2ª Autonómica: Seaia e Montelouro din adeus mentres Zas, Outes e San Lorenzo xogaranse todo na última xornada

Como está a Liga da Cost a 2ª Autonómica - ES Bazarra, cando queda só unha xornada para o remate. Por arriba temos todo en xogo. Zas (73), Outes (72) e San Lorenzo (71) seguen sen fallar, e chegan con 2 puntos entre os tres, e o título e a praza de Promoción en xogo. Será unha última xornada de transistores, de infarto, co Zas xogádonse todo en Mazaricos, o Outes recibindo ao safo Porteño e o San Lorenzo visitando o campo de Ara Solis. Teremos un domingo espectacular.

O que si quedou decidido é o descenso. O Seaia volve a 3ª tralo efímero seu paso pola 2ª. Un Seaia que fixo unha gran primeira volta, pero que leva só 8 puntos na segunda. Con el, ademais do Camelle, baixa, por agora, o Montelouro. I é que o cadro loureán sofre o arrastre da Esteirana, se ben confía en que o equipo que xogue a Promoción á 1ª, consiga o ascenso e libere unha praza na categoría, como lle acontecía o ano pasado ao Volantes co Sofán.

Toca, iso si, felicitar aos Porteño e Cabana que certificaron a súa permanencia, un ano máis, na categoría.


Camelle - Fisterra (1-5)

  • CAMELLE: Felisiano, Sikario del Amor, Lado (Nejro, min.47), Gemelo, Peseta, Macho, Narisudo, Josecho, Sergio, David e Tonsón.
  • FISTERRA: Norberto, Munitis, Juan, Breixo, Santi (Asier), Rubia, Noé, Andrés (Guardiola), Roco, Adrián e Mané (Pablo Lestón).
  • Goles: 0-1, min.9: Juan; 0-2, min.22: Adrián; 0-3, min.46: Adrián; 1-3, min.56: David; 1-4, min.62: Adrián; 1-5, min.83: Noé.

Moi mal tempo no Rodeiro, cos dous equipos cheos de baixas, e un Camelle sen porteiro e cansos da Copa. Empezou o Camelle forte, con 3 chegadas á meta de Norberto, pero os Josecho, Sergio e Tonsón non acertaron e de seguido o Fisterra se adiantaba. Xa colleu aí o mando o Fisterra, que cun acertado Adrián, que completou un triplete, sentenciaba o partido nada máis saír do descanso. Recurou David pero o Fisterra sentenciou antes de que o colexiado sufrira as protestas dos locais, mesmo expulsando a un xogador, nun partido limpo.


Cabana - Baíñas (4-1)

  • CABANA: Anón, Charly, Aurelio, Pepe (Raúl), David, Miky (Iván de Treos), Moreno (Álex), Manolo Cruceiro (Berti), Dani Mato (Riegía), Fernando e Iván Mato.
  • BAÍÑAS: Sergio, Héctor, Samuel, Iván (Sancho, min.75), Rodri, Jaime, Eloy Vilas (Eloy Cabeza, min.75), Mata, Cristian, Javi Suárez e Pablo Muíño.
  • Goles: 1-0, min.22: Iván Mato; 2-0, min.44: Iván Mato de penalti; 3-0, min.71: Berti; 4-0, min.84: Fernando; 4-1, min.89: Javi Suárez.

Confirmou a súa permanencia un ano máis o equipo de Raúl Periscal ante un Baíñas que xa pensa no ano que vén, e no que seguirá Pablo Mallón á fronte.

O cadro cabanés saíu algo nervioso e o Baíñas, a pesar de non poder saír con ambición ao non xogarse nada, tivo varias ocasións para meterse por diante, fallando ata sen porteiro. Así, o Cabana, sen facer grandes cousas, foise facendo co partido e levouno por necesidade e maior implicación.

Iván Mato foi clave na primeira, con dous goles que puñan a salvación en bandexa. Na segunda Berti e Fernando permitían celebralo como merecen.


San Lorenzo - Buño (4-1)

  • SAN LORENZO: Diego, Rudi, Pablo Novo, Álex Figueiras, Álex Taibo (Cachizo, min.73), Adrián Fraga, Canay (Javi Pensado, min.70), Fuentefría, Rubén (Anxo, min.65), Juni e Óscar Suárez (Schuster, min.65).
  • BUÑO: Toni (Víctor, min.80), Eloy, Diego, Rubén, Uru; Miguel, Emilio, Jorge Calvete (David, min.75), Fran Borrazás (Casais, min.70); Dani (Juan, min.65) e Charro (Santi, min.65)
  • Goles: 1-0, min.3: Álex Figueira de falta; 1-1, min.35: Dani; 2-1, min.60: Juni no man a man; 3-1, min.83: Fuentefría; 4-1, min.88: Juni.

Demasiado abultada a goleada tralo visto en Verdillo, pois competíu o Buño, en nada en xogo, durante 80 minutos, complicándolle moito o partido a un San Lorenzo que sudou para gañar e manter as súas opcións de título. O cadro carballés saíu moi forte e xa aos 3 minutos Álex Figueiras abría o marcador, que pudio ampliar Pablo e Rubén, pero os seus remates pegaron na madeira. Juni e Óscar tamén tiveron as súas, pero Dani empataba para o Buño tras un saque de banda longo.

Saíu dominando o San Lorenzo na segunda, pero o Buño se mantiña ben. Rudi, Juni e Óscar Suárez avisaban antes de Juni adiante aos seus á hora de partido definindo ben un man a man. Chegábase ó tramo final do encontro cun axustado 2-1, tendo o Buño o empate nos pes de Juan (ó pau) e na cabeza de Santi (lamendo o poste). Pero foron os locais os que sentenciaron aproveitando que o Buño se foi arriba á desesperada, cos tantos de Fuentefría e Juni.


Porteño - Volantes (5-3)

  • PORTEÑO: Suso, Óscar, Manuel, Maikol, Pejo, Camaño (Curra, min.46), Doyle (Rodri, min.46), Cristian (Wii, min.70), Meu Lar, Roi (Marcos, min.60) e Iván (Oli, min.80).
  • VOLANTES: Rubén, Mayu, Moja, Picho, Javi, Mingos, Ivi, Jesús, Miguel, Brais e Piti.
  • Goles: 1-0, min.15: Roi; 2-0, min.20: Cristian; 3-0, min.25: Iván; 4-0, min.28: Meu Lar; 4-1, min.50: Piti; 4-2, min.55: Mayu; 5-2, min.61: Cristian; 5-3, min.70: Piti.

Partido sen moita historia cun Porteño que se xogaba a permanencia e que saíu a por todas, e pronto pasou por riba dun Volantes sen demasiada intensidade. En media hora sentenciara o choque o cadro de Roski con 4-0, e o Volantes se deixou ir, pero tamén picou ca calidade de Piti arriba para maquillar o resultado.

O Porteño certifica así a permanencia.


Seaia - Outes (1-2)

  • SEAIA: Jesús, Adrián (Tato, min.10), Dimaga, Vistas, Javi Rañal, Eme, Adra, Nando, Riveiro, Camilo e Felipe.
  • OUTES: Gato, Borja, Saúl, David, Jura, Samuel, Martín, Piki, Yago (Martín lago), Elías e Mario.
  • Goles: 1-0, min.60: Eme; 1-1, min.65: Elías; 1-2, min.87: David Sampedro de penalti sobre Piki.
  • Lesión: o local Adrián.

Partidazo de alto voltaxe onte en Pedr Queimada, entre dous equipos con todo en xogo. E tocou heroica para o Outes, mandando a 3ª a un Seaia que competiu cun dos mellores da categoría cara a cara.

O choque estivo igualado todo o partido, cun gran Seaia que ademais se portou de luxo a pesar do descenso. A primeira metade foi tan igualada como fermosa, con alternativas, un gran ritmo, un bo trato co balón, e dous equipos ben situados. Non estivo a altura sacando moitas tarxetas e pitando dous penaltis que non gustaron aos locais, se ben os visitantes pediron ata 3.

O primeiro marrouno Piki, máis ben parouno Jesús. Á hora de partido Eme metía por diante aos locais, pero pronto Elías facía o empate. E non foi ata o suspiro final, cando unha pena máxima cometida sobre Piki, desta volta era lanzada por David Sampedro que non fallou e deixou ao Outes metido na loita ata o final.

"Creo que a clave dos nosos chicos foi que xogaron sabendo que poden quedar 4º ou 1º, pero deste ano vanse acordar sempre do ben que o fixeron e do que disfrutaron”, quere Roque mandarlle esta mensaxe aos seus.


Cee - Mazaricos (2-3)

  • CEE: Paulo, Borja, Senlle (Álex, min.77), Aitor, Tebo (Gabriel, min.46), Rubén Castillo (Carlos Leis, min.62), Josiño, Juan, Isma (Chema, min.70), Leo e Chiru (Hidalgo, min.57).
  • MAZARICOS: Marcos, Chico (Miguel), Tuco (Casais), Matías, Ramón, Ricardo, Ferreiro (Coxo), Pereiro, Estéfano, David e Chenel.
  • Goles: 0-1, min.2: David de penalti; 1-1, min.22: Castillo; 2-1, min.65: Leo; 2-2, min.74: Ricardo; 2-3, min.89: Pereiro nunha boa xogada combinativa.

Saía o Cee ó campo ca resaca da Copa, varias baixas e pouca intensidade, regalando un balón cando aínda non ían 2 minutos e Paulo, de volta a casa tralo seu paso por Dumbría, fai penalti e David non falla dende os 11 metros. Atopábase cómodo o Mazaricos ante un Cee lento e impreciso na circulación do balón, e os amarelos mantiñan o control xerando boas ocasións para ampliar o marcador. Pero era Castillo, que debutaba facendo un gran partido, de tiro lonxano pola escuadra o que empataba no ecuador da primeira parte. De aí ó final da primeira parte igualouse o partido e tivo o Cee unha boa ocasión para adiantarse pero Leo errou no pase a Juan.

