Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Plataforma "Mina Si" denunciará as charlas contrarias ao proxecto nos centros educativos

A Plataforma "Mina Si" denunciará as charlas contrarias ao proxecto nos centros educativos

Quedan un par de días para a tractorada contra o proxecto mineiro en Corcoesto, e a asociación vecinal "Corcoesto Si, Mina Si" alza a súa voz para, "desde a coherencia, considerar que non ten sentido fomentar unha movilización política de vehículos para reivindicar o dereito ao aire puro". Pero a asociación vai máis alá da voz pública e asegura que presentará un escrito na Consellería de Educación para mostrar a súa disconformidad coas charlas levadas a cabo en colexios e institutos da Costa da Morte.

A entidade considera que "os colexios non son lugares para realizar este tipo de charlas contra un proxecto que beneficiará a toda a Comarca de Bergantiños. Ademais queren denunciar o uso de lemas antimina nas aulas".

A asociación quere tamén expresar a "súa decepción ante o interese mostrado por partidos políticos como BNG e AGE en contra do proxecto minero para conseguir o voto fácil sen ter en conta as necesidades do pobo que sofre cada día a incerteza do seu sustento".

Pintadas

PIntada-contra-a-mina-de-ouro-de-corcoesto-en-Pazos

"Corcoesto Si, Mina Si" fai patente ademais "a súa disconformidad ante as pintadas que apareceron en diversos sinais de tráfico da comarca por parte da plataforma CONT(R)AMINATE. Querendo recordarlles que os sinais de tráfico son de uso público e pagas por todos os contribuyentes que non teñen porque volver pagar a limpeza ou a reposición das mesmas. Hai moitos xeitos de manifestarse e manifestar unha opinión sen necesidade de prexudicar ao mobiliario urbano a comarca", sinalan.

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios