén aproveita un erro na blocaxe de Manuel; 3-2, min.65: Pazos de falta tocando na barreira; 4-3, min.70: Benlloch a centro de José; 5-2, min.89: Abel a centro de José.

Partido estrano o vivido en Ara Solis con dúas partes completamente distintas, e que deixa a eliminatoria encarrilada para o Fisterra, pero con ollo, que este Malpica é capaz do peor, pero tamén do mellor. Así o demostrou meténdose por diante con solvencia tras uns bos primeiros 20 minutos, pero deixándose selvar, sen intensidade, nun malísimo segundo tempo.
Foi clave o gol de Abel aoi fío do descanso, para meter no partido aos locais, que nada máis saír na segunda aproveitando a falta de tensión dos malpicáns para empatar e darlle a volta ao marcador. Foi importante tamén a intervención de Josema, aínda co 2-2, salvando baixo paus a un remate case a “bocajarro” de Eloy de cabeza. Semellante foi a acción, xa co 4-2 e que podía igualar a eliminatoria, que salvou a defensa fisterrá baixo paus tras un remate frouxo de Mouri xa co porteiro batido.
Ponteceso - Corme (2-2)
- PONTECESO: Xurxo, Lorenzo, Adrián, Diego, Villar, Ismail, Ismael, Alberto Recarey, Yago, Dani Valle e Pablo.
- CORME: Rubén, Cristian, Iván, Joshua, Eloy (Sergio Sueiro, min.46), Brais, Antoniño, Sergio Fariña (Fran, min.53), Juanma, Kike (Isaac, min.75) e Alejo (Manu, min.67).
- Goles: 0-1, min.8: Sergio Fariña; 1-1, min.49: Pablo; 1-2, min.57: Fran; 2-2, min.71: Pablo.
Derbi moi competido polos dous equipos, cun campo cheo, ao que chegaban ambos con baixas, por exemplo as de Dani Sánchez e Cristian no equiopo de Rubén Souto. Pero aínda así o partido foi intenso, con dominio alterno. Comezou o Corme adiantándose aproveitando un regalo da defensa local, pero o Ponteceso foi quen de darlle dúas veces a volta ao marcador, pois malia ir a remolque puido igualar e deixar a volta aberta.
A mellor ocasión chegaría xa case que co tempo cumplido pero o balón marchou ao longueiro.
Crónicas das Ligas Xuvenís
- X.10: Ca cabeza na Copa.
- X.9: O Dumbría proclámase campión de campións.
- X.8: O Castriz queda fóra dos Oitavos da Copa e Esteirana e Dumbría esperan o duelo.
- X.7: Dumbría e Esteirana buscarán o ascenso á Liga Galega.
- X.6: O peixe case vendido.
- X.5: A Esteirana súmase ao barco do Dumbría.
- X.4: O Dumbría queda só pero os resultados favorecen á Esteirana.
- X.3: Dumbría e Esteirana escapan cando arrinca a Copa.
- X.2: O Dumbría bate na mesa e a Esteirana segue o ritmo.
- David Castro analiza a Previa da Fase de Ascenso Xuvenil cos protagonistas.
- Os Xuvenís xa teñen grupos para a segunda fase da Liga e a Previa da Copa.
- X.22: Xuvenís: Sen sorpresas cara a segunda fase.
- X.21: Xuvenís: Todo listo no Sur e moito por decidir no Norte para a última xornada.
- X.20: O Dumbría campión e 3 das 6 prazas cubertas.
- X.19: Todo encarrilado a falta de 3 xornadas.
- X.18: As cousas claras, pero non tanto.
- X.17: Descanso de Nadal para algúns.
- X.16: Escapan os 3 de arriba.
- X.15: Perfílanse as 3 primeiras prazas de cada grupo.
- X.14: O Cabana freou ao Malpica.
- X.13: Xornada cos despachos como protagonistas.
- X.12: Xuvenís: O Malpica dá un paso adiante no Norte e Esteirana e Cee no Sur.
- X.11: Dúas loitas abertas no ecuador.
- X.10: Novo cambio de líder na igualada Liga Norte.
- X.9: Xuvenís: O Dumbría impón a sua lei no Sur e 4 equipos loitan igualados no Norte.
- X.8: O Malpica dá un paso adiante tirando de efectividade.
- X.7: O Dumbría manda no Sur e a igualdade no norte.
- X.6: Facéndose ao cambio xeracional.
- X.5: O Dumbría arrasa polo Sur mentres no Norte volven cambiar de líder.
- X.4: Nin a calor pode con eles.
- X.3: Con medo a descolgarse.
- X.2: Arrincaron dúas Ligas tremendamente abertas.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- A Liga da Costa decidirase no Cairo e o Dumbría pelexa a promoción.
- Domingo de Resurrección no Futbol Costeiro.
- Sábado Santo cheo de Futbol Costeiro.
- Copa da Costa: Xornada de desaseisavos en Xoves Santo.
- Preferente: Vitoria importantisima de Xsc e Dumbria.
- A Copa da Costa no Xoves Santo.
Artigos relacionados
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- O Gato parapenaltis.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- blog do Malpica de Luís Porto.