Na segunda estivo o Cee algo mellor e se adiantaba por medio de Leo, tras unha boa xogada combinativa. Pero o partido fíxose moi longo para os locais e o Mazaricos foise arriba, acabou impoñendo a súa superioridade física e doulle a volta ó resultado levándose o partido no desconto.


Montelouro - Camariñas (3-1)

  • MONTELOURO: Fernando, Abel, César, Teo, Pablo, Dani Corniños, Geiko, Riky, David (Raúl, min.50), Gelo e Dani Deza.
  • CAMARIÑAS: Pablo, Sule, Martín (Pablo, min.46), Piti, Martín Kanga, Pereira, Saviola, Javi (Joseba, min.65), Mario, David e Yuyo.
  • Goles: 1-0, min.60: Raúl; 1-1, min.70: Mario; 2-1, min.80: César; 3-1, min.90: Dani Deza.

Bo partido do Montelouro na estrea ligueira do céspede de Agra da Filgueira ante 150 espectadores, no que pode ser o último choque na Liga da Costa, pois depende agora o Montelouro do posible ascenso do equipo da Liga da Costa que xogue a Promoción á 1ª.

Foi xusto vencedor o equipo de Marcelo, que recuperou un equipo que parecía afundido a metade de temporada e que pelexou nesta segunda volta tratanto aos grandes de igual a igual.

O Camariñas, cansado polo partido da Copa e con moitas baixas, aguantou a primeira metade. O cadro local dominaba dende o comezo, tendo boas ocasións de David, Geiko, Riky e Deza. Pero os goles chegaron na segunda, e se Raúl abría o marcador, Mario igualaba pero pouco despois César e Dani Deza deixaban os puntos, que de pouco valen, en casa.


Castriz - Carnota (3-1)

  • CASTRIZ: Diego, Félix, Juan David, Pecho, Álex, Agra, Adrián Beiroa, Martín Gemelo, Chinda, Luís e Bolón. Tamén: Serrucho, Balsita e Nolas.
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Manolo Chouza, Ferreiro, Pedro Pichín, Pumuki, Pablo Pichín, Cano, Nakata, Jrabello; Raíl e Berni.
  • Goles: 0-1, min.52: Berni de vaselina dende lonxe; 1-1, min.52; 1-1, min.57: Luís tras un erro entre Pedro e Luís; 2-1, min.77: Agra dende fóra da área; 3-1, min.80: Luís nunha contra.

Con 11 xustos chegaba o Carnota a Castriz, e tras unha primeira metade aburrida, con dominio alterno, o Castriz foi aproveitando que baixaban as forzas dos visitantes para facer máis pantente o control do partido.

Así e todo era o Carnota o que se adiantaba nunha contra aos 10 da segunda, pero pouco despois Luís empataba aproveitando unha indecisión da defensa carnotá. O Castriz tocou e tocou ata que nun golazo de Agra de fóra da área metía ao Castriz por diante e xa Luñis finiquitaba a xusta vitoria rosonera, que así e todo remata a temporada na 4ª praza, perdendo nas últimas xornadas e en momentos claves, o tren da loita polo título


Zas - Ponteceso (5-1)

  • ZAS: Tívoli, Josito, Pereiro, Isma, Manu, Canedo, Peke, Dani, Rubio, David Blanco e Álex Flores.
  • PONTECESO: Sergio Fariña, Diego Collazo, Pablo Regueiro, Valle, Pablo Marquez, Javi Peón, Mendieta, Alberto Recarey, Martín Puente, Dieguito (Youssef, min.33) e Christian Martínez (Ismail, min.52)
  • Goles: 1-0, min.9: Álex a pase de Rubio; 2-0, min.15: Rubio; 3-0, min.44: David Blanco; 4-0, min.61: David Blanco; 5-0, min.66: Rubio de penalti; 5-1, min.75: Martín Puente.

Arrincaba o choque de San Andrés, ante 200 afeccionados, cun fermoso detalle do Ponteceso con Josito, que vestíu a elástica pontecesá durante moitos anos.

Partidazo do Zas, a un partido do título e do ascenso. Un Zas anclado no poderío do seu tridente ofensivo, David Blanco (19), Rubio (9) e Álex Flores (15), sumando a frioleira cifra de 43 dos 74 goles que leva o equipo de Iván Cancela. Onte, o equipo zaense, arroupado por unha gran afección, brindou un bo partido, dominando dende o comezo e sentenciando o choque na primeira metade. Iso si, co 2-0, Tívoli parou un penalti que puido ter metido no partido ao cadro visitante.

O Zas, sabendo o que se xogaba, mostrouse firme en defensa sen conceder e efectivo en ataque, e os de arriba fixeron o seu para sentenciar na segunda.

Xa prepara o Zas o asalto á Liga da Costa, con dous buses para o partido no Pino do Val. Os buses sairán ás 15:00h do Resturante Tívoli así que reserven praza!


Crónicas da Liga da Costa


Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).