1ª Galicia: O Fisterra complica a salvación do Baio mentres a Esteirana dá un paso case definitivo

A nova derrota do Baio no derbi ante o Fisterra, deixa o cadro de Félix nunha situación moi complicada a falta de 5 xornadas para o final. Os baieses están en postos de descenso directo, 1 punto por debaixo do Agolada, que marca a salvación, e a xa 3 do Valiño e do Praíña. E menos mal, en calquera caso, que a Esteirana vencía, nun partidazo que ademais lle serve para deixar moi ben encarrilada a salvación, precisamente ao Agolada.
Polo demais, o Dumbría caía ante un dos de arriba xa sen demasiado que facer, e o San Lorenzo non podía prantar cara a todo un líder.
Baio - Fisterra (1-3)
- Baio: Javi Souto, Pablo Rod., Norberto, Yago Couto, Dani López, Damián, Sergio Antelo, Porty, Bieito, MC e Diego Santancier. Tamén: Iván Fraga, Bruno, Pazos, Josiño, Alex Muíño, Guille Botas e Sergio Rod.
- Fisterra: Paulo, Colombia, Breixo, Aarón, Jano, Maikel Mouzo, Juan Trillo, Luisete, Capelo, Adrián Makaay, Estévez. Tamén: Lois, Rubén, Isaac Fábregas, Mario, Juan Lagoa e Guille.
- Goles: 0-1, m.60: Estévez; 0-2, m.81: Rubén; 1-2, m.91: Norberto; 1-3, m.95: Adrián Makaay.

Estrana é a temporada que está facendo este traballado Baio de Félix. No ano con máis xente da casa implicada, cun plantel moi novo, a irregularidade é un dos sinais de identidade que fan que este equipo estea tan abaixo a estas alturas. E este domingo tocou cruz, o cadro baiés parecía sen confianza, sen gañas, sen identidade para competir nesta 1ª, a pesar de telo demostrado en situacións moito máis comprometidas.
O choque foi igualado no primeiro tempo, cun Baio que tiña máis o control do balón pero permitindo que as mellores ocasións fosen nas contras do Fisterra, con Diego, Luisete e Makaay. No segundo tempo, o acerto dos visitantes decantou a balanza. Diego Estévez fai o primeiro nun man a man. Chegou aí unha xogada clave, cando Paulo, porteiro de 16 anos, fai unha gran parada na mellor ocasión de MC, e xa co Baio correndo máis riscos, chega o segundo, Rubén cita un balón no medio campo e ve adiantado o porteiro local e dende 50 metros mete un golazo. No desconto, narca Norberto dende fóra da área, pero antes do final Makaay anota no man a man tras pase de Rubén.

Negreira - San Lorenzo (4-0)
- San Lorenzo: Puyol, Manuel Mato, Hugo Canedo, Lucho, Pablo Garrido, Quin, Iago López, Diego, Alberto, Juanjo e Alex Costa. Tamén: Alex Taibo e Javi.
- Goles: 1-0, m.11: Alberto Freire; 2-0, m.61: Gonzalo; 3-0, m.75: Brais de penalti; 4-0, m.86: Cristian Barbazan.
Con moitas baixas chegaba o cadro de Lapido ao Jesús García Calvo, e o choque xa comezaba cos locais dominando e abrindo moito o campo. Os carballeses competiron moi ben durante unha hora de xogo, o que durou a gasolina, a pesar de encaixar pronto. Pero non se volveron tolos e seguiron aguantando, pero o segundo tanto no m.60 xa foi decantando con claridade o partido.
Cordeiro - Dumbría (3-0)
- Dumbría: Anxo, Kanario, Pablo Paz, Brais, Mario, Álex Sanchez, Mataso, Lucas, Raúl, Baba e Dani Chao. Tamén: Carlos, Alex Sendón, Alex Blanco, Gabri, Miller e Adrián Periscal.
- Goles: 1-0, m.22: Adrián Falcón; 2-0, m.40: Manuel; 3-0, m.86: Moisés.
Pouco que contar neste choque no que o Cordeiro foi superior aos costeiros, quedando de manifesto o que se xogaban os locais, en plena loita polo ascenso, e o pouco que se xoga a estas alturas o cadro de Pablo Conde, aínda que a súa actitude foi boa. Ademais, é é un campo difícil polas dimensións, a superficie, e onte tamén o calor. Eles tiña moi claro a que xogar nese campo e fixeron moito daño na primeira parte, deixando o partido sentenciado ao descanso.
Agolada - Esteirana (1-3)
- Esteirana: MJ, Code, Simón, Damián, Kevin Rial, Pachi, Oli, Elías, Kevin Lariño, Piki e Róber Pladur. Tamén; Martín Rama, Adrián, Alex Louro, Brais Noceda.
- Goles: 0-1, m.47: Elías; 1-1, m.48: Alex Villaravid; 1-2, m.51: Pachi; 1-3, m.81: Elías.
Partidazo do cadro de Néstor que dá un paso de ouro cara finiquitar a salvación. Tardou en entrar no partido o equipo esteirán, con moitas baixas, pero pouco a pouco foron apretando, e mesmo marcaron un gol anulado, non saben aínda por que.
Estaba moi igualado, pero na segunda o equipo saíu mais centrado, adiantouse pronto, e malia encaixar de contado, seguiu sendo superior na segunda, e foi quen de levar a vitoria cos goles de Pachi e o segundo de Elías.

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA
- X.28: Dúas vitorias de gran mérito e un derbi para Dumbría que mete ao Baio en descenso.
- X.27: O San Lorenzo recobra o alento.
- X.26: O Baio, o único que suma da Costa.
- X.25: Xornada aciaga para os costeiros. Só o San Lorenzo suma.
- X.24: Baio, San Lorenzo e Esteirana perden sendas ocasións para pegar un salto de tranquilidade.
- X.23: O Baio golea e o Fisterra pesca 3 puntos en Verdillo.
- X.22: O Dumbría fica cos de arriba.
- X.21: O Dumbría asaltou Ara Solis.
- X.20: O Baio fai saltar as quinielas e a Esteirana supera ao San Lorenzo.
- X.19: A pegada do Fisterra supera á Esteirana.
- X.18: O San Lorenzo rompe a súa mala serie.
- X.17: Remontada épica do Fisterra para abrir o curso.
- X.16: Acabando o 2023 na metade da táboa.
- X.15: O Fisterra confirma a súa melloría.
- X.14: 4 vitorias costeiras baixo a chuvia.
- X.13: O Baio frea ao San Lorenzo.
- X.12: O San Lorenzo supera a dimisión de Dani Casal.
- X.11: Os poderosos baten cos equipos costeiros.
- X.10: Só un punto en 4 partidos.
- X.9: Así foi a case completa xornada de Defuntos no Fútbol costeiro.
- X.8: Dúas vitorias, un empate e dúas duras derrotas.
- X.7: O Baio deixa escapar puntos importantes mentres os tres da zona alta suman de 3 en 3.
- X.6: O San Lorenzo tamén pode co Fisterra.
- X.5: Este San Lorenzo vai en serio.
- X.4: O Dumbría pega primeiro.
- X.3: O San Lorenzo mantense no alto cun Puebla que presentou a súa candidatura en Ara Solis.
- X.2: Fisterra e San Lorenzo suman e seguen.
- X.1: Arrincou a nova tempada con 3 vitorias e 2 derrotas.