Copa Xuvenil: O Dumbría gáñao todo

Espectacular ambiente o que había na tarde deste domingo no municipal de Vimianzo para ver unha final da Copa da Costa Xuvenil igualadísima entre o Corme e o Dumbría, na que finalmente o título levouno o conxunto que soubo aproveitar mellor os erros do contrario.

A pesar de que os dumbrieses eran os claros favoritos sobre o papel, como ben predixo Óscar Leis na previa, nas finais a un partido non hai favoritos e o Corme demostrou sobre o céspede que é como dixo o míster do Dumbría.

Ao final, o Dumbría fixo valer a súa teórica superioridade e segue facendo unha temporada inmellorable, gañando o título da Liga Sur, o da Liga de campións, e agora a Copa da Costa Xuvenil. Esperamos que consiga o ansiado ascenso á Liga Galega e complete así unha campaña histórica.

Corme - Dumbría (1-2)

  • CORME: Rubén, Cristian (Eloy JJ, min.76), Reixía, Koeman (Manu, min.74), Joshua, Sergio Sueiro (Isma, min.90), Antonio, Brais, Alejo (Eloy CR, min.81), Juanma e Kike (Sergio Fariña, min.61).
  • DUMBRÍA: David (Iván, min.46), Duarte, Maikel, Cabana, Roberto, Jano, Edu (Portu, min.84). Adrián Alcaina, Marcote (Oli, min.90), Pablo Pardiñas (Juan de Dora, min.17) e Javi (Martín, min.66).
  • Goles: 1-0, min.11: Joshua; 1-1, min.17: Javi; 1-2, min.72: Marcote.
  • Lesión: Pablo Pardiñas, do Dumbría, cun forte golpe na cabeza, polo cal foi trasladado ao hospital.

Comezou o partido, co conxunto blanco intentando dominar pero serían os cormeláns os que pegaron primeiro. Avisaba Antonio cun potente lanzamento de falta que envía David a córner e no consiguiente saque de esquina chegaría o 1-0 logo do balón que colga Kike, peina Sergio Sueiro no primeiro pau e remacha Joshua no segundo pau, para o delirio da afección de sangue azul, alegría que non duraría moito tempo na familia cormelana. Primeiro avisaba Adrián Alcaina cun disparo lonxano que se vai a rentes do pau e Javi igualaría a contenda minutos despois logo dun balón en largo á espalda da defensa que aproveita o dianteiro dumbriés para superar a Rubén no man a man.
Cando transcurría o minuto 20, Juanma quixo sorprender cun potente lanzamento dende a frontal que se vai rozando o pau. E co 1-1 no marcador chegaríase ao descanso.

Á volta do tempo de lecer, a igualdade sería máxima e as ocasións de gol contadas e teríamos que esperar ata o minuto 57 para ver a primeira oportunidade desta segunda metade e sería tras un cabezazo de Javi que repele o longueiro. Respostaría Antonio cun potente disparo dende tres cuartos de campo que se vai a rozando o longueiro da portería defendida por Iván. A falta de vinte minutos para o final, Marcote intenta sorprender dende a frontal da área pero o seu lanzamento é rexeitado por Rubén e finalmente Juan de Dora cabecea alto. Pouco despois Edu pon en dificultades a Rubén que rexeita o lanzamento de falta do dumbriés, pero non é capaz de salvar o remate final de Marcote, que fai o definitivo 1 a 2.

Ata o final do encontro, o Corme intentou acadar o empate pero fíxoo con máis corazón que cabeza e sen crear claras ocasións de gol.

O Dumbría con esta vitoria ante os cormeláns, que foron un digno rival e que realizaron un gran partido, acada un triplete que esperan completar co ascenso á liga galega.

Para rematar, destacar a espectacular organización da directiva do Soneira SD para albergar as dúas finais que se xogaron na tarde do domingo no Municipal de Vimianzo, cun detallazo no vestiario para os equipos participantes.

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte