Copa Xuvenil: Os Cuartos servidos


En xoves disputáronse a volta dos Oitavos de Final da Copa da Costa Xuvenil. E foi así porque, tras unha igualada votación, os clubes decidiron que estes Oitavos fosen a doble volta.
Disputouse ademais un partido dos Dezaseisavos da Copa da Costa, e o San Lorenzo caía ante o Dumbría nas Eiroas por 2-3.
En todo caso, xa temos os Cuartos servidos, con novidades sobre os que disputaron a Liguilla dos mellores. Por exemplo, Malpica quedou fóra ante o Fisterra, e o XSC non puido cun Dumbría que segue ao seu. Sorpresa a do Outes ante o Baio, remontando un 3-1 da ida e cun equipo baiés que se quedou con 7 polo que o partido rematou antes de tempo.
Así queda o cadro:

Aquí vos imos deixando as crónicas, que iremos completando ao longo da mañá do venres.
Muxía - Esteirana (1-1)
- MUXÍA: Hugo, Ancho, Andrés, Maca, Isma, Osil, Fabio, Marco, Samuel, Edi e Paulo. Tamén xogaron: Mariño, Ander e Juan.
- ESTEIRANA: Marcos, Bolo, Tobío, Rafa, Sergio, Code, Damián, Pablo, José, Raúl e Adrián. Tamén xogaron: Mj, Manu, David, Tiko e Davichi.
- Goles: 0-1, min:60: Jose; 1-1, min.75: Andrés.
- Expulsións: o esteirán Code e o muxián Marco.
Apretou o Muxía a toda unha Esteirana e se na ida case salta a sorpresa co apretado 2-1 no Xosé Luís Vara (celebrando estes días o 5º aniversario do seu pasamento), en Muxia o cadro de Martín non pasou do empate ante os de Javier Lema, nun partido onde o balón aéreo foi protagonista.
A primeira metade foi de moito respecto, ninguén se atrevía a arriscar. Foi na segunda o equipo muxián polo partido, sobre todo despois do primeiro achegamento cun balón ao pau e a expulsión dun xogador visitante. Así e todo o gol chegaría nunha contra chegaría o gol da Esteirana, e pronto quedaría con 10 tamén o Muxía. Colleu o mando o Muxía que apretou moitos pero protestaron a actitude arbitral, que paraba demasiado o partido. Empatou o partido e tivo varias para empatar a eliminatoria pero botaron en falta a Víctor Alcaina arriba os muxiáns, como aos Gerardo, Antonio e José Ramón, baixas no cadro vermello.
Cabana - Camariñas (1-1)

- CABANA: Adrián Vázquez, Aurelio, David (Grille), Raul, Laik, Diego Cacha, Dani Reigía (Dani Mato), Álex, Sergio (Varela), Redondo (Darío) e Manuel Suárez (Iván Mato).
- CAMARIÑAS: José Luís, Ariel (Dani, min.70), Santi, Mateo, Pose, Juanciño, Chicote (José, min.60), Carlos (Cantalejo, min.65), Martín, Sergi e Javi.
- Goles: 1-0: Manuel Suárez; 1-1, min.70: José.
Unha das eliminatorias máis apretadas a vivida entre cabaneses e camariñáns, que se decide pola mínima. Vale o 1-2 da ida para o Cabana, pero o Camariñas, dirixido por Marco pois Pirucho non puido estar por motivos laborais, apretou ata o último instante, e a incertidume estivo presente ata o pitido final.
O Camariñas tivo uns moi bos primeiros 30 minutos, chegando Javi por dúas veces e Sergi a estar moi preto de romper a igualada. O Cabana tivo no treito final algunha ocasión pero só á contra ante un Camariñas volcado, pero o marcador non se movería máis do 1-1, a pesar de que os camariñáns merecían, alomenos, igualar a eliminatoria.
Outes - Baio (3-0)
- Goles: 1-0: Samuel; 2-0: Babu; 3-0: Veleiro.
- Expulsións: os baieses Michi, David, Cristian e Pablo provocando que o partido rematase 5 minutos antes de tempo.
Parecía que a eliminatoria tería cor branquiazul, polo 3-1 da ida, pero o azul tornouse negro visto o visto no Cunchido. E iso que o Baio saíu bastante enchufado, pero foi perdendo fol a medida que chegaban os goles locais. Goles que desquiciaban aos de Pastoriza, como o colexiado, moi protestado polos visitantes, que acabaron protestando e quedando con 7, provocando o final do partido 5 minutos antes de tempo.
Dumbría - XSC (2-0)
- DUMBRÍA: Couto, Canario, Maikel, Cabana, Roberto, Yeray, Edu, Adrián, Marcote, Pablo e Javi. Tamén xogaron: Martín, Oli, Charli e Isma.
- XSC: Alvarito, Cristian Caamaño, Jacobo, Parri (Miki, min.46), Pérez (Cristian Torres, min.46), Fabián, Adrián, Pablo Landeira, Tefy (Sergio Barbeira, min.55) e Iván Pastoriza.
- Goles: 1-0: Marcote a pase de Javi (descanso); 2-0: Marcote de penalti cometido sobre el mesmo provocando ademais a expulsión do meta xalleiro.
- Expulsión: o porteiro xalleiro Alvarito.
Co 1-1 de Fontenla dumbrieses e xalleiros afrontaban unha dura proba, pois este XSC sempre pon en apuros ao poderoso Dumbría. E arrincou o choque cunha primeira metade igualada, na que comezou o XSC demasiado relaxado, e o Dumbría estivo mais intenso, provocando as mellores chegadas sobre todo con Marcote e Javi.
O segundo gol de penalti e expulsión do porteiro, algo protestado polos locais. Contra o final, cun XSC con 10, o Dumbría foi superior e sentenciou.
Cee - Coristanco (6-1)
- CORISTANCO: Nacho, Javi, Navarro, Iván, Naya, Chrisian, Jorge, Brandón, Suárez, Fondo e Bértoa.
- Goles: Andrés (3), Pablo (2) e Esteban para o Cee. E Jorge para o Coristanco.
Sen contemplacións o Cee ante este Coristanco que tras unha gran liga se deixou levar neste treito final de competición, e de feito onte chegaban os de Coristanco con 11 xustos a Cee. Co 0-3 da ida xa os ceenses tiñan o partido encarrilado, pero xa se lles puxo de cara moi pronto e sentenciaron pronto. Así e todo aguantaron 20 minutos co empate a 0 os verdes, pero ao descanso o marcador xa sinalaba un claro 4-0.
Muros - Porteño (3-2)

- MUROS: Toni, Yeray, Veloso, Ramón, Edu, Miguel, Airán, Santi, Piki, Samu e Mancebo. Tamén xogaron: Jorge Beiro, Tajes, Macheda e Diego.

- PORTEÑO: Brais, Dani, José Manuel, Bruno, Manuel, Damián (Pifo, min.70), Josiño, Rodry, Martín (matías, min.55), Antonio e David.
- Goles: 1-0: Miguel de cabeza; (descanso); 1-1: David; 1-2: Manuel de penalti; 2-2: Santi de cabeza; 3-2: Tajes.

Malpica - Fisterra (2-1)

- MALPICA: Steven; Víctor Novo (Brais, min.86) Canario, Jorge, David, Mouri, Petís, Guille, Almeida, Eloy, Kevin.

- FISTERRA: Ángel, Javi, Josema, Noé, Rubén, Breixo, Jóse, Gabi dos Golpes (Dani, min.86), Abel, Adrián (Manute, min.46), Benlloch (Gabi da Anchoa, min.86).
- Goles: 0-1, min.20: Noé de falta rasa; 1-1, min.43: Jorge de cabeza; 2-1, min.50: Almeyda aproveita un pase entre liñas de Eloy.
- Expulsión: o visitante Josema.
Viña a eliminatoria practicamente sentenciada da ida cun Malpica pouco motivado. Así e todo sacou unha vitoria, pola mínima ante un Fisterra que ten moi boa pinta neste.
O Malpica, con Steven, habitual xogador de campo, baixo paus, intentou buscar a remontada tralo 5-2 da ida, pero as presas e os nervos non foron boas compañeiras. Houbo ocasións para os dous bandos, pero o marcador non foi tan abultado como necesitaban os locais, que pechan unha campaña de sinsabores.
Corme - Ponteceso (2-0)

