1ª Galicia: Catro finais para o Baio

A xornada 30 da 1ª Galicia tiña o foco costeiro no derbi do sábado celebrado en Verdillo. Un partido igualado, que rematou cun xusto empate, que lle vale ao San Lorenzo para case finiquitar a salvación e ao Baio para alcanzar o Agualada na posición que dá a salvación, pero os de Félix aínda quedan por debaixo, en posto de descenso directo, polo golaveraxe individual.
Quédanlle catro finais ao Baio para asegurar a permanencia, tendo en conta que non parece que vaia haber arrastres dende Preferente. A semana que vén ten un choque clave ante o pechacancelas, que ten que gañar si ou si, e esperar que o Dumbría sume en Agolada.
Polo demais, vitoria do Dumbría, e derrotas dunha Esteirana sen tensión, e dun Fisterra que xa pensa na Copa.
San Lorenzo - Baio (1-1)

- San Lorenzo: Puyol, Manuel Mato, Lucho, Pablo Garrido, Iago, Alex Costa, Richi, Javi, Diego Varela, Alberto Campos, Juanjo. Tamén: Benja, Quin, Jonathan e Hugo Canedo.

- Baio: Javi Souto, Pablo Rod., Norberto, Chechi Yago Couto, Dani López, Damián, Sergio Antelo, Bieito, MC e Diego Santacier. Tamén: Iván Fraga, Bruno, Pazos, Porty, Josiño, Guille Botas e Alex Muíño.
- Goles: 1-0, m.34: Iago cun golpeo espectacular; 1-1, m.57: Chechi de cabeza.

Primeira metade do Baio, dominando e con ocasións para adiantarse, pero foron os visitantes os que marcaban cun golpeo tremendo de Iago. Pouco a pouco foron igualando o partido os de Lapido, pero cando mellor estaban foi Chechi o que marcou o gol do empate para os de Félix. Na última xogada do partido, Juanjo e Iago fallan unha ocasión clarísima para os de Verdillo.

Dumbría - Flavia (3-1)
- Dumbría: Anxo, Kanario, Pablo Paz, Brais, Mario, Lucas, Baba, Alex Sánchez, Miller, Adrián Periscal e Dani Chao. Tamén: Alex Sendón, Rivi, Raúl, ÁLex Blancoi e Gabri Goyes.
- Goles: 1-0, m.8: Mario; 1-1, m.36: Damián Otero; 2-1, m.67: Miller; 3-1, m.90: Gabi Goyes.
Partido moi completo dos de Pablo Conde, superiores durante gran parte do mesmo ante todo un Flavia, ao que alcanza na 6ª praza. Adiantábanse pronto os locais nunha boa xogada colectiva que culminaba Mario. Antes do descanso os visitantes empataban nunha das poucas contras que conseguiron lanzar.
O partido comezaba do mesmo xeito na segunda, cun Dumbría que era o que máis buscaba a vitoria, e nunha presión de Miller, provoca un erro no meta rival e marca para poñer por diante de novo aos locais. Subiu liñas o Flavia pero os dumbrieses estiveron moi seguros e acabou sentenciando nos últimos minutos o xuvenil Gabi nunha boa acción de Raúl.
Fisterra - Cordeiro (0-4)
- Fisterra: Joselu, Colombia, Breixo, Rubén, Alex Vázquez, Aarón, Guille, Lobelos, Maikel Mouzo, Capelo e Adrián Makaay. Tamén: Paulo, Lois, Isaac Fábregas, Estévez, Mario, Luisete e Juan Lagoa.
- Goles: 0-1, m.44: Moisés; 0-2, m.46: Samuel de cabeza nun córner; 0-3, m.54: Rubén; 0-4, m.63: Romay.
Xa coa cabeza posta na Copa, e deixando no banco a xentes importantes con molestias, o Fisterra non puido cun dos cocos da categoría.O equipo comezaba ben armado, sen deixar xogar ao rival, e buscando balóns longos. Ata o m.35 no houbo ocasións, si que aí chega un balón ao longueiro na meta de Joselu, pero tramén na outra área unha falta de Capelo, remata Guille e o balón sae lambendo o pau.
Pero xusto antes do descanso, dun saque de banda local, o Cordeiro colle unha contra que non frean os fisterráns e Moisés bate por riba a Joselu. Demasiado premio para os visitantes.
Na segunda, os locais foron buscalos algo máis arriba, arriscando un pouco, pero apareceu aí o poderío arriba dos de Valga, que marcaron 3 bos goles en 20 minutos, un de córner e dous tras sendas xogadas por banda. Un paradón de Joselu, e unha ocasión de Makaay, as xogadas máis destacadas do treito final, nun partido que polo menos o cadro de Lobelos saíu sen baixas e sen forzar os tocados.
Praíña - Esteirana (3-0)
- Esteirana: MJ, Kevin Rial, Simón, Code, Tobío, Damián, Pachi, Piki, Oli, Elías e Róber Pladur. Tamén: Martín Rama, Uxío, Adrián, Kevin Lariño, Alex Louro e Brais Noceda.
- Goles: 1-0, m.25:
Partido xogado no Juan Amado de Pontevea, no que a Esteirana. Dous erros graves no ecuador da primeira metade nun equipo esteirán que saíu sen a tensión necesaria para un choque de 1ª, foron clave para o desenlace do partido. Con todo, o Praíña foi mellor en todas as liñas. Cos cambios o equipo estivo mellor na segunda metade.
Partido para esquecer e reflexionar.
CRÓNICAS DA 1ª GALICIA
- X.29: O Fisterra complica a salvación do Baio mentres a Esteirana dá un paso case definitivo.
- X.28: Dúas vitorias de gran mérito e un derbi para Dumbría que mete ao Baio en descenso.
- X.27: O San Lorenzo recobra o alento.
- X.26: O Baio, o único que suma da Costa.
- X.25: Xornada aciaga para os costeiros. Só o San Lorenzo suma.
- X.24: Baio, San Lorenzo e Esteirana perden sendas ocasións para pegar un salto de tranquilidade.
- X.23: O Baio golea e o Fisterra pesca 3 puntos en Verdillo.
- X.22: O Dumbría fica cos de arriba.
- X.21: O Dumbría asaltou Ara Solis.
- X.20: O Baio fai saltar as quinielas e a Esteirana supera ao San Lorenzo.
- X.19: A pegada do Fisterra supera á Esteirana.
- X.18: O San Lorenzo rompe a súa mala serie.
- X.17: Remontada épica do Fisterra para abrir o curso.
- X.16: Acabando o 2023 na metade da táboa.
- X.15: O Fisterra confirma a súa melloría.
- X.14: 4 vitorias costeiras baixo a chuvia.
- X.13: O Baio frea ao San Lorenzo.
- X.12: O San Lorenzo supera a dimisión de Dani Casal.
- X.11: Os poderosos baten cos equipos costeiros.
- X.10: Só un punto en 4 partidos.
- X.9: Así foi a case completa xornada de Defuntos no Fútbol costeiro.
- X.8: Dúas vitorias, un empate e dúas duras derrotas.
- X.7: O Baio deixa escapar puntos importantes mentres os tres da zona alta suman de 3 en 3.
- X.6: O San Lorenzo tamén pode co Fisterra.
- X.5: Este San Lorenzo vai en serio.
- X.4: O Dumbría pega primeiro.
- X.3: O San Lorenzo mantense no alto cun Puebla que presentou a súa candidatura en Ara Solis.
- X.2: Fisterra e San Lorenzo suman e seguen.
- X.1: Arrincou a nova tempada con 3 vitorias e 2 derrotas.