Martes. 19.03.2024
El tiempo

Miguel A. Domínguez Formoso: “Espero que a creación das seleccións comarcais de fútbol base faga que os rapaces comecen a despuntar”

Miguel Ángel Domínguez Formoso natural de Larino
Miguel Ángel Domínguez Formoso na súa praia, a de Lariño
Miguel A. Domínguez Formoso: “Espero que a creación das seleccións comarcais de fútbol base faga que os rapaces comecen a despuntar”

Saeu novo de Lariño a vivir a Vigo coa famila, pero si chegou a competir en futbito xogaba. En Vigo fixo carreira en varios equipos de 3ª e mesmo logrou o ascenso co Coruxo a 2ªB. Retirouse de xogador no Coruxo e pasou a formar parte do corpo técnico, facendo labores de secretario tecnico e 2° adestrador. Actualmente esta de 2° Adestrador do Arousa, tamén con Rafa Saez. Polo camiño tamén adestrou ao Alertanavia da Preferente Sur.

Hoxe queremos falar con el para ver como se ve dende fóra, pero coñecendo de primeira man, o Fútbol da Costa, e tamén o auxe ciclista na Costa da Morte, pois é un gran amante das dúas rodas.

 
  • QPC: Cóntanos como foi a túa carreira como futbolista? Chegaches a xogar no Fútbol da Costa antes de “emigrar”?

Non tiven a sorte de poder facelo. Marchei moi novo, acababa de cumplir o 15 anos (1987). En ese ano o SDC Lariño xa desaparecera, e as únicas posibilidades de xogar era a nivel escolar ou algún partido organizado entre parroquias.

Cando cheguei a Vigo tiven a posibilidade de fichar na SD Chapela. Alí fixen toda etapa xuvenil que alternei co primeiro equipo, ata cumplir o servicio militar. Foi a a partir de aí cando tiven a sorte de disfrutar do fútbol dunha maneira semiprofesional. Fichoume o Gran Peña onde estiven 5 tempadas. Porriño Industrial, Ponte Ourense, Rápido de Bouzas, Cd Grove e Coruxo FC onde xoguei os últimos 3 años, ata que despois de 14 tempadas en 3ª División me retirei, foron os equipos onde puiden facer a miña carreira deportiva como xogador.  

Miguel ángel Domínguez Formoso no Puente e no CCP

  • QPC: Como chegaches a ser adestrador? Algunha persoa en concreto foi clave?

O rematar a miña última tempada como xogador, o club me deu a posibilidade de seguir vinculado ao fútbol como segundo adestrador do primeiro equipo. Durante a etapa coma xogador xa estivera adestrando categorías de base, era algo que me gustaba moito.

 
  • QPC: é o Coruxo o equipo da túa vida?? E que significou para ti traballar man a man con Rafa Sáez?

O Coruxo FC, xunto co Gran Peña CF, que foi o equipo no que debutei en 3ª División, pódese dicir que foron os equipos que máis me marcaron, sin olvidarme do gran trato recibido en todos os que estiven.

Non vou agora a descubrir a figura de Rafa como adestrador, porque a súa traxectoria e bo facer e ben coñecido por todos. Agora, ter a gran sorte de poder compartir o día a día con el non deixa de ser unha constante aprendizaxe, un master gratuíto, non só polos seus coñecementos futbolísticos, que son enormes, senón tamén pola súa infinita calidade humana.

  Rafa Saez con Miguel Angel Domínguez Formoso copia
Rafa Sáez e Miguel Angel Domínguez Formoso na súa etapa no Coruxo
  • QPC: Como é o fútbol semi profesional?

As categorías de 2ªB e 3ª División, que son as que podemos darlle ese calificativo de semi profesionais, son un fútbol que precisa da máxima dedicación e onde as compensacións económicas son máis modestas, o que implica que na maioría dos casos se teña que compaxinar con outras actividades, incluindo o traballo.

 
  • QPC: Esta ano estás no Arousa, outro histórico do fútbol galego. Que tal está a ser a tempada?

Pois ata o de agora a tempada estaba a resultar satisfactoria, estábamos a cumplir cos obxetivos marcados pero agora temos outras prioridades que pouco teñen que ver co fútbol. Que todo remate da mellor maneira para todos e despois xa teremos tempo de facer valoracións.

 
  • QPC: Que recordos tes da Costa da Morte e do Fútbol da Costa?

Son de esa terra, aí vive a miña nai, e sempre que podo a visito. Poucos lugares máis fermosos que a nosa terra se poden visitar.
Do Fútbol da Costa todo o que recordo son os partidos do SCD Lariño, tanto en Lombáns coma no Faro. Partidos de moita rivalidade, con xogadores do pobo e da contorna.

 

Todas as iniciativas con fins solidarios temos que aplaudilas e se temos a posibilidade, ser partícipe delas. Ademais diso, se achegan a Costa equipos representativos da comunidade pois acaban por realzar máis o evento.

 
  • QPC: A día de hoxe, fas seguemento do Fútbol costeiro? Que opinión te merece?

Intento seguir todo o fútbol en xeral, e o da Costa non ía ser menos, ademais teño amigos traballando nese fútbol e me sinto moi ledo polo traballo que están a desenvolver.
Tanto a creación das seleccións comarcais de fútbol base da Costa, coma a disputa de varias fases de competicións, penso que está a axudar a dar visibilidade o fútbol da comarca e os seus rapaces.

 
  • QPC: Fálase algo do Fútbol a Costa en Vigo e arredores?

A verdade é que pouco. A nivel da 3ª Galega falamos, por razón obvias do Bergantiños CF, que é clube máis representativo da comarca.

 
  • QPC: Por que cres non temos un equipo costeiro en 3ª División? (pendentes estamos dese soño do Fisterra..)

Non é doado. Penso que se necesita dunha inversión económica importante se se quere acadar en pouco tempo, ou de moito traballo de base se se fai a longo prazo. Os equipos da Costa, por cuestión xeográficas sempre van a ter máis dificultades para achegar xogadores a os seus planteis.

 
  • QPC: Por que cres que non chegan xogadores da Costa ao fútbol semi profesional?

Bueno, algúns van chegando, moitos menos dos deseados. Espero que, como comentaba anteriormente, o feito de ter seleccións comarcais de fútbol base, faga que eses rapaces que escomenzan a despuntar, teñan pronto un sitio no fútbol da 3ª e máis arriba por suposto. Ademais temos na zona un gran adestrador como é Miguel Figueira.

  Miguel ángel Domínguez Formoso en bici
  • QPC: Por outra banda, contounos un paxariño que es moi afeccionado ao ciclismo… Tes subido o Alto do ézaro no Gran Fondo?

Ata o de agora non me atrevín a facelo, aínda que teño que recoñecer que me faría ilusión. Fai uns meses puiden dar uns pedales pola zona e a verdade é que se non este ano, que está por ver, o seguinte seguro.

 
  • QPC: Que che parece a potenciación turística da nosa comarca a través dun deporte coma este?

Todo o que sexa promocionar e dar visibilidade a nosa comarca, benvido sexa. Temos moito que amosar a quen nos visite, escomenzando pola amabilidade e cercanía das nosas xentes e rematando polo potencial turístico e gastronómico da nosa bisbarra.

Entrevistas #Futfem

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Comentarios