Carnota... A cousa cousificada

Non hai nada máis inhumano, que un humano detrás dun feixe de billetes, por necesidade.

Non hai nada máis patético e dócil, que un humano detrás dun feixe de billetes por necesidade.

Non hai nada máis inhumano, que un humano con varias vivendas, sen necesidade e varios humanos sen ningunha con necesidade.

Non hai nada máis ruín, que un humano detrás dun feixe de billetes para acadar máis billetes, sen necesidade.

Sempre teño a duda de se escribir ca mordacidade de Quevedo ou ca vehemencia Lestón... ó final case sempre sae un "Quevedón".

Sae no panfleto da Voz Popular (para regocijo del cortijo), unha primaveral noticia que destaca por destacar as lindezas de vivir nun rural que posue, como un infortunio, unha bellísima plaia con forma de instrumento para cortar a herba e que meticulosamente e con esforzo, mazaba o ferreiro ata domar e darlle forma o pertinaz ferro. No extremo levaba un mango de madeira para asir con determinación e acometiase un xiro de muñeca e cadeira a ras da herbácea ca que se ían facendo feixes.

A estas alturas xa vos daríades conta de que non quero nombrar esa plaia pero deixovos muitas pistas. Outra gratis... comenza por C.

A ese orgullo natural vánselle sumando compañeiros de viaxe ás veces pouco desexables, como a codicia... o feixe de billetes, a fauna liberal que representa un depredador. Por outro lado está a presa... máis necesitada de alivio de vivir... venderá o que teña se fai falta..e se non fai falta tamén..

Agora a presa tamén quer ser depredador... dentro de nada non haberá presas e haberá que crealas.

Máis pistas non podo dar. Alguén me vai seguindo??

Ese depredador faise grande e vólvese Industria, como mui ben e desafortunadamente a periodista informa, á vez que se desliza nun patinete de conformidade. Como se ser industria fose algo bo e bonito.

Dende o punto de vista de Quevedón NON.

O artigo preparanos de cara o verán e os acólitos que viran arredor de temporeros veraniegos afilan cuchillos e o asalto comenzará (digno de Monty Phiton) na primeira quincena de xullo. As presas xa case non existen, os prezos dislocanse por un corpo descolgado de sensatez e o festín dos billetes ven para salvarnos a vida.       Para salvarnos a vida....

Eu sempre coidei que a casa para os galegos tiña importancia, que nos representa con certa dignidade como familias... que estaba xusto para eso, para articular a posibilidade da vida.

O noso é un concello pequeno no lle carguedes máis peso que do que poda levar, porque como ben se dí no artigo..... ESTAMOS DE MODA , agora somos todos pijos y tenemos turista propio. Cada uno con su turista y cada turista con su... lo que sea.

La cosa es la cosa e non se pode escapar da verdade cara diante... entendedes... hai dous concellos de C. un que quere medrar firme e outro que depende do estacional... falalo non estaría demais... porque na vida hai muitos xeitos de vivir e este de "limpiar", como se di no artigo, podiamos darlle unha volta.. só hai que ler o que se destaca en negrita... por unha banda, casa de piedra en ruinas (C. Se cae a cachos) e por outro tranquilo, costero y con potentes espacios naturales (oportunidade que te cagas :)))) Lo de.. Trabajos vinculados al mantenimiento de las casas, a la limpieza y al no telo pierdas... arreglo de desperfectos é boisimo :)))))))))))

Ao remate di que todo esto funciona como un extra para la familia... aquí a familia é un "extra".

Pasamos de Industria a extra en dúas páxinas... ohhh..

O máis doado e rescribir a verdade, máis doado que enfrentarse a ela, como extras ,como limpiadoras con ruinas folclóricas que miran al mar.

Ou sexa, que de Silicon Walley nada... nada :((((((((((

Pois non... a esto hai que darlle unha volta... de fillas camareiras xa estamos servidos, gracias. Coñezo demasiados lugares fermosos e pequenos nos que hai que pedir vez para todo... e todo é todo;)

Supoño que para a Industria do turismo somos un mal menor que pon a disposición do temporero "hermosos cobertizos, alpendres varios y casas heredadas", pasándose polo forro tódolos estudos que arredor da destrución e desarticulación do territorio e paisaxe hai. Eso sen falar de traballos pouco cualificados, man de obra precaria, abandono escolar e empobrecimento xeral da poboación autóctona.

Normalizar que a un guiri con pasta, lla traia ao pairo edificar o seu cipote diante da casa dun veciño que leva 100 anos empedrada, é normalizar a burremia, a falta de armonía e o desprecio polo aldeano e autóctono.

Xa temos Malpica como exemplo do que nunca tivo que ser.

Por estes lares o artigo é literalmente, coma todos os que se escriben previa estación estival, unha chamada á desfeita de xente que ten pasta e que se permite o "luxo" de edificar a sabe deus cantos quilómetros do seu fogar,para elevar, aínda máis, un ego que materializa na superproducción de su vida... su casa fantasma en C.

Esta Industria o que nos dí é: "aldeanos caladiños que se non é por nós só vos comedes a vós mesmos", como se non tiveramos máis futuro que ser limpadoras; así, deste xeito, pondo territorio a disposición de tal industria, para que se van facer outro tipo de inversións... para que imos pensar noutro recurso..os aldeanos foron sempre autosuficientes... vamos a lo fácil... ladrillo.

E por certo, o carto do turismo non se redistribúe... se lo lleva el hotel, las cabañas, os apartamentos e casas rurais, os supermercados, bares e a construción... sin confrontar, todos fan o seu traballo, o resto sufre a elevación de precios, fai colas, non atopa aparcamento, sufre as caravanas, accesos a plaia saturados, os contedores de basura e cartón son floreros abarrotados e o consumo de servizos como auga dispárase e sobre todo unha forte demanda que presiona o territorio para que se abran máis plazas para acoller veraneantes,como se fose unha obriga... esa é a Vida... o outro a Industria.

 

A Industria vende este "contrato" como unha simbiosis... nós pomos as casas e os terreos e eles pon o a  xente... esa xente que nos dará de comer durante tres meses e despois... "si te he visto no me acuerdo".

Máis o certo é que é un contrato "parasitario"... pois usan o común como se fose seu, tendo unha repercusión negativa na maior parte da comunidade de C.

Así que ao remate seremos o que non somos... un territorio en VENTA que está de MODA... de moda xa estiveron outros territorios no que se chama mercado global da Industria do turismo. UUUhhh... que medo.

 

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

A VIÑETA DE NANDO LESTÓN

Ruralismo 3.0 con Antonio Nodar e Nando Lestón