Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Os Miúdos dan o salto

Xuvenís: Os Miúdos dan o salto
Os Miudos Xuvenil celebrando o pase nas Redonads

Primeiro ano na categoría como Miúdos, tras coller o relevo do finado Muros, e menudo éxito. Xa era todo un éxito, tras varias campañas pasando sen pena nin gloria pola categoría, meterse na Liguilla dos campións, pero seguramente nin os propios muradáns pensaban meterse na Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. E aí están. Tiñan unha final nas Redondas e nun final agónico conseguía unha vitoria que vale unha clasificación, deixando sen premio a un Cabana que fixo tamén unha boa temporada.

Fóra quedan tamén Camariñas e XSC, dous equipazos que acusaron a súa irregularidade, ademais dun Porteño para o que xa foi un premio meterse aí. Os 4 esperan, con moita ilusión, a #CopadaCosta.

Pero terán que esperar pois aínda faltan 2 xornadas para o remate da Liguilla copeora, e as cousas, por abaixo, vanse decidindo. O Baio, sempre en cadro, xa está descartado, e a día de hoxe o Cee ten un pé e medio fóra dos Oitavos. Ademais, O Malpica, con 8 puntos quedaríase hoxe fóra das eliminatorias, pero aínda ten opcións de pelexar co Zas (10 puntos), o Ponteceso (11), o Castriz (12) e ata o Corme (13).
A semana que vén Malpica-Castriz e na última o cadro malpicán visita ao Ponteceso, así que serán dous duelos directos.


Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 10

Xallas StComba - Porteño (4-0)

  • XSC: Coke, Pérez, Dani, Carlos, Xoel, Rubén, Adrián, Isma (Oreiro, min.65), Barbeira, Anxo e Tefi.
  • PORTEÑO: Brais, Oli, Aarón, Bruno (Jordi, min.70), Xoel, Mario (Dani, min.65), Rodry, Robi Carlos, Borja (Cristián, min.45) e Josiño.
  • Goles: 1-0, min.44: Adrián; 2-0, min.52: Barbeira; 3-0, min.77: Anxo; 4-0, min.81: Anxo.

Arrincaba o choque con só Jota no banco xalleiro, pois Rubén Forján non puido acodir por asuntos laborais. Pola súa parte, Ordóñez deu minutos aos menos habituais e probou algún cambio táctico pensando na Copa, á que chegan os camariñáns con toda a ilusión do mundo despois de competir na liga dos mellores. Fixo o cadro da Ponte unha boa primera parte na que aguantou moi ben ao cadro xalleiro e mesmo chegando con algunha ocasión de gol. De feito, os xalleiros só conseguían poñerse por diante na última xogada da primera parte.

O partido estaba dominado polo cadro local, e antes do gol xa puideron ter aberto o marcador. Saíu enchufado o XSC na segunda e Barbeira ampliaba pronto o marcador, pero o cadro visitante non lle perdía a cara ao partido e buscaba recurtar. O terceiro gol xa rematou coas aspiracións visitantes, completando un marcador excesivo para o visto no campo.

Camariñas - Dumbría (0-5)

  • CAMARIÑAS: Adrián, Juan, Miguel, Sergi (Manuel, min.35), Pose, Brais, David, Espi, Javi, Dani (José Luís, min.15) e Manuel (Facundo, min.65).
  • DUMBRÍA: Paulo, Portu, Abuelo, Cabana, Roberto, Charly, Mauro, Maikel, Luís, Andrés e Josiño. Tamén xogaron: Bruno, Jose Miguel, Canario, Juan de Dora e debutou o cadete Gabriel Papin.
  • Goles: 0-1: Josiño; 0-2: Andrés; 0-3: Juan de Dora; 0-4: Roberto; 0-5: Juan de Dora.

Non acusou o equipo de Leis e Lobelos as baixas de Cacha, Edu, Pablo, Yeray, Lucas, Isma, Samuel, e Jano e Marcote estes dous últimos viaxaron a Sarria co cadro de Preferente. Pero non foi rival este Camariñas, xa sen opcións, e que chegaba cun xogador baixo paus e ademais sufría unha lesión na primeira metade, deixando un partido aburrido e sen intensidade.

