Copa Xuvenil: O Dumbría gáñao todo


Espectacular ambiente o que había na tarde deste domingo no municipal de Vimianzo para ver unha final da Copa da Costa Xuvenil igualadísima entre o Corme e o Dumbría, na que finalmente o título levouno o conxunto que soubo aproveitar mellor os erros do contrario.
A pesar de que os dumbrieses eran os claros favoritos sobre o papel, como ben predixo Óscar Leis na previa, nas finais a un partido non hai favoritos e o Corme demostrou sobre o céspede que é como dixo o míster do Dumbría.
Ao final, o Dumbría fixo valer a súa teórica superioridade e segue facendo unha temporada inmellorable, gañando o título da Liga Sur, o da Liga de campións, e agora a Copa da Costa Xuvenil. Esperamos que consiga o ansiado ascenso á Liga Galega e complete así unha campaña histórica.

Corme - Dumbría (1-2)

- CORME: Rubén, Cristian (Eloy JJ, min.76), Reixía, Koeman (Manu, min.74), Joshua, Sergio Sueiro (Isma, min.90), Antonio, Brais, Alejo (Eloy CR, min.81), Juanma e Kike (Sergio Fariña, min.61).

- DUMBRÍA: David (Iván, min.46), Duarte, Maikel, Cabana, Roberto, Jano, Edu (Portu, min.84). Adrián Alcaina, Marcote (Oli, min.90), Pablo Pardiñas (Juan de Dora, min.17) e Javi (Martín, min.66).
- Goles: 1-0, min.11: Joshua; 1-1, min.17: Javi; 1-2, min.72: Marcote.
- Lesión: Pablo Pardiñas, do Dumbría, cun forte golpe na cabeza, polo cal foi trasladado ao hospital.

Comezou o partido, co conxunto blanco intentando dominar pero serían os cormeláns os que pegaron primeiro. Avisaba Antonio cun potente lanzamento de falta que envía David a córner e no consiguiente saque de esquina chegaría o 1-0 logo do balón que colga Kike, peina Sergio Sueiro no primeiro pau e remacha Joshua no segundo pau, para o delirio da afección de sangue azul, alegría que non duraría moito tempo na familia cormelana. Primeiro avisaba Adrián Alcaina cun disparo lonxano que se vai a rentes do pau e Javi igualaría a contenda minutos despois logo dun balón en largo á espalda da defensa que aproveita o dianteiro dumbriés para superar a Rubén no man a man.
Cando transcurría o minuto 20, Juanma quixo sorprender cun potente lanzamento dende a frontal que se vai rozando o pau. E co 1-1 no marcador chegaríase ao descanso.
Á volta do tempo de lecer, a igualdade sería máxima e as ocasións de gol contadas e teríamos que esperar ata o minuto 57 para ver a primeira oportunidade desta segunda metade e sería tras un cabezazo de Javi que repele o longueiro. Respostaría Antonio cun potente disparo dende tres cuartos de campo que se vai a rozando o longueiro da portería defendida por Iván. A falta de vinte minutos para o final, Marcote intenta sorprender dende a frontal da área pero o seu lanzamento é rexeitado por Rubén e finalmente Juan de Dora cabecea alto. Pouco despois Edu pon en dificultades a Rubén que rexeita o lanzamento de falta do dumbriés, pero non é capaz de salvar o remate final de Marcote, que fai o definitivo 1 a 2.
Ata o final do encontro, o Corme intentou acadar o empate pero fíxoo con máis corazón que cabeza e sen crear claras ocasións de gol.

O Dumbría con esta vitoria ante os cormeláns, que foron un digno rival e que realizaron un gran partido, acada un triplete que esperan completar co ascenso á liga galega.
Para rematar, destacar a espectacular organización da directiva do Soneira SD para albergar as dúas finais que se xogaron na tarde do domingo no Municipal de Vimianzo, cun detallazo no vestiario para os equipos participantes.








Crónicas das Ligas Xuvenís
- .
- Copa Xuvenil: O Corme tivo que loitar a finalísima ante un gran Muros e enfrontarase ao potente Dumbría.
- Copa Xuvenil: O Dumbría sentenza a final adiantada mentres Muros e Corme empantan.
- Copa Xuvenil: 3 vitorias visitantes e unha local.
- Copa Xuvenil: Os Cuartos servidos.
- Copa Xuvenil: Moita igualdade nuns Oitavos que se deciden o xoves.
- X.10: Ca cabeza na Copa.
- X.9: O Dumbría proclámase campión de campións.
- X.8: O Castriz queda fóra dos Oitavos da Copa e Esteirana e Dumbría esperan o duelo.
- X.7: Dumbría e Esteirana buscarán o ascenso á Liga Galega.
- X.6: O peixe case vendido.
- X.5: A Esteirana súmase ao barco do Dumbría.
- X.4: O Dumbría queda só pero os resultados favorecen á Esteirana.
- X.3: Dumbría e Esteirana escapan cando arrinca a Copa.
- X.2: O Dumbría bate na mesa e a Esteirana segue o ritmo.
- David Castro analiza a Previa da Fase de Ascenso Xuvenil cos protagonistas.
- Os Xuvenís xa teñen grupos para a segunda fase da Liga e a Previa da Copa.
- X.22: Xuvenís: Sen sorpresas cara a segunda fase.
- X.21: Xuvenís: Todo listo no Sur e moito por decidir no Norte para a última xornada.
- X.20: O Dumbría campión e 3 das 6 prazas cubertas.
- X.19: Todo encarrilado a falta de 3 xornadas.
- X.18: As cousas claras, pero non tanto.
- X.17: Descanso de Nadal para algúns.
- X.16: Escapan os 3 de arriba.
- X.15: Perfílanse as 3 primeiras prazas de cada grupo.
- X.14: O Cabana freou ao Malpica.
- X.13: Xornada cos despachos como protagonistas.
- X.12: Xuvenís: O Malpica dá un paso adiante no Norte e Esteirana e Cee no Sur.
- X.11: Dúas loitas abertas no ecuador.
- X.10: Novo cambio de líder na igualada Liga Norte.
- X.9: Xuvenís: O Dumbría impón a sua lei no Sur e 4 equipos loitan igualados no Norte.
- X.8: O Malpica dá un paso adiante tirando de efectividade.
- X.7: O Dumbría manda no Sur e a igualdade no norte.
- X.6: Facéndose ao cambio xeracional.
- X.5: O Dumbría arrasa polo Sur mentres no Norte volven cambiar de líder.
- X.4: Nin a calor pode con eles.
- X.3: Con medo a descolgarse.
- X.2: Arrincaron dúas Ligas tremendamente abertas.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- Os Infantís, que triufan nas Comarcais de FS, xa teñen finalísima da Copa da Costa.
- O Sofán xa ten rivais para a Fase de Ascenso á 1ª.
- A gran festa do ascenso do Seaia viviuse en autobús.
- 2ª Autonómica: O Volantes mira cara 3ª.
- 1ª Autonómica: A Esteirana adica á permancia aos seus capitáns.
- Preferente: O XSC ten pé e medio na 1ª Autonómica.
- Promoción 3ª: Os penaltis dan o pase ao Seaia fronte a un gran Ameixenda.
- Resultados e crónica dunha xornada de ascensos, descensos e finais do Fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- Juan de Dora: “Diego Lobelos e Óscar Leis son coma dous irmáns.
- Unha Liga da Costa por ti, Guille.
- Dous xogadores e unha xogadora costeiros á Selección Coruñesa sub-14.
- 4 campións con Biberón.
- Pablo Varela; O Corme bate nas portas do Paraíso.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de David Castro, de O Fútbol unha pasión ([email protected]).