Unha hora de multi-conversa con Huelvis
Seguimos adaptándonos aos novos tempos. A verdade é que esperamos que as novas tecnoloxías chegasen para quedar, porque se cadra hai dous meses sería algo estrano chamar a alguén e facer unha entrevista por videochamada, máis aínda nun directo do instagram, pero esperamos que dentro de 6 meses sexa algo máis que normal.
Esta pasada semana tivemos unha entrevista e unha rolda de prensa en Zoom co presidente da Real Federación Galega, unha conversa tamén con 3 pesos pesados do fútbol da Costa poñendo un pouco de cordura ao momento que vivimos, e hoxe seguimos cos directos de instagram que xa abrimos con Óscar Leis e Fran Figueroa.Hoxe pasamos unha horiña para falar con José Manuel Vázquez Rodríguez, “Huelvis”. Técnico municipal no Concello de Santa Comba (ogallá todos os Concellos tivesen técnicos como os xalleiros…) e un dos responsables da prolífica base do CF Dumbría. Un home multitarefa, dos que non deixan de facer cousas diversas, dos que non deixa nunca de aprender.
Un Huelvis que nos deixa auténticas experiencias, como as que estes días está vivindo colaborando en Protección Civil de Santa Comba casa por casa. E que nos deixa boas frases, como a de que a súa implicación do traballo débese á que el “traballa por Santa Comba, non no Concello de Santa Comba, como, como facían os xogadores de antes do Fisterra que dicían “Eu xogo por Fisterra”, non “eu xogo no Fisterra”.
Ademais, falando de fútbol base, recoñece que unha das cousas máis importantes do Dumbría é que intenta aprenderlle á rapazada a “traballar para gañar”, convertindo un club que acolle xentes de moitas partes da comarca nunha familia.
No tinteiro queda esa idea a implementar a nivel municipal de facer que toda a rapazada combine, entre os 5 e 8 anos varios deportes, para aprender a xestionar a frustación a nivel individual e colectivo.
Novas relacionadas
- Conversa de cordura no Fútbol da Costa en tempos de coronavirus.
- O Fútbol da Costa bota o peche á temporada con total probabilidade.
- Rafael Louzan fala con QPC sobre o estado da situación competicional.
Entrevista en directo por imstagram
- Unha hora de conversa sob FutFem con Fran Figueroa.
- Os mellores momentos da entrevista a Oscar Leis en QPC.
Entrevistas #Futfem
- José Ángel e Graci, do Mazaricos Fem.: “A aprendizaxe foi brutal xa que melloraron a un ritmo tremendo”.
- Saskia, xogadora do Bergan: "Ano de aprendizaxe onde hai que pelexar por un posto contra xogadoras máis veteranas.”.
- Alba Trillo, xogadora do UC Cee: “Xogar a fase de ascenso no primeiro ano estaría moi, moi ben!”.
- Pati, capi das Miúdas: “O noso punto forte é saír en equipo ao terreo de xogo”.
Os traballadores na sombra
- Barrié, alma do Ponteceso: "Non teño data de caducidade. Cando a teña será cando Dios queira”.
- Fernando, alma do Ameixenda: "O fútbol afeccionado está a perder a esencia de ver rapaces xogando nos equipos do seu Concello”.
- Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“.
- Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”.
ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC
- Miguel A. Domínguez Formoso: “Espero que a creación das seleccións comarcais de fútbol base faga que os rapaces comecen a despuntar”.
- David González, adestrador do Xallas: “Firmo ser o equipo máis goleado e gañar os partidos 4-3”
- Iván Rojo: "Non estou ao meu mellor nivel, pero vouno suplindo con goles”.
- José Manuel, adestrador do Cabana: "Está claro que se fose en outro club se cadra xa non estaba aquí”.
- María López Souto, presi do Laxe: "A SD Laxe, por historia, ten merecido xogar na Liga da Costa”.
- Duda: "En ningún momento baixaremos a garda, sabendo que pode haber entre 2 ou 3 arrastres e que cada punto vale ouro”.
- Juan de Dora: "En canto saín dos vestiarios non vía nada, só o fume verde e a xente cantar”.
- Dido e Adrián Parga analizan o crucial derbi de parroquias.
- Curro: “Os afeccionados teñen que entender que foron moitos cambios xuntos, e leva o seu tempo"
- Brais (Buño): “Dannos por mortos todos os anos e sempre, ou case sempre, os obxectivos cúmprense”.
- Adrián Lema: "A directiva apoiume siempre. Loxicamente non gusta, pero a decisión foi falada entre todos”.
- Marcos González: “Os pais, ás veces, son os responsables das frustacións dos rapaces, moitos pensan que teñen Messis na casa”.
- Diego Lobelos, adestrador do Muxía: "O Cairo é outa historia, pero a este equipo encántalle xogar estos partidos”.
- Manu Guillamet e Jairo explican as claves do seus importantes goles.
- Juan Porrúa, adestrador do Montelouro: "A 3ª está sendo máis competitiva do que esperaba”.
- Bruno Méndez: "Todo o que proba de árbitro, quédase”.
- Bieito e Basti analizan o derbi soneirán de 1ª.
- Os adestradores dos 4 primeiros analizan a Liga Xuveni.
- Miguel Ramos: “A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa”.
- Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno”.
- Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito”.
- Juni, adestrador do Coristanco: “Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans”.
- Tolo: “Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí”.
- Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas.
- Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes.
- ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán.
- Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: “Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa”.
- Iván Cancela e Cantudo, conversa cos adestradores da Selección Galega.
- Pedro Gómez e Santi Cambón: Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa.
- Raúl Periscal: “Hai que volver ás orixes e deixarse de pagar, e facer unha base con xente da casa"
- Christian Caamaño e Iván Bouzón analizan ao detalle o derbi verde da Preferente.
- Pepe Wii e Jati: O Porteño – Camelle comeza a xogarse en QPC.
- Basti e Rivi analizan o derbi costeiro entre o Soneira SD e o CF Dumbría.
- Pablo Conde: ”Só buscamos que a xente que saíu das categorías base se asente”.
- Lelo: ”Sempre foi unha ilusión adestrar ao primeiro equipo”.