Impresionante este Dumbría que remata a tempada comarcal cuns números de escándalo: 24 vitorias, 3 empates e 1 derrota en 28 partidos, con 141 goles a favor e só 15 en contra.

O equipo camariñán, que este ano estivo ás ordes de Javi Baña, de Saviola e agora de Gerpe, completa un ano, en todo caso, fantástico, e pensa na Copa da Costa con ilusión.

Cabana - Os Miúdos (1-3)

  • CABANA: Vázquez, David Varela (Álex Fraga), Grille, Ferreiro, Aurelio, Mateo (Cristian), Reigía, Álex, Laik (Javi), Redondo, Pablo.
  • OS MIÚDOS: Xandre, Abadín, Lice, Eloy, Samuel; Airán, Tajes, Miguel, Yeray, Piki e Hugo. Tamén xogaron: Juanche, Alberto, Xian, Flavio e Ángel.
  • Goles: 0-1, min.17: Hugo á contra; 1-1, min.83: Sergio; 1-2, min.87: Eloy aproveita un rexeite dentro da área pequena; 1-3, min.89: Juanche.

Menudo partido nas Redondas. Era unha finalísima, e ao Cabana de Óscar Lema lle valía o empate. Pero o cadro de Mané foi a por todas dende o comezo, e arrincou mellor meténdose por diante co tanto do punta Hugo. O partido estaba tremendamente igualado, moi condicionado polo vento e donde se levou o partido o equipo que mellor se soubo adoptar a esta condición. Co vento a favor na segunda metade, o Cabana nunca se sentíu cómodo no partido, a pesar de xogar con un home máis durante media hora, debido o bo traballo defensivo dun equipo que demostrou estar moi traballado e ter as cousas moi claras. O Cabana tiña que estirar filas a medida que ían pasando os minutos. E quedaban 7 cando Sergio anotaba o tanto que parecía darlle a clasificación aos locais para ledicia de todos os afeccionados cabaneses. Pero tivo agallas o cadro muradán para reaccionar, comezou a bombear balóns e a 3 para o final o central Eloy, ao Alexanco, cazaba un balón e facía o 1-2, que daba de novo o pase para os celestes. Tocáballe ao volcarse e á contra Juanche sentenciaba co tempo cumplido un partido cun final de verdadeiro infarto.

O míster Mané Senande quere destacar a fortaleza deste grupo de rapaces, que non ten ademais ningunha figura salientable e que demostran que o equipo é o máis importante. Un Mané que quere agradecer á directiva por apostar por el “para poder traballar cuns rapaces que o dan todo en cada partido”.

Parabéns e a disfrutar da fase!

Os Miudos na Fase de Ascenso Xuvenl tras vencer nas Redondas ao Cabana

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 11

Cee - Fisterra (1-5)

  • CEE: Pablo, Jicho (Iván), Senlle (Dani), Álex Agulleiro, Tivi (Brais), Miguel, Xabi, Iago, Alexis (Borja), Pablo Trillo (Chema) e Álex Castro.
  • FISTERRA: Aarón, Andrés, Ángel, Fabián (Iván), Iago, Gabi, Breixo, Gabi Golpes, Senra (Xosé), Adri (Asier) e David.
  • Goles: 0-1: Breixo; 0-2: Golpes; 0-3: David; 0-4: Iván; 0-5: Asier; 1-5: Álex Agulleiro.

Aguantou o Cee a primeira metade que acabou con 0-1 para os de Falito. Pero dous tantos rápidos á volta do segundo tempo sentenciou o choque e impediu que os de Mario de José puidesen facer nada, sendo superiores.

