Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Xuvenís: O Dumbría queda só pero os resultados favorecen á Esteirana

Xuvenís: O Dumbría queda só pero os resultados favorecen á Esteirana
Dumbria-Esteirana xuvenil-Foto-Jorge Parri

Non había Liguilla da Copa pero si Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, que xa pasou a 4ª xornada. Unha xornada que deixa só ao Dumbría no máis alto trala súa vitoria ante unha Esteirana que tamén chegaba invita ao choque.
Aínda así, o cadro esteirán segue a ser o favorito para acompañar aos dumbrieses na seguinte fase, pois os resultados acompañáronlle, e o XSC, que non sumara, vencía en Malpica, e Corme e Cabana asinaban unhas táboas que os deixan a 5 puntos dos blaugrana.

Unha xornada que serviu para entregarlle o trofeo como campión da Liga Sur ao cadro dumbriés, con pasillo e todo.

Dumbria co trofeo de Campion da Liga Sur de Xuvenis-Foto-Jorge Parri

Dumbría - Esteirana (3-1)

  • DUMBRÍA: Couto, Maikel, Samuel (Carlos, min.81), Jorge (Yeray, min.8), Alejandro, Lucas, Martín (Mauro, min.75), Adrián Alcaina, Marcote, Pablo Pardiñas e Javi (Edu, min.69).
Esteirana xuvenil en Dumbria-Foto-Jorge Parri
  • ESTEIRANA: Marcos (Manu Trillo, min.45), Manu Tobio (Cristian, min.82), Borja (Sergio, min.56), Rafa, Alberte, Raúl (Fabio, min.80), Pablo Rama, José Barreiro, Manu Fernandez (Damián, min.68), Adrián Abeijón e Adrián García.
  • Goles: 1-0, min.34: Javi; 2-0, min.39: Marcote; 3-0,min.43: Adrián Alcaina; 3-1,min.61: Alberte de penalti.
  • Expulsión: o míster dumbriés Diego Lobelos (min.21), por doble cartón.

Empezaba o encontro nun campo anegado onde o xogo tiña que desenvolverse con balóns aéreos xa que o balón sobre o céspede era prácticamente imposible. Empezaba coa Esteirana dominando o encontro e con algunha chegada á portería rival pero sen moito perigo, salvo unha que parou moi ben Couto, ao pouco de empezar chegaría a lesión de Jorge xogador do Dumbría que tería que ser substituído por un forte golpe no xeonllo.
O partido continuaria e pouco lle duraría o dominio á Esteirana xa que os homes ben dirixidos por Diego Lobelos e Oscar Leis viríanse arriba, comezarían a dominar o encontro e a facer dano coas súas chegadas. O primeiro gol chegaría tras un corner obra de Javi. Pouco despois unha boa parada do porteiro da Esteirana que desviaría o balón ao larguero e sairía a corner evitaría o segundo do Dumbría.

O Dumbríaa seguía cos seus ataques cara á portería rival, onde a Esteirana non tiña xeito de parar o xogo dos Dumbrieses. Os goles que sentenciarían o partido chegarían cerca do primeiro tempo, onde Marcote e Adrian Alcaina serían os goleadores. A primeira parte acabaría cun 3-0 no marcador que deixarían aos homes de Martín Neto moi tocados.

Comezaría a segunda metade, cunha Esteirana intentando virse arriba pero sen conseguir os froitos desexados xa que un Dumbría moi ben plantado sobre o terreo de xogo evitaba toda intención de darlle a volta ao marcador. O gol co que a SD Esteirana recortaría distancias sería de penalti obra de Alberte xa chegado á metade do segundo tempo. Cun resultado de 3-1 finalizaría o encontro o cal fai que o Dumbría mande na clasificación en solitario, pero aínda queda competición e os dumbrieses aínda deben visitar o temido campo da Esteirana, un campo onde unha enorme afección apoiará ao seu equipo ata o final, como o fixo este fin de semana acompañando aos seus rapaces ata Dumbría, a pesar do dia triste e escuro co cal disputaríase o encontro. Afección de ambos conxuntos que encherían e crearían un gran ambiente nas gradas do Conco para presenciar este partido.

Dumbria-Esteirana xuvenil-Foto-Jorge Parri 2

Corme - Cabana (1-1)

  • CORME: Rubén, Sergio, Fernando (Alberto, min.72), Iván, Eloy, Antoniño, Brais, Manu (Alex, min.80), Alejo, Juanma e Isaac (Quique, min.64).
  • CABANA: Adrián, Dani Reigía (Grille, min.80), José Ángel, Raúl, Aurelio, Diego Cacha, Alberto, Ferreiro, Redondo (Darío, min.75), Alex e Iván Mato (Pablo, min.70).
  • Goles: 0-1, min.15: Redondo; 1-1, min.90: Quique collendo o balón dende o medio campo e se prantou na área pequena.

Partido tamén bastante estrano o visto no Cairo, entre un Cabana que dominou boa parte do choque pero que viu como se lle escapaban dous puntos importantes. Dominando todo o partido, o cadro de Fernando, que contaba con 4 cadetes no 11, se adiantaba pronto cun tanto de Redondo. Tivo ocasións para sentenciar, entre elas a máis clara unha pau de Iván. Pero aínda así, facendo un pouco máis que rival e manténdoo a raia, o 1-0 era un resultado moi curto e pode pasar o que pasou. Así, ca contra final, unha xogada espectacular de Quique que collía o balón no medio campo e se desfacía a base de recortes de defensas cabaneses pouco aguerridos, se prantaba diante da meta e facía un empate que non fai xustiza ao visto no terreo de xogo.

Malpica - Xallas StComba (1-2)

Malpica xuvenil--Foto-LUis Porto
  • MALPICA: Manuel; Víctor Novo, Kevin (Pejo, min.83), Jorge (Cholo, min.75), Steven, David, Brais (Pitís, min.46), Guille (Gabi, min.82), Almeida, Eloy e Alberto.
XSC Xuvenil en Malpica-Foto-Luis POrto
  • XSC: Álvaro; Pérez, César (Facal, min.46), Carlos, Torres, Fabián, Landeira, Tefi, Steven, Iván Pastoriza e Ismael.
  • Goles: 1-0, min.3: Eloy de tiro cruzado tras recibir de Almeida; 1-1, min.70: Iván Pastoriza aproveita un balón que se lle escapa ao porteiro malpicán para remachar á rede; 1-2, min.75: Landeira de novo tras un córner.
  • Expulsión: o xalleiro Carlos por portestar no min.85.
Victor Novo e Steven capis do Malpica e XSC xuvenil-Foto-Luis Porto

Partido estrano en Pedra Queimada que parecía ía quedar no bando malpicán pero que nos últimos compases se daba a volta nun par de accións a balón parado.

O choque comezou cun Malpica moito máis enchufado e xa aos 3 minutos se adiantaba. Tras moitos minutos de medio campo, ao fío do descanso chegaban un par de ocasións para cada bando, pero nin Eloy nin Carlos polo Malpica, nin Tefi acertan cara gol.

Saíu o XSC máis metido na segunda, buscando a igualada. Steven avisa, pero os Pitís e Kevin tamén facían dano. Torres dispuña un man a man que Manuel manda a córner, e no saque de curruncho, o balón se lle escapa ao meta malpicán e Pastoriza aproveita con picardía para igualar. Gol que fixo moito dano na defensa malpicá que se descentrou e no seguinte córner era Landeira o que remataba só para darlle os primeiros tres puntos aos xalleiros.

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios