Sábado. 06.06.2020
El tiempo

O Coronavirus non gañará

Campo do UD Corcubion, o Novo Cubaleiro, continúa orfo
Campo do UD Corcubion, o Novo Cubaleiro, continúa orfo
O Coronavirus non gañará

O Coronavirus non gañará a liga, pero por desgracia está gañando moitos partidos. É algo novedoso, o seu ataque é rápido, e de momento os nosos defensas máis veteranos non son capaces de detelos.

Os máis novos dos equipos terán que facer moitos “repliegues” e axudas, e se hai que poñer o autobús para que non pase, haberá que facelo, tanto se estamos a xogar fóra por motivos do calendario laboral como se toca xogar na casa.

Este liga non se gaña sendo máis valiente que o rival, nin indo o ataque na súa busca, se non facendo que non encontre adversarios para que se rinda dunha vez por todas.

Temos grandes persoas dirixindo o noso equipo, que pensan, planifican e traballan sin descanso para encontrar esa solución, e nós se queremos a titularidade neste partido, só temos que facerlle caso a eles, non valen os egos propios, temos que formar un equipo unido e remando todos na mesma dirección.

Queda moito tempo de competición. Por agora vai gañando... pero acabará descendendo e desaparecendo porque non tera ningún seguidor máis.

Entrevistas #Futfem

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

comentarios