Ponteceso - Muxía (0-4)

  • PONTECESO: Damián, Adrián Pose, Rubén, Ismail, Ismael, Esteban, Marcos, Pedro, Javi, Iván Cousillas e Óscar. Tamén xogaron: Stelian, Luca, Dani Villar e Carlos.
  • MUXÍA: Abel, Andrés, Rubén, Gerardo, Gusa, Tomás, Maca, Juan, Paulo, Franciño, Castreje. Tamén xogaron: Marco, Rodri, Osil, Chori e Ander.
  • Goles: 0-1, min.12: Castreje; 0-2, min.21: Maca; 0-3, min.62: Castreje; 0-4, min.71: Marco cun golazo tras unha boa xogada trenzada.

Partido limpo e cómodo para o Muxía, a pesar de que chegaban con moitas baixas e varios cadetes na convocatoria, pero que se aproveitou dun mal partido dos pontecesáns, que non estivo fino atrás e permitiu que o cadro muxián, que saíu presionando moi arriba, se metese pronto cunha vantaxe de 0-2.

O Ponteceso intentou crear pero non era quen, ademais o aire soplaba forte na segunda metade e o Muxía sentenciou pronto co 0-3 e contra o final puxo o 0-4 cun auténtico golazo tras unha fermosa xogada trenzada.

Castriz - Corme (1-0)

  • CASTRIZ: Víctor, Chiri, Luís, Redondo, Álex, Redondo, Mirlo, Roony, Varillas, Cambón, Elías e Beto. Tamén xogaron: Balsa, Mika, Jony, Javi e Cris.
  • CORME: Fran, Rubén, Ángel, David, Cristian, Eloy Villar, Sergio, Eloy CR, Bruno, Ismael e Isaac. Tamén xogaron: Manu, Pandi, Samuel e Ian.
  • Gol: 1-0, min.89: Varillas de penalti cometido sobre el mesmo.
  • Expulsión: o delegado e entrenador do Corme por protestar o penalti.
  • Partido moi igualado en San Pedro entre dous bos equipos, e ao que o Corme chegaba ca clasificación algo máis encauzada e o Castriz necesitaba sumar para ir asegurando a praza.

    O cadro de Alberto comezou mandando, pero o choque estaba bronco, co equipo de Lelo buscando ás contras. Había poucas ocasións de gol e cando parecía que o partido esmorecía en táboas, un penalti cometido sobre Varillas case que no tempo de desconto que trasnformaría el mesmo deiixou os puntos e a clasificación en Castriz.

    Outes - Malpica (9-4)

    • OUTES: Sergio, Nieto (Borja), César, Cutu, Serxio, Brión, Álvaro, Adrián, Saúl, Xurxo, Santi (Fabio) e Fran.
    • MALPICA: Cholo; Arcay, Brais Álvarez, Álvaro, Sebas, Chema Auñón (Miguel, min.59), Adrián Vecino Cristian Villar, Sergio, Xulián Carlos.
    • Goles: 1-0, min.9: Álvaro; 1-1, min.10: Cristian Villar. 1-2, min.19: Cristian Villar. 2-2, min.21: Santi. 2-3, min.27: Sergio. 2-4, min.30: Sergio. 3-4, min.34: Álvaro. 4-4, min.37: Cutu de penalti. 5-4, min.43: Adrián. 6-4, min.46: Borja. 7-4, min.68: Brión. 8-4, m. 71: Cutu. 9-4, m. 86: Adrián.

    Partido de tolos donde os porteiros tiveron mal día e os dianteiros se incharon a marcar. O cadro malpicán chegaba con baixas pero mentres lle aguantaron as forzas prantaron cara a todo un Outes. De feito, responderon ao gol inicial local e se meteron con 2-4 á media hora. Pero antes do descanso aínda tivo tempo o Outes para darlle a volta ao marcar, e na segunda foi superior.

    Corcubión - Coristanco (3-1)

    • CORCUBIÓN: Miguel, Chava, Isma, Lela, Marcos, Germán, Mario, Goche, Maikel, Tito e Pepo. Tamén xogaron: Álvaro, Steven e Junjo.
    • CORISTANCO: Alberto (Brais, min.46); Iván Vazquez (Suso, min.46), Javi Lopez, Varela, Sergio; Jorge (Brandón, min.46), Navarro, Jony, Barreiro (Fabio, min.46), Anido (Bértoa, min.46) e Gabriel.
    • Goles: 1-0, min.20: Goche; 2-0, min.40: Tito; 2-1, min.50: Gabriel bate ao porteiro cun disparo raso cruzado; 3-1, min.70: Álvaro.
    • Lesións: os locais Chava e Lela.