- CORME: Rubén, Cristina, Iván, Joshua, Koeman, Antoniño (Palmiro, min.90), Kike (Eloy Castro, min.80), Manu (Isma, min.75), Sergio Fariña (Eloy García, min.55), Juanma e Alejo (Bruno, min.88).
- PONTECESO: Santos, Lorenzo, Diego, Sánchez, Adri (Luca), Ismail, Alberto Recarey, Ismael, Yago, Dani Valle e Pablo.
- Goles: 1-0, min.25: Antoniño de falta coa axuda do porteiro; 2-0, min.75: Kike de falta pola escuadra e por riba da barreira.
- Expulsión: o cormelán Juanma (min.72).
Co 2-2 da ida no Pinguel todo estaba en liza no Cairo, quentando para o partido do domingo. E comezou o partido vibrante, con chegadas ás dúas áreas, e foi un partido máis igualado do que sinala o marcador. Fallou o cadro da Ponte, e á seguinte xogada o Corme adiantábase coa axuda do meta pontecesán. O equipo de Rubén Souto seguía loitando, coma en todo ano, como xabatos, e pediron unha pena máxima e protestaron un gol anulado. Pero o colexiado non pitou e foi o Corme o que sentenciaba cun golazo de falta, tras unha segunda metade na que estivo algo mellor.
Os mellores do partido, e deses xogadores que seguro van dar que falar no Fútbol da Costa (xa o fan), Juanma polo Corme e Alberto Recarey polo Ponteceso.
Crónicas das Ligas Xuvenís
- Copa Xuvenil: Moita igualdade nuns Oitavos que se deciden o xoves.
- X.10: Ca cabeza na Copa.
- X.9: O Dumbría proclámase campión de campións.
- X.8: O Castriz queda fóra dos Oitavos da Copa e Esteirana e Dumbría esperan o duelo.
- X.7: Dumbría e Esteirana buscarán o ascenso á Liga Galega.
- X.6: O peixe case vendido.
- X.5: A Esteirana súmase ao barco do Dumbría.
- X.4: O Dumbría queda só pero os resultados favorecen á Esteirana.
- X.3: Dumbría e Esteirana escapan cando arrinca a Copa.
- X.2: O Dumbría bate na mesa e a Esteirana segue o ritmo.
- David Castro analiza a Previa da Fase de Ascenso Xuvenil cos protagonistas.
- Os Xuvenís xa teñen grupos para a segunda fase da Liga e a Previa da Copa.
- X.22: Xuvenís: Sen sorpresas cara a segunda fase.
- X.21: Xuvenís: Todo listo no Sur e moito por decidir no Norte para a última xornada.
- X.20: O Dumbría campión e 3 das 6 prazas cubertas.
- X.19: Todo encarrilado a falta de 3 xornadas.
- X.18: As cousas claras, pero non tanto.
- X.17: Descanso de Nadal para algúns.
- X.16: Escapan os 3 de arriba.
- X.15: Perfílanse as 3 primeiras prazas de cada grupo.
- X.14: O Cabana freou ao Malpica.
- X.13: Xornada cos despachos como protagonistas.
- X.12: Xuvenís: O Malpica dá un paso adiante no Norte e Esteirana e Cee no Sur.
- X.11: Dúas loitas abertas no ecuador.
- X.10: Novo cambio de líder na igualada Liga Norte.
- X.9: Xuvenís: O Dumbría impón a sua lei no Sur e 4 equipos loitan igualados no Norte.
- X.8: O Malpica dá un paso adiante tirando de efectividade.
- X.7: O Dumbría manda no Sur e a igualdade no norte.
- X.6: Facéndose ao cambio xeracional.
- X.5: O Dumbría arrasa polo Sur mentres no Norte volven cambiar de líder.
- X.4: Nin a calor pode con eles.
- X.3: Con medo a descolgarse.
- X.2: Arrincaron dúas Ligas tremendamente abertas.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- A Liga da Costa decidirase no Cairo e o Dumbría pelexa a promoción.
- Domingo de Resurrección no Futbol Costeiro.
- Sábado Santo cheo de Futbol Costeiro.
- Copa da Costa: Xornada de desaseisavos en Xoves Santo.
- Preferente: Vitoria importantisima de Xsc e Dumbria.
- A Copa da Costa no Xoves Santo.
Artigos relacionados
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- O Gato parapenaltis.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Colabora blog do Malpica de Luís Porto.