“A muller de ollos mouros e intensos”

A Marina, recórdoa leda na clase; e enfadada, tamén na clase. A Marina Gómez Pose recórdoa na clase, en definitiva, porque me dou clase. Parece lóxico.
Nas leccións de “Lengua y Literatura” que nos impartía e que duraron, máis ou menos, cinco anos – o que veñen sendo, groso modo, seis mil horas-, tiven a oportunidade de aprender absolutamente de todo. De todo, menos sintaxis. O único que aprendín con relación a esta disciplina foi a cagarme na puta nai que pareu ao suxeito, ao predicado, e ao adverbio circunstancial de causa (C.C.C.). Mais non todo era tedio, xa digo. De forma frecuente, adoitaban pasar pola aula – aula trescentos non sei que, xa non me acordo- Juan Ramón Jimenez, montado no burro; o flemático, inflamado de literatura, ou inflamado de flemas literarias – algo así- de Rubén Darío; Cervantes, tan manco coma sempre; aquel señor Azorín; Espronceda, cos seus dez canóns por banda; ou mesmo Antonio Machado – irmán do gran Manuel- xa taciturno e embotado.
Foi a Marina a quen lle levei naquela época os meus primeiros versos para que os correxise. Todos trataban do amor e todos eran moi malos. Aínda que isto último non o chegou a dicir nunca, penso eu que por non desanimarme. Antes ben, recomendoume seguir escribindo e, sobre todo, lendo. Fíxenlle caso. Escribindo e escribindo dei nesta columna lunática de luns, e lendo e lendo, saltando de autor en autor, de libro en libro, cheguei ao que ela mesma presentou o pasado venres catro. Agora, Marina, a parte de profesora, dramaturga e actriz, é novelista. Ou esa é a impresión que a un lle queda logo de achegarse a súa obra “A muller de ollos mouros e intensos”.
O acto de presentación- ao que cheguei tarde pero a tempo, xa que tiveron o detalle de agardarme para comezar- foi na Biblioteca Municipal de Corcubión. Alí, estivemos todos. Todos, agás Pablo Neruda; seica tiña catarro.
- Abraham Trillo. Estudante, paseante e escritor.
Novas relacionadas
MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO
- Voltar a Hemingway
- Viva la vida! Viva el amor!
- Polo amor de Fidel.
- Luns sen artigo... Ya se verá
- “Detrás de la niebla siempre hay algo”.
- Hastag #Xunqueira2024
- Mar de ardora
- Síguenos receitando.
- 240.
- Posta de (non) sol.
- Un delfín cachondo e duascentas oitenta e catro palabras
- Memorias de un mujeriego.
- Adnama.
- A comprar xenxibre.
- Habaneras de La Coruña
- Vivamos como galegos, pero soñemos como americanos
- Cen viños máis cen libros.
- Letras Galegas
- Escribir sen escribir.
- No tan Gotán.
- San Marcos de Corcubión. San Marquiños querido.
- Posible, hipotético, probable, suposto Manolo
- De Pla y María Dolores.
- Venres Santo.
- E o neno de Sanlúcar volveu brillar
- O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos
- García Márquez