A apoloxista de Cortázar

Xunto a rímeles, carmíns, condóns e xabróns líquidos de hotel, tabaco, compresas e cartas de amor que se esqueceu de enviar, Elena leva a Cortázar no bolso. El non se queixa, claro. Vai encantado, como embalsamado polo perfume das interioridades de tela e coiro patagónico.
Ninguén o imaxina, mais así coma os misioneiros portan consigo alá a onde van as Sagradas Escrituras, ela carga coas súas obras completas reunidas nun só tomo que non existe, a falta dun millonario que, perdendo diñeiro, se atreva a editalo. E é que Elena misioneira non se cansa de facer apoloxía do belga - porque o arxentino con acento francés resulta que era belga – e coa súa mensaxe de laconismo e orfandade chega hata a Rioja Alavesa onde, por sacrificio apostólico e para non ter que escoitar esas verbas do autóctono pelma - “El que visita la Rioja y no prueba vino ¿A qué coño vino?” -, cata os caldos típicos.
Cando o escritor xa se cansa, xa se marea de tanta presentación e voltas ao supermercado, ela lévao para casa, protexido polo rubio do seu pelo, e nárralle unha das súas historias, por exempro, en voz alta para que lle baixen as pulsacións un pouco e non volva a morrer como no oitenta e catro.
Elena enfermeira coida ben da obra de Cortázar, da súa obra de Cortázar. Coida ben de Cortázar- a verdade é que nunca tivo tan boa pinta-.
Os domingos recórtalle a barba, péinao para facelo presentable e así evitar que a xente se afaste deles cando van a tomar o vermú ou pasean pola praza onde, de forma frecuente, detense para mercarlle unha bufanda ou media ducia de churros. O que non conseguiu é levalo ao dentista – di que por aí non pasa-. Seguro, explícolle eu a ela, que é un trauma infantil. O cal non é de extranar se se pensa que cando naceu, estos especialistas da boca, adicábanse en exclusiva a sacar dentes. Xa non farían sangrados con sanguixugas, é verdade, mais si bastante dano.
É Testemuña de Cortázar, Elena, e dende a atalaia da lingua, de porta en porta, coas tablas da minifalda ben planchadas, vai entrando nos fogares, nas almas das súas amigas, nos corazóns dos seus mozos – se llo permiten - para conseguir que os pagáns deixen de ler a Onetti, ou a Mújica Laínez - a quen se lle ocorre? - e se convirtan a Fe Verdadeira.
Todo o mundo sabe que a Elena misioneira, a Elena apoloxista, a Elena enfermeira, a Elena Testemuña de Cortázar, fáltalle pouco para comezar a atentar. Deberían detela canto antes.
- Abraham Trillo. Estudante, paseante e escritor.
MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO
- “A muller de ollos mouros e intensos”
- Voltar a Hemingway
- Viva la vida! Viva el amor!
- Polo amor de Fidel.
- Luns sen artigo... Ya se verá
- “Detrás de la niebla siempre hay algo”.
- Hastag #Xunqueira2024
- Mar de ardora
- Síguenos receitando.
- 240.
- Posta de (non) sol.
- Un delfín cachondo e duascentas oitenta e catro palabras
- Memorias de un mujeriego.
- Adnama.
- A comprar xenxibre.
- Habaneras de La Coruña
- Vivamos como galegos, pero soñemos como americanos
- Cen viños máis cen libros.
- Letras Galegas
- Escribir sen escribir.
- No tan Gotán.
- San Marcos de Corcubión. San Marquiños querido.
- Posible, hipotético, probable, suposto Manolo
- De Pla y María Dolores.
- Venres Santo.
- E o neno de Sanlúcar volveu brillar
- O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos
- García Márquez