    Foi de paseo a Corcubión, revelación da copa da costa xuvenil, o Coristanco, pois caía derrotado por un xusto 3-1, nun partido no que o vento estivo moi presente. Os de Coristanco saían completamente durmidos na primeira metade a pesar de dispoñer de algunha ocasion para adiantarse no marcador. Esto era aproveitado polos locais para adiantarse no marcador grazas a un gran remate de corner de Goche. Non reaccionaba o equipo visitante, e tras un fallo do meta Alberto, o Corcubión ampliaba distancias no marcador 10 minutos antes do descanso gracias á rapidez e picardía de Tito.

    No descanso, o entrenador visitante quixo darlle un cambio de imaxe ao equipo, e fixo os 5 cambios xuntos. Fixeron efecto os cambios, pois o Coristanco saia moi enchufado e aos 50' de xogo, Gabriel recortaba distancias no marcador. Tivo moitas oportunidades o Coristanco para igualar o partido, pero nun fallo na saida do balon, provocou o terceiro gol local, que sentenciaba o partido. Partido disputado, que se levou merecidamente o Corcubión.

    Zas - Baio (6-1)

    • ZAS: Sergio (Hadrián Ferreiro, min.65), Rubi, Darío, Alberto Fuentes, Brais (Julián, min.46), Terny, David Amado (Cristian, min.46), Manu, Dani Mato (Andy, min.72), Juan (Adrián, min.74) Andrés.
    • BAIO: Jose Manuel, Javier, Miguel, Fran, Alfonso, Ayoub, Estefan, Alberto Fariña e Jose Antonio.
    • Goles: 1-0, min.18: Manu; 2-0, min.55: Cristian; 3-0, min.64: Andrés; 3-1, min.68: Jose Antonio de penalti; 4-1, min.70: Dani Mato; 5-1, min.74: Andi; 6-1, min.80: Manu.

    Tarde fría en Zas para disputalo derbi entre o equipo local o Zas e o CD Baio. Impuxose o primeiro con claridade e entra de cheo nas eliminatorias definitivas do torneo. Pola súa parte os visitantes acudiron cumplir co trámite xa que están eliminados de calquera oportunidade de acceder a estas e desexando terminar esta temporada que tan mal se lle dou, e na que poucas veces o míster Julio puido xuntar unha convocatoria completa. O sábado, de feito, arrincaba con 10 sobre o campo, e durante a primeira metade aguantaron ao Zas.

    O dominio era absoluto do Zas que se impuxo en tódalas facetas do xogo chegando o descanso cnha avantaxe de 1-0 que ben poido ser maior. No segundo tempo foron aumentando pouco a pouco esta para despois e mediante un penalti acercarse os de Baio. De aí ao final outros tres goles do Zas cada un deles mais fermoso co anterior para chegar o final do partido xa con ese resultado.Destacar o saludo final dos dous equipos, mostra da deportividade dos rapaces e do bo ambiente entre eles a pesares de ser rivais.

    Crónicas dos Xuvenís

    2ª Fase:
  • X.9: Cabana e Os Miúdos xogaranse a Fase nunha final nas Redondas.
  • X.8: O Cabana apreta a Fase de Ascenso.
  • X.7: XSC e Camariñas pegan primeiro.
  • X.6: Pelexando por acompañar ao Dumbría.
  • X.5: A loita pola Fase de Ascenso aprétase e a Copa dispútase por partida doble.
  • X.4: O XSC endosa a primeira derrota do curso a todo un Dumbría.
  • X.3: O Dumbría ao seu cunha dura loita por detrás.
  • X.2: Dumbría e Os Miúdos pegan o estirón.
  • X.1: Arrincaron as segundas fases.
1ª Fase:

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios