Domingo. 06.10.2024
El tiempo

#FERROATLÁNTICA

Ferroatlántica, entre o fume e as dúbidas

Ferroatlántica, entre o fume e as dúbidas
Fabrica de Cee entre fume
Ferroatlántica, entre o fume por problemas no forno 13

Fin de semana de fume por Mordor. O forno 13, cargado con materias primas de mala calidade que non queren noutros centros de traballo do Grupo de Ferroatlántica (FG), provocou unha fumareda que puido comprobar toda a ría de Corcubión. Un situación que pon en perigo as instalacións e son altamente prexudiciais para a saúde dos traballadores e das traballadoras, e que, segundo Sección Sindical da CIG, é “consecuencia da venda especulativa”, que conta ademais coa “ complicidade e a pasividade da Xunta, malia ter plenas competencias”.

”Traballar cos fornos rebaixados (por un suposto exceso de produción), a produción por debaixo de custes por estar a expensas dun único cliente e o consumo de materias primas de mala calidade que se desbotan noutros centros de traballo do Grupo FG, son algunhas das consecuencias a curto prazo que se empezan a padecer por unha venda especulativa, que en vez de traer inversión trae máis recortes”, explica algunha das numerosas incidencias producidas estes días, ante as que a dirección do centro non está a tomar ningún tipo de medidas, ademais de levar meses sen convocar o comité de seguridade e saúde, incumprindo claramente a lexislación vixente.

”A situación actual e de futuro, polo tanto é moi preocupante, xa que a partir do 1 de xaneiro de 2020 volvemos a estar na mesma incerteza que este ano pero cun peor escenario”.

NOVAS DO CO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Artigos relacionados

Comentarios