Xuvenís: Só o Dumbría certifica o pase ás semis da Copa da Costa
Despois dos Oitavos a partido único, chegaron xa as eliminatorias de Cuartos da Copa da Costa Xuvenil, e nesta Ida quedaron poucas cousas claras. A única que parece segura é a clasificación para as semis do Dumbría, que non cedeu nada ao Muxía e leva unha renda para o Conco que parece suficiente.
Polo demais, XSC e Camariñas demostraron a súa igualdade ao longo da tempada cun empate en Fontenla. O mesmo lle pasou a Fisterra e Esteirana, que pelexaron na Liguilla copeira ata o final e que arrincaron os cuartos cunha vitoria pola mínima dos locais que deixa aberta a clasificación. A sorpresa protagonizouna o Corcubión, a gran revelación desta Copa despois dun gran ano de traballo de Senra, que vencía nada menos que nas Redondas, dando un paso cara as semis.
Sabedes que tendes sempre o cadro actualizado dende que rematan os partidos en www.copadacosta.com.
Cabana - Corcubión (2-3)
- CABANA: Vázquez, Javi, Cristian, Laik, Martín, Mateo (David Varela), David Muíño, Alex(Aurelio), Redondo, Reigía e Pablo.
- CORCUBION: Miguel, Chava, Isma, Lela, Marcos, Germán, Mario, Goche, Óscar, Tito e Samu. Tamén xogaron: Junjo e Álvaro.
- Goles: 0-1, min.10: Tito; 1-1, min.27: Pablo en xogada personal; 1-2, min.32: Tito nunha contra; 2-2, min.68: Redondo culminando unha boa xogada de equipo; 2-3, min.81: Goche.
Tivo lugar nas Redondas a sorpresa destes Cuartos. O Corcubión, despois dunha Liga moi mala na que apenas puido sumar 4 puntos, pero xa convertido na revelación da Liguilla copeira, sacou unha vitoria pola mínima no campo dun Cabana, un dos equipos que estivo pelexando por representar á Costa da Morte na Fase de Ascenso á Liga Galega ata o final.
E foi nun partido no que o equipo de Senra, que leva un ano de traballo duro con este grupo, estuvo máis acertado cara o gol. Foi un choque igualado, sen un dominador claro e con alternativas no xogo, sempre co Corcubión un paso por diante adiantándose ata en 3 ocasións no marcador. Respondeu dúas veces o equipo de Óscar Lema pero á terceira xa non houbo tempo.
E iso que a primeira e a última ocasión do partido foi dos cabaneses, pero co 2-3 e o tempo cumplido, despois dos dous goles de Tito, unha das sorpresas da Liga, un espigado rapaz que xa compite na 3ª Autonómica cos maiores, e de Goche, Javio estrelou un gran disparo no poste da portería do Miguel.
Fisterra - Esteirana (3-2)
- FISTERRA: Aarón, Iago, Andrés, Ángel, Juanfran (Jose Senra), Dani (Gonzalo), Asier, Breixo, Gabi (Fabián), Gabi Golpes e Adri.
- ESTEIRANA: Álex, Sergio, Bolo-, Rafa, Tiko, Damián, Jose, Pablo, Juan, Manu (Edu, min.46) e Brais.
- Goles: 1-0, min.10: Adri; 1-1, min.20: Jose anota un golazo; 2-1, min.25: Asier; 2-2, min.50: Brais; 3-2, min.75: José Senra de falta tocando nun defensa.
- XSC: Coke, Pérez, Xoel, Carlos, Dani (Parri); Adrián, Fabián; Anxo, Tefi, Santi Díaz (Chiqui) e Oreiro (Ismael).
- CAMARIÑAS: Jose Luís, Facundo (Joseba, min.46), Sergi, Pose, Juan, David, Adrián, Brais, Javi, Pablo e Dani (Manuel, min.55).
- Goles: 1-0, min.15: Anxo; 1-1, min.35: Javi; 2-1, min.50: Anxo; 2-2, min.65: Javi; 2-3, min.75: David; 3-3, min.89: Ismael nun córner.
- MUXÍA: Hugo, Andrés, Esteban, Paulo, Jorge, Tomás, Maka, Marco, Juan, Víctor e Jose. Tamén xogaron: Chori, Ander e o porteiro cadete Abel.
- DUMBRÍA: Paulo, Roberto, Jose Miguel, Canario, Jano, Yeray, Cacha, Mauro, Edu, Marcote e Juan de Dora. Tamén xogaron: Charly, Cabana, Luís, Andrés e Maikel.
- Goles: 0-1, min.20: Marcote a pase de Juan de Dora; 0-2, min.50: Cacha tras xogada entre Juan de Dora, Edu e Marcote que cede para que Cacha marque; 0-3, min.56: Jano de un gran remate de cabeza.
- X.10: Os Miúdos dan o salto.
- X.9: Cabana e Os Miúdos xogaranse a Fase nunha final nas Redondas.
- X.8: O Cabana apreta a Fase de Ascenso.
- X.7: XSC e Camariñas pegan primeiro.
- X.6: Pelexando por acompañar ao Dumbría.
- X.5: A loita pola Fase de Ascenso aprétase e a Copa dispútase por partida doble.
- X.4: O XSC endosa a primeira derrota do curso a todo un Dumbría.
- X.3: O Dumbría ao seu cunha dura loita por detrás.
- X.2: Dumbría e Os Miúdos pegan o estirón.
- X.1: Arrincaron as segundas fases.
- X.18: Un Camariñas campión e os cadros da seguinte fase listos.
- X.17: Cousas que decidir nos dous Grupos Norte e Sur.
- X.16: O Camariñas asalta o liderato mentres XSC, Os Miúdos e Esteirana deixan a loita aberta.
- X.15: Outro título da “Doble L”.
- X.14: Unha loita aberta cando faltan 4 partidos.
- X.13: 7 equipos para 6 postos.
- X.12: Dumbría e Cabana mandan mentres 12 equipos pelexan por 4 prazas.
- X.11: Loitas quentes polas 3 primeiras prazas no Norte e no Sur.
- X.10: 13 equipos en loita:
- X.9: O Dumbría impón a súa lei no Sur e a igualdade no Norte.
- X.8: O Fisterra frea ao XSC mentres o Norte se iguala máis e máis.
- X.7: O Sur busca o 3º e abordo e o Norte o trío de cabeza.
- X.6: Pelexando polo podio.
- X.5: Sen dominadores.
- X.4: Os Miúdos frean ao Dumbría mentres Coristanco e Cabana seguen firmes.
- X.3: Xornada de goles “comarea”.
- X.2: Crónicas completas da fin de semana da Barca.
- X1: Arrincaron dúas Ligas con moitas diferencias.
- Ligas Galegas: O Dumbría ratifica a súa permanencia na DH Cadete.
- 3ª Autonómica: Dúas pelexas abertas co Cerqueda ao seu.
- 2ª Autonómica: O Castriz dá adeus á Liga ante un Zas que non cede e demostra señorío.
- 1ª Autonómica: O Baio afunde á Esteirana.
- Preferente: Pleno para respirar.
- Resultados e análise dunha soleada xornada no Fútbol da Costa con títulos decididos.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Partido tremendamente igualado, de gran intensidade o vivido en Ara Solis entre dous equipos moi parellos. Empezou o equipo de Falito moi ben, con bastantes ocasións, e mesmo se adiantaba co tanto de Adrián. Pero o cadro de Tatá foi igualando a contenda empatando cun golazo de Jose e puidéndose meter por diante nun disparo que tocou nun defensa e case se cola pero era Asier o que rapidamente metúa de novo aos fisterráns por diante. Remataba a primeira metade co cadro esteirán máis metido en campo contrario.
E saíu o equipo blaugrana máis enchufado na segunda e Brais conseguía empatar. Pero estaban xustos os esteiráns e as forzas escaseaban de xeito que tiveron que baixar liñas e deixar o mando ao cadro local. Gonzalo, Asier ao longueiro e Adri avisaron para o cadro local antes de que José Senra marcase o terceiro para os verdes.
No treito final os fisterráns puderon ampliar a renda con dous chegadas de Breixo, que non entraron pero o míster dos verdes está satisfeito co traballo dos xogadores.
XSC - Camariñas (3-3)
Partido de loita e entrega de principio a fin por parte de ambos conxuntos, quen queren estar nas semifinais da Copa xuvenil. Foi un choque que demostrou a igualdade entre ambos cunha parte para cada equipo. Na primeira foi superior o equipo de Rubén Forján, o sábado dirixido por Corredoira, pero na segunda o Camariñas de Gerpe estivo máis metido no partido e conseguía meterse por diante pero o cadro xalleiro empataba no treito final.
Os xalleiros pegaron primeiro, pero antes do descanso o Camariñas logrou empatar o encontro. Foi unha primeira metade de mellor xogo local, con boas ocasións, e contragolpes moi perigosos dos visitantes, que lograron o premio do empate. Tralo descanso, volveu adiantarse o XSC, por medio do seu goleador Anxo, pero respondería de novo o Camariñas volteando o marcador en dous erros claros da zaga local. Javi e David sacaban perigosos zarpazos que se convertían en goles para os camariñáns.
Lograrían os visitantes manter o resultado ata a última acción de partido, nun córner favorable ao Xallas de Santa Comba que Ismael lograría levar o balón ao fondo das mallas visitantes poñendo o definitivo 3-3 no marcador. Espadas, pois, en todo o alto para a volta no “Hermanas Patiño” de Camariñas o vindeiro sábado.
Muxía - Dumbría (0-3)
Prantou cara o Muxía a todo un Dumbría que parece destinado a outras competicións. O cadro de Leis e Lobelos levaron o mando pero fixeron un fútbol máis práctico debido ao céspede de Arliña, e a súa efectivade foi letal para o cadro roxiño.
Comezou o equipo de Javier Lema con 5 atrás e nunha das primeiras chegadas Marcote abría o marcador, obrigando aos locais a cambiar o prantexamento. Chegábase ao descanso co 0-1, nun choque máis ou menos igualado pero o Muxía non era quen de chegar á meta de Paulo.
Na segunda chegaron pronto os goles visitantes, tras un par de combinacións na que a dinamita dos Juan de Dora, Edu, Marcote, Cacha ou Jano foi determinante, deixando practicamente sentenciado pase a semis e acabando así cunha boa temporada dos muxiáns.